Total: encontrados 11691 resultados.
Página 119 de 585
Carriola. Team Thunder. 09.10.25
La boxeadora del Team Thunder de Marín Noa Vincelle ha sido convocada por la Selección Española de Boxeo para participar esta semana en el prestigioso Boxam Internacional, uno de los torneos más importantes del calendario mundial amateur. Acompañada por el técnico Mario Peteiro, Noa permanecerá concentrada con el equipo nacional durante toda la semana, participando en sesiones de entrenamiento y combates frente a rivales de alto nivel. En su primer enfrentamiento, se medirá a la representante de Suiza.
Con un total de 14 combates disputados y un récord invicto, Noa se ha consolidado como una de las grandes promesas del boxeo gallego. A pesar de su juventud, ya se ha enfrentado a algunas de las mejores boxeadoras del panorama autonómico, tanto en categoría amateur como élite. En su palmarés destacan importantes triunfos en torneos internacionales como la Porto Box Cup, el Open de Braga y el Open Villa de Marín, resultados que confirman su excelente progresión y proyección internacional.
Desde el cuerpo técnico del club marinense destacan el gran momento deportivo de Noa y el orgullo que supone para el boxeo gallego contar con una representante en la Selección Española en una cita del nivel del Boxam Internacional.
Carriola. Deputación de Pontevedra. 09.10.25
O presidente provincial participa na inauguración da décimo cuarta edición dun salón que reúne en Pontevedra 64 expositores para orientar á xuventude na súa formación
O organismo provincial aprobará no vindeiro pleno o primeiro Plan Estratéxico para a Xuventude da provincia cun amplo catálogo de iniciativas para apoiar á mocidade
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta o compromiso do goberno provincial coa xuventude, á que atende cunha área específica dotada con 1,3 millóns de euros de orzamento para desenvolver iniciativas como o primeiro Plan Estratéxico para a Xuventude, prácticas laborais na Unión Europea ou a novidosa liña de subvencións do +Xuventude que apoia na súa primeira edición 22 iniciativas da mocidade en materia de benestar social, turismo, deporte ou sustentabilidade. Fíxoo na inauguración da décimo cuarta edición de Edugal, o salón da oferta de educación e formación de Galicia que organiza cada ano Aempe e que abriu este mércores as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra. “A Deputación de Pontevedra é unha administración que, ademais de ser a mellor amiga daquilo no que máis brilla a mocidade —como o deporte ou a arte— tamén ten políticas específicas pensadas para eles. Por iso aplaudimos e apoiamos iniciativas tan beneficiosas como este Salón de Edugal”, afirma o mandatario provincial.
Esta nova edición do Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia conta cun total de 64 expositores procedentes da provincia, do resto de Galicia e doutros territorios do país. Entre eles volve estar un ano máis a Escola Universitaria de Enfermería, dependente da Deputación. EDUGAL funciona como un punto de encontro de estudantes, profesores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación que este se celebra dos días 8 ao 10 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra. Os obxectivos esta feira son orientar ao estudante á hora de tomar unha decisión sobre o seu futuro profesional, ofrecer unha maior calidade na formación, agrupar a ampla oferta de centros formativos, empresas e entidades e apostar pola formación en Pontevedra e Galicia.
Neste acto inaugural, presidente da Deputación compartiu espazo co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, así como o presidente de Aempe, Jose María Corujo; a concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías; e o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa. Despois do corte inaugural da feira, da actuación musical do dúo de corda do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra e da quenda de intervencións, o mandatario provincial percorreu os distintos postos do salón para coñecer a oferta educativa tanto da provincia como doutros territorios.
“Edugal é, como di o lema da Deputación, unha ponte que guía ao alumnado desde os Centros de Educación Secundaria cara os Centros de Estudos Superiores; que orienta á mocidade cara un mercado laboral en constante transformación e especialización e que conduce cara un futuro que hoxe pode parecer unha folla en branco, pero que moi pronto vós, mozos e mozas da provincia, lle daredes contido co voso talento, coas vosas ideas e co voso traballo. Hoxe pode parecer un desafío inabarcable, pero para cruzar esa ponte non estades sos, contades tamén co máximo apoio de institucións como a Deputación de Pontevedra”, rematou o presidente Luis López, antes de agradecer e dar os parabéns a Aempe por esta iniciativa e desexar un “futuro feliz” á xuventude.
