Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Nace o “Cine Club Marín” á sombra da “V Edición do MAC Marín” que se presenta o sábado na Bailona

Carriola.A.MdC.07.05.26

julio@carriola.es     
A asociación Asociación Marín de Cine celebrará este sábado 9 de maio ás 12.15 horas no espazo A Bailona Gastrobar a presentación oficial do xurado da V edición de MAC MARÍN - Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín, o primeiro festival de cinema impulsado na historia do municipio de Marín e unha das iniciativas culturais con maior proxección audiovisual da comarca nos últimos anos.

O acto estará encabezado polo director do certame, Dani Antelo, e servirá para presentar ante os medios de comunicación, profesionais do sector e comunidade cultural os tres integrantes do xurado oficial desta quinta edición: a actriz Uxía Blanco, o académico e crítico cinematográfico Severiano Casalderrey e o profesor, poeta e escritor Adolfo Caamaño.

Uxía Blanco, unha das actrices máis recoñecidas do audiovisual galego, foi protagonista de Sempre Xonxa, considerada a primeira longametraxe de ficción rodada integramente en galego, ademais de participar en títulos históricos como A lingua das bolboretas e en series emblemáticas da TVG como Mareas Vivas ou Serramoura. A intérprete xa fora homenaxeada por MAC MARÍN durante a terceira edición do festival.

Pola súa parte, Severiano Casalderrey conta cunha ampla traxectoria como investigador, crítico e divulgador cinematográfico, colaborando en medios especializados e formatos de análise audiovisual como podcasts e espazos radiofónicos centrados na actualidade cinematográfica e nos grandes festivais internacionais.

O xurado completarase coa presenza de Adolfo Caamaño, profesor durante décadas no colexio San Narciso de Marín e unha das voces literarias máis destacadas da comarca, cunha ampla produción poética e narrativa recoñecida en diversos certames galegos.

Cineclub Marín

Tras a presentación institucional, Marín de Cine organizará unha charla-coloquio aberta ao público arredor do presente e futuro da produción audiovisual galega en lingua galega, nun encontro moderado polo propio Dani Antelo. A actividade funcionará ademais como punto de partida do novo “Cineclub Marín”, unha iniciativa coa que a asociación busca consolidar unha programación estable de cinema ao longo de todo o ano.

“Mamasunción e “Sempe Xonxa”

Este primeiro ciclo arrancará nas semanas posteriores á celebración das Letras Galegas coa proxección de dous títulos fundamentais da historia do audiovisual galego: Mamasunción e Sempre Xonxa. A organización dará a coñecer proximamente os horarios e localizacións definitivas das exhibicións, que aspiran a contar co Novo Auditorio Municipal como principal espazo anfitrión co apoio do Concello de Marín.

A través desta nova programación anual, MAC MARÍN - Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín continúa ampliando a súa actividade cultural máis aló das datas oficiais do festival, reforzando ao mesmo tempo a internacionalización da sección CINEMA XOVE, que nesta quinta edición está rexistrando unha crecente participación de curtametraxes

e traballos académicos procedentes de escolas de cinema e universidades de diferentes países europeos.

roslev