Total: encontrados 10440 resultados.
Página 56 de 522
Carriola. Redacción. 11.10.25
julio@carriola.es
A Copa de España de Ciclocrós 2025 volve este domingo á acción coa disputa da súa segunda proba puntuable, o Ciclocrós Internacional XaxanCX 2025 que se celebra na localidade pontevedresa de Marín
O XSM Clube Ciclista organiza esta proba da clase C2 que se disputará en Chan de Gagán, Marín. O circuíto marinense, de 2600 metros de lonxitude, poñerá a proba aos participantes ofrecendo todo tipo de obstáculos e zonas técnicas: escaleiras artificiais, banco de area, dubis… O domingo disputaranse todas as carreiras, coa competición arrancando ás 10:00 horas coas probas para cadetes. Ás 11:00 h. celebrarase a carreira júnior masculina, coa feminina dando comezo ás 12:30 h. A proba elite-sub23 feminina iníciase ás 13:30 h., mentres que a elite-sub23 masculina arrinca ás 14:45 h. Xa en horario de tarde disputaranse as probas máster.

Este evento, no que competirán ao redor de 350 participantes, contará coa presenza de Lucía González, gañadora da primeira cita en Gijón, a campioa estatal Sofía Rodríguez, e outras destacadas ciclistas como Alicia González ou Sara Cueto. En canto aos homes, non estará o vixente gañador do certame e líder da Copa, Kevin Suárez, que compite esta fin de semana no Mundial de Gravel, pero si concorrerán na cita outros grandes nomes do panorama estatal como Mario Junquera, Gonzalo Inguanzo, Raúl Mira, Ismael Esteban, o ponteareán Miguel Rodríguez ou Unax Galán.
No acto de presentación participou o Concello de Marín, cos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña; a Comunidade de Montes de Santomé; o club organizador, con ciclistas da súa escola e as corredoras elite e sub-23 Irene Trabazo e María Filgueiras; e a Federación Ciclismo Galego, co seu presidente Juan Carlos Muñiz e o técnico Alberto del Río.
Carriola. Redacción. 10.10.25
El animal fue controlado por la Policía Local, que lo llevó a los parterres del ayuntamiento de Marín a la espera de localización de su propietario
Es la imagen del día: Un burro que decidió salir de su lugar de descanso nocturno mantuvo en vilo a los servicios policiales al bajar 'a galope' por Jaime Janer y por otras calles hasta que pudo ser recogido por la Policía Local, que lo llevó a los jardines laterales del ayuntamiento de Marín a la espera de localización de sus dueños.
¿Será multado por exceso de velocidad?
Carriola. Escuela Naval. 10.10.25
Tomás Clavijo, comandante-director de la Escuela Naval Militar, Manuel Reigosa, rector de la Universidad de Vigo y Paula Beirán, directora de Galicia y Asturias de Telefónica España La Cátedra Telefónica – Universidad de Vigo asistirán en la Escuela Naval Militar de Marín a la jornada Ecosistemas de Innovación Abierta en Defensa, dirigida a abordar el impacto de la transformación digital en el ámbito de la defensa, así como a presentar como se trabaja de forma colaborativa en torno a las principales tecnologías digitales que se están aplicando a los diferentes proyectos estratégicos.
Tras el acto inaugural, la jornada se abrirá con una mesa redonda en la que intervendrán representantes de la Armada, el rector de la Universidad de Vigo, y el CIO de Defensa de Telefónica España, Jesús Abraham. Posteriormente tendrá lugar una presentación de proyectos de innovación en Defensa, completándose la jornada con una visita guiada a los simuladores SIANA y CAVIR de la ENM.
Carriola. Redacción. 10.10.25
Los problemas continúan en el entorno del Parque Eguren entre un grupo de personas y la ciudadanía en general. A pesar del aumento de presencia policial en la zona continúan sucediéndose episodios que perjudican la convivencia como el que hemos conocido desde Carriola por un mensaje de la persona perjudicada, que trabaja en un negocio cercano. Resulta que la Policía Nacional llamó a esta trabajadora después de hacer averiguaciones sobre la propiedad de un vehículo que resultó rallado, (tal y como se aprecia en la imagen que nos remite), de manera intencionada, según la Policía, para informarle de que los daños ocasionados "por una indigente del parque Eguren" ya identificada.
