Total: encontrados 10417 resultados.
Página 297 de 521
Carriola.CEIP A Laxe.27.05.23
O CEIP Plurilingüe da Laxe participa este curso no programa de formación Observa-Acción impulsado pola Consellería de Educación. Nos meses de maio e xuño desenvólvese a segunda fase a nivel autonómico, no que o centro de Marín foi seleccionado no posto 13 entre un total de 36 centros de Galicia.
Obxectivo
O obxectivo deste programa é observar a práctica docente allea para mellorar a propia e, durante a primeira fase, o equipo docente da Laxe realizou observacións no propio centro, entrando nas aulas doutras compañeiras e compañeiros para, posteriormente, reflexionar e chegar a conclusións que se verán reflectidas a nivel metodolóxico na escola.
Durante estaa segunda fase, o colexio acolleu ao CEIP Flavia de Padrón para levar a cabo unha xornada de observación dentro das aulas xunto cos asesores do CAFI e CFR de Pontevedra. Do mesmo xeito, o profesorado de Marín visitou o centro coruñés.
Este intercambio resultou moi interesante e proveitoso para ambas partes que tras dúas sesións de reflexión puideron chegar a acordos e colaboracións futuras, creando vínculos educativos entre Marín e Padrón."
Carriola.Redacción27.05.23
Durante este fin de semana el club de gimnasia rítmica “In Mare” , con la colaboración del Concello, organiza una seie de actividades de su especialidad deportiva que dará comienzo hoy sábado en jornada de mañana con la celebración de la décima edición del “Torneo Club In Mare” y, ya por la arde en el mismo escenario, la exhibición de los centros y escuelas de gimnasia rítmica que exhibirán sobre el piso del pabellón los trabajos preparados a lo largo de la temporada.
Segunda Fase Interescolares
Desde la organización se indica, por otra parte que “Ademais, tamén poderemos desfrutar doutras exhibicións de danza e, para rematar, teremos un ano máis en xornada de mañá do 28 de maio a II Fase Interescolas organizada en colaboración co Club Marusía de Ourense, campionato dirixido ás categorías base deste deporte”.
Carriola.Monte Pituco (R).27.05.23
O Concello de Marín non disimula o seu desprezo polo patrimonio rupestre da vila, como se constatou na Ruta Cultural do pasado 14 de maio. Era a segunda vez que a Concellería de Cultura organizaba unha visita aos petróglifos de San Xián, a parroquia coa maior densidade de gravados prehistóricos.
pasaron oito longos anos dende a anterior andaina en decembro de 2015 ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Nesta ocasión, o Goberno local ofreceu unha pésima imaxe dos xacementos da Carrasca e Champás: rodeados de vexetación e leña seca que compromete a súa integridade en caso de incendio, cubertos de follaxe e con dificultades de acceso nos camiños; unha situación de abandono e desleixo que evidencia a nula vontade do Concello por contribuír ao coidado, conservación e difusión deste valioso patrimonio.
Malia que estes gravados se sitúan en terreo de titularidade veciñal, a xunta rectora da Comunidade de Montes de San Xián non se dignou sequera en asistir á visita. Fronte ás trabas que esta entidade lle impón ao Colectivo Monte Pituco para realizar roteiros divulgativos polos petróglifos da parroquia, vulnerando o dereito da veciñanza á "visita pública" dos bens de interese cultural, cuestiónase que o Concello de Marín fose obrigado a solicitar autorización previa para organizar esta recente andaina.

Precisamente, un dos xacementos visitados foi o grupo nº5 do conxunto rupestre da Carrasca que, a finais de 2016, resultou afectado por uns traballos de desbroce realizados sen supervisión arqueolóxica por encargo da Comunidade de Montes de San Xián, que foi sancionada pola Dirección Xeral de Patrimonio por unha agresión tipificada como "grave". A repercusión que tiveron aqueles danos levou a que o Concello aprobara en febreiro de 2017 un Plan de Protección do Patrimonio do que nada máis se soubo, a pesar dos intentos por parte do Colectivo Monte Pituco -co apoio de varios arqueólogos e expertos- por introducir melloras que permitisen unha protección "real e efectiva" dos xacementos con prazos, medidas concretas e o asesoramento dos colectivos e especialistas en patrimonio local.
Ás mostras de incompetencia institucional, cómpre unir a desidia cara ao patrimonio arqueolóxico da parroquia por parte dalgún integrante da xunta rectora da Comunidade de Montes de San Xián que antano exerceu como promotor activo da instalación dun polígono industrial no Monte Pituco (Pornedo) que prexudicaba os xacementos desa contorna; un proxecto ilegal que foi anulado con dúas sentenzas firmes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sen que, a día de hoxe, seis anos despois, o Concello lle teña retirado por fin a clasificación de solo empresarial a este enclave.