Carriola. Escuela Naval Militar. 09.10.25
Con motivo de la celebración del Día de la Fiesta Nacional, la Escuela Naval Militar tiene previsto celebrar una jornada de puertas abiertas, el próximo viernes 10 de octubre, con varios eventos para todas aquellas personas que deseen asistir.
Será una jornada de puertas abiertas en la que se podrá visitar la Escuela Naval Militar en horario de 16:00 a 20:00 h., que incluye visitas al Simulador de Navegación y Pañol Histórico, una exposición estática de material de Infantería de Marina, una demostración dinámica de subida al palo (Descubierta) y un concierto de la Unidad de Música a las 19:00 h., en el emblemático lugar del centro castrense donde tradicionalmente se desarrollan los actos de Jura de Bandera y de entrega de Reales Despachos, la Escalera Monumental.

Con el lema ‘LA FUERZA DE LA UNIDAD’, la celebración del Día de las Fuerzas Armadas tiene el propósito de subrayar la identificación de los ejércitos con el pueblo español, del que forman parte y al que sirven. Nuestros militares son una parte integrante de nuestra sociedad, con gran vocación de servicio a España, que trabajan día a día, tanto dentro como fuera de nuestras fronteras, lo que contribuye a la estabilidad internacional y a nuestra seguridad y defensa, fundamento sobre el que se asienta el progreso, el desarrollo de nuestra sociedad, así como los principios que la rigen.
Carriola. Ateneo Santa Cecilia. 09.10.25
Debido a circunstancias imprevistas, vémonos na obriga de cambiar a data do obradoiro Outono para o día 25 de outubro de 2025. A hora e o lugar igual (de 11:00 a 12:30 horas no local do Ateneo Santa Cecilia).
Achegamos de novo a nota de prensa orixinal coa data actualizada: Dentro do ciclo de obradoiros temáticos de manualidades para peques, o Ateneo Santa Cecilia abre o prazo para inscribirse no primeiro deles: “Outono”, que terá lugar o sábado, 25 de outubro, de 11:00 a 12:30 horas, no local da entidade, situado na rúa do Forno, n°42. A data límite para apuntarse é o 21 de outubro.
Carriola. José Ruiz Guirado. 09.10.25
UN SERVIDOR no puede hablar de Manuel María desde el cientifismo, como si fuese un erudito en temas literarios. No lo soy. Me ha regalado su amistad de una forma, sincera y honorable. Hasta el punto de que le propuse que aceptara llevar su nombre de un certamen literario y lo aceptó sin ambages. De hecho, hasta su fallecimiento, disfrutamos en la población de Marín, de su presencia cada año en la entrega de los premios, de su humanidad y de su sabiduría. Y creo a pies juntillas, que su nombre y su presencia, le dio la talla al certamen mientras duró.

Y lo digo, porque fue una criatura, cuya infancia fue la Patria de su memoria. No hay más que recordar un elemento de la Naturaleza, como los ríos, que fueron para él, lugares de magia. Y la “Terra Chá”, el alma de sus versos. Sin olvidarnos del idioma -el gallego-, que pronunciaba -hablado y escrito-. Fue la llave con la que abrió su mundo literario y social. Podría decirse, sin temor a equivocarnos un ápice, que fue un MILITANTE DE LA LENGUA lo escribo adrede con mayúsculas. Y sentía devoción por Galicia.
Le hemos recordado en estas fechas de octubre, ya que vino al mundo en “Outero de Rei” (no es una errata) el 6 de octubre de 1929. Manuel María Fernández Teixeiro. Un servidor conserva de su persona un grato recuerdo, de su bonhomía un regalo de afabilidad, sencillez, bondad y honradez. De su obra, un legado, del que distinguidas autoridades en lo literario, ya glosaron. Me hubiera gustado escribir este breve en su lengua materna. Pero no sería justo que un servidor maltratarse un idioma tan hermoso. Prefiero hacerlo en mi lengua materna, donde soy más libre.
Carriola. Ateneo Santa Cecilia. 08.10.25
O Ateneo Santa Cecilia ten o pracer de convidar a todo o público á representación da obra de teatro "A pequena cabana", unha adaptación da comedia de André Roussin, a cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior. A función terá lugar o vindeiro venres, 10 de outubro, ás 20:00 h, no auditorio do Instituto Illa de Tambo.