El resultado ya lo sabemos, personas insolventes que causan muchos daños pero que no se hacen cargo de daño alguno porque son insolventes, por lo que la propietaria tendrá que hacerse cargo seguramente de todos los gastos ocasionados.
Y así seguimos. Y así seguiremos....
Carriola. Deputación Pontevedra. 10.10.25
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, participa en Vigo na homenaxe ao colectivo de nais de Érguete con motivo do 40 aniversario da asociación que iniciou o movemento social contra o narcotráfico e as drogas e que tivo en Marín unha delegación e unha presencia moi destacada
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de recoñecer o legado de Carmen Avendaño, do colectivo de “Nais contra a Droga” e todos os integrantes de Érguete que, coa súa loita contra o narcotráfico, puxeron os piares dunha provincia mellor, máis segura, sa e xusta. Acompañado pola vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, o mandatario provincial participou esta tarde no auditorio de Afundación en Vigo, na conmemoración do 40 aniversario de Érguete, un colectivo de referencia no eido do benestar social da provincia e que conta coa colaboración da Deputación, no que se rendeu homenaxe ao colectivo de nais que plantaron cara ao narcotráfico e denunciaron os problemas que estaba a ocasionar na sociedade de Vigo e de toda a provincia as adiccións ás drogas.
“Cando Carmen, as nais e Érguete deron un paso adiante, facer o correcto era facer o máis difícil. O doado era mirar cara outro lado, seguir como se nada ou cambiar de beirarrúa... Pero as secuelas da droga alcanzaron o máis prezado da súa vida. Grazas, Carmen. Grazas, Dora. Grazas, Tonina. Grazas a todas as Nais contra a Droga por facer o correcto, aínda que fóra difícil. Estaremos sempre en débeda con vós”, agradeceu o presidente Luis López.
Con motivo do corenta aniversario deste colectivo fundado no ano 1985 por un grupo de nais que sufría a lacra da drogodependencia nos seus fillos e que converteuse en referencia de loita contra o narcotráfico e na atención a persoas con problemas de adicións reuníronse no auditorio Afundación de Vigo representantes de todos os eidos da sociedade tanto da cidade como da provincia e de toda Galicia. O acto comezou co recoñecemento sobre o escenario ás Nais de Érguete, que despois da quenda de discursos institucionais, recibiron un agasallo de mans do xurista Baltasar Garzón e de Xulia Alonso, autora de Futuro Imperfecto. Así mesmo, a celebración contou con actuacións musicais a cargo das Pandereteiras de Ledicia de Trasmañó, da escola de baile Media Punta, de Fillas de Cassandra e da Banda da Loba; así como dos cómicos Xosé Touriñán e Carlos Blanco.
No seu discurso, o presidente da Deputación lembrou e valorou a loita iniciada por Carmen Avendaño, fundadora de Érguete; e o resto de nais nos anos 80. “Estamos afeitos a que as grandes historias da ficción inspiren á vida real. Con Carmen, con Érguete, sucede xusto ao contrario. É a súa historia real a que acabou por inspirar á ficción. Quen máis e quen menos viu, escoitou ou leu a unha Carmen plantarlle cara aos narcos, cando ninguén o facía; ás Nais contra a Droga proclamar que elas non eran ‘nin locas nin terroristas’ senón que eran ‘nais moi realistas’; ou a unha cidade coma Vigo e unha provincia coma Pontevedra sumirse na espiral de autodestrución persoal e social que sempre trae consigo a droga, como ocorreu hai non tanto, con barrios enteiros carcomidos polas adiccións. Este 40 aniversario xustíficase tamén para poder dicirlle ás máis novos que todo isto ocorreu”, contextualizou López, que salientou o papel de precursoras deste colectivo de nais para iniciar o movemento social que acabou co narcotráfico.
Neste sentido, remarcou o dirixente provincial que o labor de colectivos como Érguete seguen a ser moi necesarios na actualidade. “Érguete segue a ser un colectivo fundamental para a inclusión e o benestar na nosa provincia. Chega a onde as Administracións non somos quen de chegar. Segue a ser necesario que Érguete manteña o camiño, porque a loita contra o narcotráfico, lonxe de remitir, está extremadamente activa; seguen a ser imprescindibles o apoio especializado para as vítimas; e segue a ser clave que Érguete actúe como correa de transmisión cando aparecen novas e ameazantes adiccións que teiman en estragar o futuro dos nosos mozos e mozas”, recoñeceu López para reafirmar o compromiso da Deputación cun colectivo que recibe cada ano o apoio provincial para os seus programas de emprego e que está ao carón da súa actividade diaria. De feito, este ano os 40 anos de loita de Érguete protagonizarán un dos capítulos de Aqui Faltan Páxinas, o podcast impulsado pola Deputación para darlle visibilidade ás mulleres que cambiaron o rumbo da provincia.
Carriola. Clube Remo Ría de Marín. 10.10.25
A cita anual da regata terá lugar este sábado entre as 10 e as 16 horas, organizada polo Club de Remo Ría de Marín co apoio do Concello de Marín, onde onte se fixo a presentación oficial.
Este ano o Clube decidiu cambiar de modalidade e a regata será de beach sprint. Trátase da primera vez que se organiza unha competición desta modalidade en Galicia, que, ademáis, será olímpica por primeira vez nos próximos xogos olímpicos, en Los Ángeles 2028. O remo de beach sprint é unha modalidade moi vistosa pola súa explosividade e rapidez. Comeza en terra firme, cun atleta que corre pola area e entra no mar para subirse no seu bote, rema unha corta distancia o máis rápido posible e ten que, ao chegar de novo á orilla, baixarse do bote e voltar a correr pola area ata chegar á linea de meta.

Dadas as previsións de bo tempo, o club convida aos veciños de Marín a a acercarse a Mogor para ver a regata e coñecer este tipo de modalidade. O club tamén quere agradecer, dende aquí, a axuda da Deputación de Pontevedra, Ence, Codisoil e Gadis polo apoio nas actividades do club e, en concreto, a súa colaboración con esta regata.
Carriola. Policía Nacional. 09.10.25
julio@carriola.es
Los agentes lograron desarticular un punto de venta y distribución, gracias también a la colaboración ciudadana
La Policía Nacional ha detenido en Marín a tres individuos por un delito de tráfico de drogas, por la venta al menudeo de cocaína y heroína, dando por desarticulado un punto negro de venta de estas sustancias.
La investigación se remonta al pasado mes de septiembre, cuando se tuvo conocimiento, gracias a la colaboración ciudadana, de que en un piso situado en el centro de la villa, acudían asiduamente un buen número de personas para la adquisición de sustancias estupefacientes.
Fue comprobado que, aparte de ser el inmueble un lugar de consumo, el responsable también utilizaba dicho piso como punto de distribución. A él acudían compradores a adquirir sustancias estupefacientes y desde el mismo el investigado se desplazaba a diversos puntos cercanos para vender también en la vía pública.
Los agentes lograron identificar a una pareja que suministraba las sustancias a este punto negro y también al vendedor. La mujer fue detenida por tráfico de drogas en el momento de surtir con 100 dosis de heroína y cocaína al vendedor, y su pareja lo fue cuando trataba de de destruir una importante cantidad de sustancia estupefaciente.
Los investigadores llevaron a cabo el registro domiciliario y pudo comprobarse que esta persona almacenaba en su vivienda dosis de cocaína, heroína, hachís y marihuana, 3.550 euros, un vehículo y demás útiles para el consumo y distribución.
Con esta actuación, que se enmarca dentro del operativo de respuesta policial al tráfico minorista y consumo de drogas, se puede dar por desmantelado un importante punto de distribución y consumo de sustancias estupefacientes en el centro de Marín.