Esta divertida obra mergúllanos na historia dunha parella e o seu amigo que, tras o naufraxio do cruceiro no que estaban de vacacións, acaban sós nunha illa. Unha situación disparatada que promete unha velada chea de risas. O equipo artístico está conformado por Salvador Álvarez, Suso Fernández, Cristina Brísimo e Carlos Cerviño. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.
Carriola. Redacción. 08.10.25
Si tu nombre es Pilar, La Cantina del Muelle te invita a celebrar la onomástica con tu familia o amigos este próximo fin de semana, tanto el sábado como el domingo. Y, para ello, tu menú correrá por cuenta de la casa en este día tan especial. Si aún no sabes dónde celebrar tu santo, sólo por llamarte Pilar, La Cantina del Muelle tiene preparado un especial menú de degustación, anticipo de la carta de otoño, que dejará a toda la familia más que satisfecha y sorprendida.
El especial menú degustación para este fin de semana consta de seis platos, al precio de 25 euros por persona y, por supuesto, las “pilares”, invitadas. Así que ya lo sabes, Pilar, Pilita o María Pilar, este fin de semana estás invitada a comer o cenar en La Cantina, con tu familia o amigos. Allí te esperan
Carriola. Jesús Javier Martínez Epifanio 08.10.25
Vai mais dunha decada, algo mais de catorce anos, polo 2011, María Ramallo Vázquez é elexida Alcaldesa pola Corporación. Tempo dabondo para facer unha revisión da mudanza radical que diseñou o Novo Marín. despois de tantos e tan fructiferos anos. Aferrareime os datos para evitar xuizos de valor. Por decilo dun modo un pouco sobrado: un método cientifico, lonxe – na medida do posible - de fobias e filias. Imos darlle, se mo permiten un ou dous “anos de graza ou cortesía” ó Goberno Municipal que se conforma no 2011: o do Partido Popular. Parece tempo dabondo ó tempo que amosa a galanura das nosas reflexivas intencións. Unha realidade, unha mudanza, calquera transformación non pode perder de vista a comparanza de datos: mirar para outros, os nosos veciños, e analizar si vamos mellor, igual ou peor. Esta metodoloxía afasta a tentación do “si pero ...” dado que os nosos veciños de Cangas, Pontevedra, Bueu, Ponte Caldelas ou Vilaboa viven nun contexto social e económico moi parecido ó noso, cando non idéntico.
A poboación, a xente, a súa cantidade ou cualidade e un valor primordial; e maís na Galiza que esmorece demográficamente. A cualidade é dificil de valorar, supoñamos igual para todos e todas. É a poboación, a xente, a cidadania, suxeito e obxecto da política municipal. A súa situación, inquedanzas, perspectivas terían que selo Norte que guía acción Municipal. A cantidade é outra cousa: medramos, mantemos o tipo, vamos a menos...? . É un indicador de avance , pausa ou retroceso como comunidade socio política, como concello ou , si quer, como Axuntamento ou Municipio ?. É “a nosa xente”, ca que enchemola boca cando por ahí vamos falando de Marín e de nós. Maravilloso grupo human: os e as marinenses. Analizando os datos de pobación dos concellos cos que lindamos e lidiamos aparecen datos absolutamente preocupantes, case aterradores: falase de cotio da despoboación da Galicia interior , da Galicia rural, e – sorprendente e miserablemente – o dato de Marín supera, e moito, os datos dese “prodixioso decenio” do que falabamos antes.
E nada pasa ou parece pasar. Somos, os marinenses, un grupo humano en vías de extinción. Os datos o confirman. En Galicia, esa comunidade con tan fondos problemas demográficos e de despoboamento,votamos as mans a testa cando oimos falar diso. O dato é irrefutable: nos derradieros 12 anos Galicia perdeu o 3,27% da súa poboación. ¿Qué lles parece?, a min terrible. Na nosa contorna os concellos de Bueu, Cangas, Vilaboa, Poio, Pontevedra , Moaña, Cangas ou Pontecaldelas reflicten unha variación media da poboación do +0,34%. Ou sexa, dez veces menos – aproximadamente – que o despoboamento de Galicia. Non vamos ben, pero tampouco vamos mal, coma galegos. ¿E Marín?. Como sempre para o final. O dato de Marín é sorprendente e , xa o dixen, mesmo aterrador: Marín perdeu nos 12 últimoa anos un 5,98% de poboación, non é “mais poboación” é “moita menos poboación”.