Carriola. Concello de Marín. 09.10.25
Permitirá aforrar cerca de medio millón de euros ao ano que se ían nas cotas dos propios préstamos e deixa a débeda municipal en apenas un 6% con respecto ao Orzamento.
O Goberno Local de Marín levará ao Pleno da Corporación, que se celebrará ás 20.00 horas no Concello, a aprobación dunha modificación do Orzamento para poder utilizar parte do Remanente de Tesourería, que ascende a 3,5 millóns de euros, a amortizar préstamos en vigor. En total, destinaranse case 2,9 millóns de euros a este fin, o que permitirá, en palabras do concelleiro de Facenda, Manuel Santos, “que ao longo do ano que vén poidamos dispoñer de aproximadamente medio millóns de euros, xa que non teremos que asumir os correspondentes intereses e as cotas de amortizacións que ían implícitas a estes préstamos”.
Así, esta contía poderá utilizarse para pagar “gasto corrente, por exemplo”. Con esta operación, o Concello baixará considerablemente a súa débeda, que será “dun 6% con respecto ao total do Orzamento municipal, que é unha porcentaxe moi baixa para un concello do noso tamaño”, asegura o edil. Santos explica tamén que realizar esta modificación do Orzamento “é obrigatorio realizala para dar cumprimento ao decreto estatal, que obriga a destinar o superávit conseguido no exercicio anterior para amortizar préstamos cando existe débeda financeira”.
Carriola. Team Thunder. 09.10.25
La boxeadora del Team Thunder de Marín Noa Vincelle ha sido convocada por la Selección Española de Boxeo para participar esta semana en el prestigioso Boxam Internacional, uno de los torneos más importantes del calendario mundial amateur. Acompañada por el técnico Mario Peteiro, Noa permanecerá concentrada con el equipo nacional durante toda la semana, participando en sesiones de entrenamiento y combates frente a rivales de alto nivel. En su primer enfrentamiento, se medirá a la representante de Suiza.
Con un total de 14 combates disputados y un récord invicto, Noa se ha consolidado como una de las grandes promesas del boxeo gallego. A pesar de su juventud, ya se ha enfrentado a algunas de las mejores boxeadoras del panorama autonómico, tanto en categoría amateur como élite. En su palmarés destacan importantes triunfos en torneos internacionales como la Porto Box Cup, el Open de Braga y el Open Villa de Marín, resultados que confirman su excelente progresión y proyección internacional.
Desde el cuerpo técnico del club marinense destacan el gran momento deportivo de Noa y el orgullo que supone para el boxeo gallego contar con una representante en la Selección Española en una cita del nivel del Boxam Internacional.
Carriola. Deputación de Pontevedra. 09.10.25
O presidente provincial participa na inauguración da décimo cuarta edición dun salón que reúne en Pontevedra 64 expositores para orientar á xuventude na súa formación
O organismo provincial aprobará no vindeiro pleno o primeiro Plan Estratéxico para a Xuventude da provincia cun amplo catálogo de iniciativas para apoiar á mocidade
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta o compromiso do goberno provincial coa xuventude, á que atende cunha área específica dotada con 1,3 millóns de euros de orzamento para desenvolver iniciativas como o primeiro Plan Estratéxico para a Xuventude, prácticas laborais na Unión Europea ou a novidosa liña de subvencións do +Xuventude que apoia na súa primeira edición 22 iniciativas da mocidade en materia de benestar social, turismo, deporte ou sustentabilidade. Fíxoo na inauguración da décimo cuarta edición de Edugal, o salón da oferta de educación e formación de Galicia que organiza cada ano Aempe e que abriu este mércores as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra. “A Deputación de Pontevedra é unha administración que, ademais de ser a mellor amiga daquilo no que máis brilla a mocidade —como o deporte ou a arte— tamén ten políticas específicas pensadas para eles. Por iso aplaudimos e apoiamos iniciativas tan beneficiosas como este Salón de Edugal”, afirma o mandatario provincial.