Marín ten un -5,98 % de poboación menos que hai doce anos. Somos, nesto sí os ganadores de Champions Poboacional: duplicamos casi o índice de perda de poboación de Galicia, que xa se sabe que vai como vai, e multiplicamos por 20 – por vinte, repito – a perda de poboación media dos concellos do noso contorno. Neste ameto, o demográfico, podese afirmar sen dubidas de ningún tipo que estamos moito pior que o conxunto do país, e a anos – que parecerán séculos – dos concellos da nosa contorna. ¿Ten algo que ver o Partido Popular?: desde logo que non. En calquera caso será o Goberno Municipal e a súa máxima representación o que tera que explicar as causas e consecuencias deste dato. ¿Incrementou Marín o seu “capital humano”?. Non, dende logo en cantidade; perdemos valiosisimos activos humanos que se diluen no medre dos municipios da contorna. ¿É esa unha politica, en xeral, e demográfica , en particular, que podamos denominar boa, excelente, construtiva ou é..... ? . Califiquea vostede de cero a dez. Neste eido un non da para maís. Chegame co funesto e catastrófico dato do despoboamento acelerado; 20 veces mais rápidos que os concellos da contorna.
N.B.: Datos elabourados a partires dos oficiaís do Instituto Galego de Estatísca
Carriola. Redacción. 08.10.25
El Club de Opinión 'Portocelo' de Marin organiza una acto 'in memoriam' al insigne marinense, Manuel Torres Martinez (Marín, 17 de junio de 1901-10 de mayo de 1995) coincidiendo con el año en el que se cumple el 30 aniversario de su fallecimiento, consistente en una charla (con uso de medios audiovisuales) sobre el legado artístico del recordado artista, en la que intervendrán el pintor marinense, Antón Sobral Iglesias, y el crítico de Arte, Antón Castro.
La presentación correrá a cargo del promotor del club, Angel García Carragal y la entrada será libre, y será el próximo Viernes, 24 a las 20.00h en el Museo M. Torres.
Carriola. Prensa Concello Marín. 08.10.25
O departamento de Servizos Sociais organiza estes cursos, activos desde este mes e ata xuño e para os que hai prazas dispoñibles
O departamento municipal de Servizos Sociais pon en marcha un ano máis o seu programa Vida Activa, unha iniciativa pensada para maiores de 60 anos e que permite ofrecerlles actividades saudables en espazos municipais entre os meses de outubro e xuño e que ten por obxectivo promover e consolidar o envellecemento activo. A finalidade é a do mantemento das condicións óptimas de saúde, fomentando rutinas físicas, mentais-cognitivas, sociais e emocionais das persoas a partir dos 60 anos, co obxectivo de previr posibles situación de deterioro global e potenciando e mantendo as capacidades psicolóxicas, sociais e emocionais.
Por unha banda, ofrécense cursos de ximnasia nas parroquias de Mogor e Seixo, os luns, mércores e venres. No caso de Mogor, celébranse na Casa de Cultura, de 17.00 a 18.00 horas, e no Centro Social da Barriada, de 18.15 a 19.15 horas. Con respecto a Seixo, as sesións son no Centro Escolar, de 19.30 a 20.30 horas. Por outro lado, e como novidade este ano, ofrécese un obradoiro de memoria, que se desenvolve na Finca de Briz, de 10.00 a 11.30 horas. Neste momento, aínda hai prazas dispoñibles para as persoas interesadas, que deberán chamar a Servizos Sociais para poder participar ao número de teléfono 986838117
Carriola. Mac Marín, 08.10.25
O club audiovisual Marín de Cine O festival MAC MARÍN, impulsado polo Club Audiovisual Marín de Cine prepárase para revelar a súa nova imaxe antes do 30 de outubro. Será o primeiro adianto dunha quinta edición cargada de significado, onde pasado e futuro se entrelazarán para repensar como miramos, como contamos e como vivimos o audiovisual. Cinco anos despois do seu nacemento, MAC MARÍN alcanza a madurez convertido nun espazo de ideas e experiencias, que acolle a novas creadores, cineastas e artistas visuais que procuran novas formas de narrar o mundo. Obradoiros, proxeccións singulares e encontros con profesionais do sector converteron a Marín de Cine nunha plataforma viva para a creación audiovisual.

Mais esta quinta edición promete algo máis. A organización avanzou que haberá novidades substanciais que reforzarán a aposta do festival polas novas narrativas, desde o cine expandido ata a performance visual, a intelixencia artificial ou os formatos híbridos. Unha edición que non só se verá, senón que se vivirá, convidando ao público a mergullarse en experiencias que transcenden a pantalla. As datas previstas para a súa celebración serán no mes de agosto, como vén sendo habitual, cando Marín se converte nun escenario natural de luz e memoria.
A nova imaxe do festival, aínda en segredo, fará unha homenaxe ao verán marinense, a esa sensación de liberdade e descubrimento que define tanto a infancia como a creación artística. En palabras de Dani Antelo, director da Mostra: “A época máis importante para moitos nenos e nenas que medramos en Marín era o verán, poder gozar da liberdade que ofrecían as vacacións nun lugar tan marabilloso onde podiamos elixir praia ou montaña. Marín é verán e queremos enfatizar esta idea desde o festival.” Por outra banda, desde o clube preténdese continuar traballando co Concello de Marín para que se sume a esta nova etapa que pretende fortalecer a identidade da vila a través do festival. Con este espírito, MAC MARÍN adéntrase no seu quinto capítulo como quen abre un novo relato: coa certeza de que o futuro do audiovisual se escribe aquí, entre a brisa do mar e as luces do proxector
Carriola. Redacción. 07.10.25
A Burguer Fest, un evento con foodtrucks que ofrecen esta modalidade de hamburguesas, estará instalado no Parque Eguren na tarde-noite do mércores, xoves e venres e en horario de comida e cea a fin de semana

O Parque Eguren acollerá do mércores 8 ao domingo 12 de outubro o Buguer Fest, un evento no que as hamburguesas gourmets e a diversión están aseguradas, baixo unha carpa de 1.870 metros cadrados.

Esta iniciativa ben da man da asociación de comerciantes Estrela de Marín, que busca dinamizar o comercio nunha fin de semaba chea de actividades, onde se resolverá a campaña do Escaparate Estrela e o Festival Internacional de Maxia Infantil.
Aqueles amantes deste plato poderán degustar ata sete modalidades, coas foodtrucks convidadas ao evento, procedentes de distintos puntos da xeografía española: Arde, La Osa Handmade Burguer, El Rancho de Santa África, ES3 Burguer, Thevizvan e Eivissa.

Ademais, os organizadores teñen preparado un sorteo nas súas redes sociais (@laburgerfest) co que se poden gañar 50 burguers gratis. O horario será, xoves e venres de 19.00 a 00.00 horas e sábado e domingo, de 13.00 e as 00.00 horas.
Carriola. Redacción. 07.10.25
La funeraria San Marcos comunica el fallecimiento a los 81 años de edad de Don José Jesús Fernández Costa, "Pepe de Marinita". cuyos restos mortales permanecerán en el tanatorio de Marín, sala número 1, alana miércoles día ocho a las cinco de la tarde para su inhumación en el cementerio municipal de O Campo.

Informa también de que el funeral por su eterno descanso se celebrará a continuación en la Iglesia de Nuestra Señora del Carmen de Seixo.
Carriola.Redacción.08.10.25
La magia vuelve a Marín en una semana intensa relacionada con las actividades de la Asociación comercial Estrela de Marín inmersa en el sorteo del “Escaparate Estrela” valorado, según indica el colectivo comercial, en miles de euros.
El próximo sábado, día 11 se procederá a la apertura del “Escaparate Estrela y a las once de la mañana se habilitará el formulario web para registrar el valor del escaparate expuesto a la vez que se producirá el lanzamiento de la APP “Comercio de Marín”.
El resto de la jornada estará cargada de actividades entre las que hemos de resaltar los actos dedicados a la magia que empezarán a las 11,30 en el Museo Torres destinados a niños y niñas de 1 a 4 años de edad con el espectáculo “Luigi Ludus” para el que será preciso la inscripción previa en el número 679979292.
Paralelamente, habrá magia en los escaparates mágicos de los establecimientos “Bebé Katy” con Liuba; “Xanela” con Gonza Martini y “Centrovisión” con Oliver.
Una hora más tarde la magia se traslada a la Alameda con los espectáculos “El baúl de la magia”, de Lorelavand, y “Pequeño Gran Teatro de Magia” con el Mago Koko.