Esta nova edición do Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia conta cun total de 64 expositores procedentes da provincia, do resto de Galicia e doutros territorios do país. Entre eles volve estar un ano máis a Escola Universitaria de Enfermería, dependente da Deputación. EDUGAL funciona como un punto de encontro de estudantes, profesores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación que este se celebra dos días 8 ao 10 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra. Os obxectivos esta feira son orientar ao estudante á hora de tomar unha decisión sobre o seu futuro profesional, ofrecer unha maior calidade na formación, agrupar a ampla oferta de centros formativos, empresas e entidades e apostar pola formación en Pontevedra e Galicia.
Neste acto inaugural, presidente da Deputación compartiu espazo co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, así como o presidente de Aempe, Jose María Corujo; a concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías; e o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa. Despois do corte inaugural da feira, da actuación musical do dúo de corda do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra e da quenda de intervencións, o mandatario provincial percorreu os distintos postos do salón para coñecer a oferta educativa tanto da provincia como doutros territorios.
“Edugal é, como di o lema da Deputación, unha ponte que guía ao alumnado desde os Centros de Educación Secundaria cara os Centros de Estudos Superiores; que orienta á mocidade cara un mercado laboral en constante transformación e especialización e que conduce cara un futuro que hoxe pode parecer unha folla en branco, pero que moi pronto vós, mozos e mozas da provincia, lle daredes contido co voso talento, coas vosas ideas e co voso traballo. Hoxe pode parecer un desafío inabarcable, pero para cruzar esa ponte non estades sos, contades tamén co máximo apoio de institucións como a Deputación de Pontevedra”, rematou o presidente Luis López, antes de agradecer e dar os parabéns a Aempe por esta iniciativa e desexar un “futuro feliz” á xuventude.
Carriola. Escuela Naval Militar. 09.10.25
Con motivo de la celebración del Día de la Fiesta Nacional, la Escuela Naval Militar tiene previsto celebrar una jornada de puertas abiertas, el próximo viernes 10 de octubre, con varios eventos para todas aquellas personas que deseen asistir.
Será una jornada de puertas abiertas en la que se podrá visitar la Escuela Naval Militar en horario de 16:00 a 20:00 h., que incluye visitas al Simulador de Navegación y Pañol Histórico, una exposición estática de material de Infantería de Marina, una demostración dinámica de subida al palo (Descubierta) y un concierto de la Unidad de Música a las 19:00 h., en el emblemático lugar del centro castrense donde tradicionalmente se desarrollan los actos de Jura de Bandera y de entrega de Reales Despachos, la Escalera Monumental.

Con el lema ‘LA FUERZA DE LA UNIDAD’, la celebración del Día de las Fuerzas Armadas tiene el propósito de subrayar la identificación de los ejércitos con el pueblo español, del que forman parte y al que sirven. Nuestros militares son una parte integrante de nuestra sociedad, con gran vocación de servicio a España, que trabajan día a día, tanto dentro como fuera de nuestras fronteras, lo que contribuye a la estabilidad internacional y a nuestra seguridad y defensa, fundamento sobre el que se asienta el progreso, el desarrollo de nuestra sociedad, así como los principios que la rigen.
Carriola. Ateneo Santa Cecilia. 09.10.25
Debido a circunstancias imprevistas, vémonos na obriga de cambiar a data do obradoiro Outono para o día 25 de outubro de 2025. A hora e o lugar igual (de 11:00 a 12:30 horas no local do Ateneo Santa Cecilia).
Achegamos de novo a nota de prensa orixinal coa data actualizada: Dentro do ciclo de obradoiros temáticos de manualidades para peques, o Ateneo Santa Cecilia abre o prazo para inscribirse no primeiro deles: “Outono”, que terá lugar o sábado, 25 de outubro, de 11:00 a 12:30 horas, no local da entidade, situado na rúa do Forno, n°42. A data límite para apuntarse é o 21 de outubro.
Carriola. José Ruiz Guirado. 09.10.25
UN SERVIDOR no puede hablar de Manuel María desde el cientifismo, como si fuese un erudito en temas literarios. No lo soy. Me ha regalado su amistad de una forma, sincera y honorable. Hasta el punto de que le propuse que aceptara llevar su nombre de un certamen literario y lo aceptó sin ambages. De hecho, hasta su fallecimiento, disfrutamos en la población de Marín, de su presencia cada año en la entrega de los premios, de su humanidad y de su sabiduría. Y creo a pies juntillas, que su nombre y su presencia, le dio la talla al certamen mientras duró.

Y lo digo, porque fue una criatura, cuya infancia fue la Patria de su memoria. No hay más que recordar un elemento de la Naturaleza, como los ríos, que fueron para él, lugares de magia. Y la “Terra Chá”, el alma de sus versos. Sin olvidarnos del idioma -el gallego-, que pronunciaba -hablado y escrito-. Fue la llave con la que abrió su mundo literario y social. Podría decirse, sin temor a equivocarnos un ápice, que fue un MILITANTE DE LA LENGUA lo escribo adrede con mayúsculas. Y sentía devoción por Galicia.
Le hemos recordado en estas fechas de octubre, ya que vino al mundo en “Outero de Rei” (no es una errata) el 6 de octubre de 1929. Manuel María Fernández Teixeiro. Un servidor conserva de su persona un grato recuerdo, de su bonhomía un regalo de afabilidad, sencillez, bondad y honradez. De su obra, un legado, del que distinguidas autoridades en lo literario, ya glosaron. Me hubiera gustado escribir este breve en su lengua materna. Pero no sería justo que un servidor maltratarse un idioma tan hermoso. Prefiero hacerlo en mi lengua materna, donde soy más libre.
Carriola. Ateneo Santa Cecilia. 08.10.25
O Ateneo Santa Cecilia ten o pracer de convidar a todo o público á representación da obra de teatro "A pequena cabana", unha adaptación da comedia de André Roussin, a cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior. A función terá lugar o vindeiro venres, 10 de outubro, ás 20:00 h, no auditorio do Instituto Illa de Tambo.
Esta divertida obra mergúllanos na historia dunha parella e o seu amigo que, tras o naufraxio do cruceiro no que estaban de vacacións, acaban sós nunha illa. Unha situación disparatada que promete unha velada chea de risas. O equipo artístico está conformado por Salvador Álvarez, Suso Fernández, Cristina Brísimo e Carlos Cerviño. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.
Carriola. Redacción. 08.10.25
Si tu nombre es Pilar, La Cantina del Muelle te invita a celebrar la onomástica con tu familia o amigos este próximo fin de semana, tanto el sábado como el domingo. Y, para ello, tu menú correrá por cuenta de la casa en este día tan especial. Si aún no sabes dónde celebrar tu santo, sólo por llamarte Pilar, La Cantina del Muelle tiene preparado un especial menú de degustación, anticipo de la carta de otoño, que dejará a toda la familia más que satisfecha y sorprendida.
El especial menú degustación para este fin de semana consta de seis platos, al precio de 25 euros por persona y, por supuesto, las “pilares”, invitadas. Así que ya lo sabes, Pilar, Pilita o María Pilar, este fin de semana estás invitada a comer o cenar en La Cantina, con tu familia o amigos. Allí te esperan
Carriola. Jesús Javier Martínez Epifanio 08.10.25
Vai mais dunha decada, algo mais de catorce anos, polo 2011, María Ramallo Vázquez é elexida Alcaldesa pola Corporación. Tempo dabondo para facer unha revisión da mudanza radical que diseñou o Novo Marín. despois de tantos e tan fructiferos anos. Aferrareime os datos para evitar xuizos de valor. Por decilo dun modo un pouco sobrado: un método cientifico, lonxe – na medida do posible - de fobias e filias. Imos darlle, se mo permiten un ou dous “anos de graza ou cortesía” ó Goberno Municipal que se conforma no 2011: o do Partido Popular. Parece tempo dabondo ó tempo que amosa a galanura das nosas reflexivas intencións. Unha realidade, unha mudanza, calquera transformación non pode perder de vista a comparanza de datos: mirar para outros, os nosos veciños, e analizar si vamos mellor, igual ou peor. Esta metodoloxía afasta a tentación do “si pero ...” dado que os nosos veciños de Cangas, Pontevedra, Bueu, Ponte Caldelas ou Vilaboa viven nun contexto social e económico moi parecido ó noso, cando non idéntico.