La magia culminará la jornada desde las ocho y media de la tarde en la “Gran Gala Internacional de Magia” presentada por Lucía Pérez y con la participación de Lore Lavand, Luigi Ludus, Oliver E Liuba, Gonza Martini y el Mago Teto.
El Escaparate Estrela
Esta sesión de magia se entremezcla a lo largo del día con la programación del “Escaparate Estrella” que se abrirá a las 11 de la mañana habilitándose el formulario web para registrar el valor que contiene a la vez que se lanzará la APP “Comercio de Marín”.
A las siete de la tarde será el momento de cerrar el formulario de cálculo de valor del escaparate al mismo tiempo que se iniciará el concierto Elesky, seguido del gran festival de magia a cuyo final se procederá a descubrir el valor del escaparate estrella y se sabrá quien lo acertó o es el más aproximado al mismo.
Entremedio de la jornada habrá otras actividades musicales y de entretenimiento que darán una vez más sensación festiva a Marín para disfrute de vecinos y visitantes.
Magia Infantil jueves y viernes
Pero la Magia ocupará también los días 9 y 10 ya que el jueves entre las 10 y as 12 habrá actuaciones en los colegios y a las seis de la tarde en la Biblioteca a cargo de Luigi Ludos.
El viernes, a las 12 de nuevo en los colegios y a las seis de la tarde, en el Parque Eguren a cargo de Koko mientras que, a las ocho en la alameda, estarán Óliver y Liuba y, a las diez y media, Alex Louzao en la Alameda.
Carriola.fmf.07.10.25
O Consello Municipal da Muller reunirase hoxe para determinar o sentido que este ano se lle dará a celebración do 25N e, no día de onte, houbo unha reunión preparatoria coa presencia de concelleiras do área a representantes doutros organismos sinalando o ciberacoso e a violencia dixital como motivos especiales de atención
As dependencias da Finca de Briz acolleron onte unha sesión da Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero en Marín, na que participaron as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira, en representación do Concello; dous axentes da UFAM da Policía Nacional, a delegada da quenda de Oficio do Colexio de Avogacía de Pontevedra, a representante do Punto de Intercambio Familiar, a traballadora social do Centro de Saúde, as orientadoras dos distintos centros educativos, a traballadora social municipal, así como Marián Sánchez, directora e psicóloga do CIM e a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, María José Rodríguez.
Suxerencias previas á confección da Declaración Institucional
Unha das cuestións que tratou a Mesa, e que será levada ao Consello Municipal da Muller de mañá, é a inclusión de determinados puntos de acordo na declaración institucional que se elaborará con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Estes puntos abordarán problemáticas tan actuais como a violencia dixital e o ciberacoso, cada vez máis presente nas vidas sobre todo da mocidade, un grupo de idade no que tamén resulta alarmante o aumento de casos de violencia sexual.
Tamén tratarase a necesidade de dar a coñecer os servizos que existen nesta materia a toda a cidadanía, creando unha rede asistencial forte. Porase enriba da mesa a necesidade de dotar de máis recursos asistenciais a aquelas mulleres que sufren múltiples problemáticas asociadas coa violencia de xénero, como condutas aditivas, discapacidade ou problemas de saúde mental, mellorando a abordaxe terapéutica nestes casos. Así mesmo, defenderase que é preciso dotar dun maior número de profesionais e medios aos servizos que desenvolven o seu labor no ámbito da violencia machista.
Datos actualizados a nivel local
A Mesa Local de Traballo Contra a Violencia de Xénero tamén ten por obxecto analizar os datos actuais desta lacra na vila para coñecer cal é a foto fixa. Neste momento, tal e como foi exposto na reunión, existen 53 casos activos de violencia machista, sendo a gran maioría catalogados como de “risco baixo”, aínda que iso non supón, nin moito menos, que non sexan preocupantes ou que non se lles faga o seguemento correspondente.
Por outra banda, tamén se analizaron os casos levados polo Punto de Intercambio Familiar, un servizo municipal (que no seu día foi practicamente pioneiro) que que facilita un lugar neutral para levar a cabo a entrega e a recollida de menores nos réximes de visitas onde exista unha ruptura de parella. No 2025, o PIF traballa con 7 núcleos familiares dos que dependen 9 menores.