A poboación, a xente, a súa cantidade ou cualidade e un valor primordial; e maís na Galiza que esmorece demográficamente. A cualidade é dificil de valorar, supoñamos igual para todos e todas. É a poboación, a xente, a cidadania, suxeito e obxecto da política municipal. A súa situación, inquedanzas, perspectivas terían que selo Norte que guía acción Municipal. A cantidade é outra cousa: medramos, mantemos o tipo, vamos a menos...? . É un indicador de avance , pausa ou retroceso como comunidade socio política, como concello ou , si quer, como Axuntamento ou Municipio ?. É “a nosa xente”, ca que enchemola boca cando por ahí vamos falando de Marín e de nós. Maravilloso grupo human: os e as marinenses. Analizando os datos de pobación dos concellos cos que lindamos e lidiamos aparecen datos absolutamente preocupantes, case aterradores: falase de cotio da despoboación da Galicia interior , da Galicia rural, e – sorprendente e miserablemente – o dato de Marín supera, e moito, os datos dese “prodixioso decenio” do que falabamos antes.
E nada pasa ou parece pasar. Somos, os marinenses, un grupo humano en vías de extinción. Os datos o confirman. En Galicia, esa comunidade con tan fondos problemas demográficos e de despoboamento,votamos as mans a testa cando oimos falar diso. O dato é irrefutable: nos derradieros 12 anos Galicia perdeu o 3,27% da súa poboación. ¿Qué lles parece?, a min terrible. Na nosa contorna os concellos de Bueu, Cangas, Vilaboa, Poio, Pontevedra , Moaña, Cangas ou Pontecaldelas reflicten unha variación media da poboación do +0,34%. Ou sexa, dez veces menos – aproximadamente – que o despoboamento de Galicia. Non vamos ben, pero tampouco vamos mal, coma galegos. ¿E Marín?. Como sempre para o final. O dato de Marín é sorprendente e , xa o dixen, mesmo aterrador: Marín perdeu nos 12 últimoa anos un 5,98% de poboación, non é “mais poboación” é “moita menos poboación”.
Marín ten un -5,98 % de poboación menos que hai doce anos. Somos, nesto sí os ganadores de Champions Poboacional: duplicamos casi o índice de perda de poboación de Galicia, que xa se sabe que vai como vai, e multiplicamos por 20 – por vinte, repito – a perda de poboación media dos concellos do noso contorno. Neste ameto, o demográfico, podese afirmar sen dubidas de ningún tipo que estamos moito pior que o conxunto do país, e a anos – que parecerán séculos – dos concellos da nosa contorna. ¿Ten algo que ver o Partido Popular?: desde logo que non. En calquera caso será o Goberno Municipal e a súa máxima representación o que tera que explicar as causas e consecuencias deste dato. ¿Incrementou Marín o seu “capital humano”?. Non, dende logo en cantidade; perdemos valiosisimos activos humanos que se diluen no medre dos municipios da contorna. ¿É esa unha politica, en xeral, e demográfica , en particular, que podamos denominar boa, excelente, construtiva ou é..... ? . Califiquea vostede de cero a dez. Neste eido un non da para maís. Chegame co funesto e catastrófico dato do despoboamento acelerado; 20 veces mais rápidos que os concellos da contorna.
N.B.: Datos elabourados a partires dos oficiaís do Instituto Galego de Estatísca
Carriola. Redacción. 08.10.25
El Club de Opinión 'Portocelo' de Marin organiza una acto 'in memoriam' al insigne marinense, Manuel Torres Martinez (Marín, 17 de junio de 1901-10 de mayo de 1995) coincidiendo con el año en el que se cumple el 30 aniversario de su fallecimiento, consistente en una charla (con uso de medios audiovisuales) sobre el legado artístico del recordado artista, en la que intervendrán el pintor marinense, Antón Sobral Iglesias, y el crítico de Arte, Antón Castro.
La presentación correrá a cargo del promotor del club, Angel García Carragal y la entrada será libre, y será el próximo Viernes, 24 a las 20.00h en el Museo M. Torres.
Carriola. Prensa Concello Marín. 08.10.25
O departamento de Servizos Sociais organiza estes cursos, activos desde este mes e ata xuño e para os que hai prazas dispoñibles
O departamento municipal de Servizos Sociais pon en marcha un ano máis o seu programa Vida Activa, unha iniciativa pensada para maiores de 60 anos e que permite ofrecerlles actividades saudables en espazos municipais entre os meses de outubro e xuño e que ten por obxectivo promover e consolidar o envellecemento activo. A finalidade é a do mantemento das condicións óptimas de saúde, fomentando rutinas físicas, mentais-cognitivas, sociais e emocionais das persoas a partir dos 60 anos, co obxectivo de previr posibles situación de deterioro global e potenciando e mantendo as capacidades psicolóxicas, sociais e emocionais.
Por unha banda, ofrécense cursos de ximnasia nas parroquias de Mogor e Seixo, os luns, mércores e venres. No caso de Mogor, celébranse na Casa de Cultura, de 17.00 a 18.00 horas, e no Centro Social da Barriada, de 18.15 a 19.15 horas. Con respecto a Seixo, as sesións son no Centro Escolar, de 19.30 a 20.30 horas. Por outro lado, e como novidade este ano, ofrécese un obradoiro de memoria, que se desenvolve na Finca de Briz, de 10.00 a 11.30 horas. Neste momento, aínda hai prazas dispoñibles para as persoas interesadas, que deberán chamar a Servizos Sociais para poder participar ao número de teléfono 986838117
Carriola. Mac Marín, 08.10.25
O club audiovisual Marín de Cine O festival MAC MARÍN, impulsado polo Club Audiovisual Marín de Cine prepárase para revelar a súa nova imaxe antes do 30 de outubro. Será o primeiro adianto dunha quinta edición cargada de significado, onde pasado e futuro se entrelazarán para repensar como miramos, como contamos e como vivimos o audiovisual. Cinco anos despois do seu nacemento, MAC MARÍN alcanza a madurez convertido nun espazo de ideas e experiencias, que acolle a novas creadores, cineastas e artistas visuais que procuran novas formas de narrar o mundo. Obradoiros, proxeccións singulares e encontros con profesionais do sector converteron a Marín de Cine nunha plataforma viva para a creación audiovisual.

Mais esta quinta edición promete algo máis. A organización avanzou que haberá novidades substanciais que reforzarán a aposta do festival polas novas narrativas, desde o cine expandido ata a performance visual, a intelixencia artificial ou os formatos híbridos. Unha edición que non só se verá, senón que se vivirá, convidando ao público a mergullarse en experiencias que transcenden a pantalla. As datas previstas para a súa celebración serán no mes de agosto, como vén sendo habitual, cando Marín se converte nun escenario natural de luz e memoria.
A nova imaxe do festival, aínda en segredo, fará unha homenaxe ao verán marinense, a esa sensación de liberdade e descubrimento que define tanto a infancia como a creación artística. En palabras de Dani Antelo, director da Mostra: “A época máis importante para moitos nenos e nenas que medramos en Marín era o verán, poder gozar da liberdade que ofrecían as vacacións nun lugar tan marabilloso onde podiamos elixir praia ou montaña. Marín é verán e queremos enfatizar esta idea desde o festival.” Por outra banda, desde o clube preténdese continuar traballando co Concello de Marín para que se sume a esta nova etapa que pretende fortalecer a identidade da vila a través do festival. Con este espírito, MAC MARÍN adéntrase no seu quinto capítulo como quen abre un novo relato: coa certeza de que o futuro do audiovisual se escribe aquí, entre a brisa do mar e as luces do proxector