Carriola.Redacción.06.10.25
Cien años de vida contemplan a doña Amalia Acuña Calviño, conocida marinense, hoy residente aquí, que vivió la realidad de la emigración en sus años jóvenes y a quien visitó este fin de semana la alcaldesa María Ramallo para felicitarla en nombre de los marinenses.

Amalia Acuña Calviño es su nombre aunque quien la conoce la relaciona directamente con el apellido Muñoz que lo es, en realidad, pero en sus tiempos, al trasladarse a Venezuela y adquirir los papeles, tuvo que retirar su segundo apellido donde, al menos en sus tiempos, era preceptivo eliminar el segundo apellido al contraer matrimonio.
Modista y profesora
Amalia tuvo tres hijas llamadas Amalia Beatriz y Aida, respectivamente y de los tres nombres sacó el que pondría a su firma profesional, “Confecciones Ambaida”, una empresa de moda que creó su propia línea de ropa que se vendía en las mejores boutiques de Caracas.
Pero para llegar ahí Amalia se inició desde muy niña en el arte y la profesión de la costura y la confección y, también, desde muy joven, impartía enseñanza de costura en la casa de la Rúa Almuihna que hoy ocupa el famoso “Bar Umia”.
Con su marido, Gabriel, trabajador en una fábrica de diamantes, y sus hijas, vivió en Venezuela donde se hizo un hueco entre las modistas destacando entre ellas sus diseños y creaciones que la hicieron muy conocida en el país americano.
El éxito de la labor de Amalia le facilitó ser e principal sostén familiar y su economía le permitía viajar frecuentemente a su Marín del alma donde reside ahora, a sus flamantes cien años de edad, y donde pasa dos jornadas cada semana en el Centro de Día de la antigua Casa de Mar para realizar ejercicios físicos y disfrutar de veladas al lado de otras personas entre las que destaca por su simpatía y buen humor.
La alcaldesa María Ramallo le entregó un ramo de flores y la felicitación del pueblo marinense por el cumplimiento de este siglo de vida con tan buenas perspectivas.
Carriola.C.D.La Peña.07.10.25
Javi Pumar, conocido entrenador de fútbol sala entre los marinenses que guardan relación con este deporte, ha sido reconocido este sábado 4 de octubre como mejor entrenador de la provincia de Pontevedra.
Este reconocimiento tuvo lugar durante la celebración del Día del Entrenador, que este año acogió como sede la ciudad de Ferrol. Organizado por la Federación Gallega de Fútbol, se pudo disfrutar de caras conocidas como Javi Gracia, Sergio González o Clàudia Pons; grandes referentes en este deporte que quisieron aportar su granito de arena a la jornada.

Javi Pumar comenzó sus andanzas como entrenador de fútbol sala hace 9 años en el mismo Club Deportivo La Peña. Podríamos decir que fue el lugar que lo vio crecer como técnico, y, desde entonces, sus caminos han quedado siempre ligados por la misma pasión.
El premio que ahora recibe Pumar es una muestra pública que reconoce su trabajo, su esfuerzo y dedicación, tanto dentro como fuera de la pista.
El palmarés de este joven técnico también hace gala de ese reconocimiento pues, demás de conseguir un Campeonato de España, se le suman méritos como tres Campeonatos Gallegos de clubes, un Campeonato Gallego de Selecciones Comarcales, un ascenso a División de Honor y dos ascensos a Liga Gallega, que se dice pronto pero ha costado horas y horas colgado de una pizarra.
Tanto para él como para su familia amarilla de la Peña, este premios un chute de energía para seguir haciendo las cosas bien dentro del fútbol sala.
Carriola. Redacción. 06.10.25
El suceso fue ocasionado al parecer por el descuido del chofer del vehículo que arrancó con la grúa desplegada y ésta se enganchó con un cable de electricidad que atraviesa la carretera
Un curioso siniestro ocurrido a las ocho y media de la mañana de este lunes mantiene sin luz a numerosos abonados de la compañía eléctrica después de que un camión de recogida de basuras sufriera un percance después de hacer la recogida en uno de los contenedores de la zona.

Al parecer, según testigos presenciales, el chofer arrancó en un descuido con la pluma desplegada, lo que provocó que ésta se enganchase en un cable eléctrico y consecuentemente la caída de un pesado poste, que a su vez se desplomó contra un vehículo aparcado.
Al lugar del suceso acudió la Policía Local de Pontevedra, que estableció el correspondiente perímetro de seguridad, y la compañía eléctrica, que trabaja en recuperar el servicio a los numerosos vecinos y negocios perjudicados en el menor tiempo posible.
Hoxe, as sete e media da tarde, proxectase “Honeymoon”, a terceira película dos “Martes de Cine” na Biblioteca Pública
Carriola.Redacción.07.10.25
Os aficionados ao cine e ao audiovisual teñen hoxe por la tarde, desde as sete e media, a ocasión de desfrutar dunha nova proxección na Biblioteca Pública do ciclo que se leva a cabo durante este mes na sala de proxeccións .
Nesta ocasión proxectarase “Honeymoon” , a historia de Eva e Carlos que son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos, pero morre nun accidente absurdo nos Estados Unidos. Como xestionar e superar algo así, cando xa nada te une?.
A pelicula ten unha duracion de 86 minutos e está clasificada para maiores dos 12 anos Resultou finalista nas categorías de: Mellor longametraxe, Mellor interpretación feminina de reparto, Mellor guión, Mellor interpretación masculina de reparto, Mellor dirección, Mellor interpretación masculina protagonista, Mellor dirección de fotografía, Mellor montaxe, Mellor son e Mellor vestiario.
O cinema galego, da man do esta presente en Marín no ciclo “Martes de Cinema”, unha proposta para achegar á veciñanza local os filmes seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar o aforo do salón principal da Biblioteca Vidal Pazos.
Carriola.Redacción.30.09.25
“Buceo Rías Baixas” lucha por la descontaminación en la medida de sus posibilidades de los fondos marinos próximos a la costa y para ello tiene diseñado un plan de “Recuperación do Morrazo Sumerxido” que desarrolla con la colaboración del “Plan Social ENCE”

Y, recientemente se llevó a cabo en el puerto marinense de Aguete una de esas acciones programadas por este equipo de buceadores Rías Baixas sin ánimo de lucro que puso de manifiesto la realidad lamentable de la falta de empatía humana con el medioambiente y con el fondo marino donde se encuentra “de todo” como constató la CEO del proyecto, Lucía Jiménez Álvarez quien, durante la inmersión previa de sondeo quedó especialmente impactada al comprobar cómo una extraordinaria biodiversidad marina convivía entre neumáticos, plásticos y restos de artes de pesca abandonadas y manifestó, "Es sobrecogedor ver caballitos de mar, estrellas, nécoras y centollas rodeados de basura. No podemos seguir mirando hacia otro lado".

Así, veinticinco buceadores voluntarios y más de cuarenta personas en labores de superficie, lograron, aquella mañana, retirar del mar y de la costa casi media tonelada de residuos en unas pocas horas de voluntario trabajo.
Carteles expositivos y de concienciación colectiva
El Club Náutico del Puerto de Aguete acoge ahora la instalación de los carteles expositivos e informativos del proyecto, un recurso fundamental para trasladar el mensaje de concienciación a toda la ciudadanía, ya que el equipo del proyecto cree en que la base y sustento de estas acciones recae en la educación ambiental. Los paneles abordan diferentes temáticas de gran interés, desde el protocolo de actuación ante un caso de varamiento de fauna marina, instrucciones o guía a seguir para limpiezas terrestres y submarinas de forma segura, hasta los residuos que más abundan y frecuentan la costa del Morrazo.

Media tonelada de basura extraída del fondo marino en Aguete
“Creemos firmemente - indican desde el grupo - que solo a través de la concienciación colectiva podremos reducir la entrada de basura al océano y proteger los ecosistemas de los que dependemos y consideramos que, el éxito de esta segunda limpieza y la acogida de la exposición marcan apenas el inicio de un camino más ambicioso ya que en la próxima fase del proyecto abriremos dos nuevas líneas de trabajo pioneras y necesarias siendo la cartografía de la Zostera marina, una planta marina de incalculable valor ecológico y refugio esencial para numerosas especies; y la localización, marcaje y retirada de redes fantasmas y artes de pesca perdidos o abandonados, que siguen atrapando y matando vida marina pese a no tener ya utilidad pesquera”.
“El proyecto Recuperación do Morrazo Somerxido - añaden - seguirá creciendo, con el convencimiento de que cada acción suma para devolverle al mar lo que el mar nos da. Porque protegerlo es proteger nuestra propia vida, nuestra identidad y nuestro futuro”