Ante o decepcionante resultado da visita aos petróglifos de San Xián organizada polo Concello de Marín, dende o Colectivo Monte Pituco reclamamos colaboración entre a Administración local e a Comunidade de Montes, xunto cos organismos competentes a nivel autonómico, para a limpeza e posta en valor dos xacementos; o desenvolvemento do Plan de Protección do Patrimonio coas achegas reiteradamente demandadas dende este grupo veciñal; e a implicación dos colectivos en defensa do patrimonio arqueolóxico nas futuras visitas como coñecedores da ubicación dos gravados -tanto os historicamente catalogados como os de recente descubrimento- e da rede de sendeiros que os comunican.
Carriola.Redacción.26.03.23
Don Álvaro Rodríguez, cura párroco de Santo Tomé de Piñeiro y coadjutor que fue de la parroquia de Marín años atrás aunque, recientemente, era frecuente verle colaborar en los servicios religiosos de Santa María del Puerto, ha fallecido en el Hospital de Santiago tras agravarse su delicado estado de salud, circunstancia que vino sobrellevando en los últimos años con gran espíritu de resignación cristiana.
Ha fallecido en el Hospitál de Santiago de Compostela donde fue operado quirúrgicamente de una crónica dolencia cardíaca , don Álvaro Rodríguez, párroco de Santo Tomè de Piñeiro. Sus restos mortales seràn trasladados a Marín mañana sábado y la capilla ardiente quedarà abierta en el propio templo a la espera de su traslado al cemenerio para su inhumación.
Don Álvaro Rodríguez llegó a Marín hace muchos años, siendo párroco de Santa María del Puerto don Ángel Saavedra Meijomide del que fue cuadjutor de la feligresía cuando todavía estaba incluida en ella la actual parroquia de Cantodarea.
Durante su estancia en Marín, Don Álvaro se grangeó la simpatía de los marinenses siendo como era un sacerdote abierto capaz de hacer amigos por donde pasaba y por ello, cuando fue destinado a una parroquia de Sierra de Outes, su marcha de Marín fue muy sentida por quienes le conocían. Posteriormente volvió para hacerse cargo de la feligresía de Santo Tomé de Piñeiro donde estuvo varios años hasta que fue destinado de nuevo a otro municipio para retornar aquí y desempeñar su labor de párroco de nuevo en Santo Tomé de Piñeiro colaborando frecuentemente con la de Marín en apoyo del trabajo que aquí tiene el sacerdote responsable por el volumen de la parroquia propiamente dicha y porque se da la circunstancia de que también hay que atender Mogor desde que falleció su párroco de tantos años.
Don Álvaro venía padeciendo una salud delicada lo que no le impedía ofrecer su servicio religioso allí donde era necesario hasta que su estado se agravó en los últimos días tras una operación quirúrgica que a pesar de soportar varias semanas de convalecencia, no superó
Descanse en paz nuestro querido Don Álvaro que deja en Marín el recuerdo de su buen hacer sacerdotal al servicio de todos y una gran área de amistad labrada con su espíritu de servicio y compañerismo.
Carriola.Redacción.26.05.23
Desde las nueve de la tarde está previsto que Marín acoja la sexta edición de los Cantos de Taberna en la que, en esta ocasión participarán los grupos “Abóbriga” y “Saljariteiros” que animarán los locales por los que pasarán en sendos recorridos hasta las once de la noche.
“Abóbriga” iniciarà su actuación en el bar “Polymnia” de nueve a nueve y media para pasar al “Royalty” de diez menos cuarto a diez y cuarto y terminar en el “Aroma” de once y cuarto a doce menos cuarto.
Por su parte “Saljariteiros” iniciaràn en la “ Cafetería Real” a las nueve y seguirán por Polymnia , a las diez menos cuarto, Aroma, a las diez y media, y finalizará en Royalti a las diez y media.
Carriola.BNG (R).26.05.23
Lucía Santos afirma que “no BNG poñemos ás persoas no centro. Cremos firmemente na política como ferramenta de transformación, polo que apostamos por propostas destinadas a dinamizar o noso concello e mellorar a calidade de vida da xente.”
O pasado mércores o BNG de Marín celebrou un Acto Público na alameda Rosalía de Castro de Marín, ao que asistiron máis de 300 persoas. O acto foi presentado polos candidatos Tino Iglesias e Davinia Lojo, e contou coa brillante intervención musical de A Revolta e Montse Ogando.

Lucía Santos, candidata á alcaldía, manifesta que “a corrente de simpatía cara o BNG é imparábel e a ilusión que desborda esta candidatura e este proxecto vai encher de votos do BNG as urnas o vindeiro domingo 28 de maio”.
Santos engade que “a xente percibe que o BNG ten un grandísimo equipo e que presenta unha folla de ruta clara e concreta para facer de Marín un concello de vangarda.”
Durante a súa intervención Lucía Santos manifestou que “no BNG afrontamos estas eleccións municipais con moita ilusión e enerxía, mais tamén con moita confianza. A confianza que nos dá vir cos deberes feitos, co traballo que levamos realizando nestes 4 anos de lexislatura, así como polo gran equipo que me acompaña. Un grupo de persoas que son un luxo, cunha formación e experiencia envexábel.”
Proseguiu afirmando que “no BNG poñemos ás persoas no centro. Cremos firmemente na política como ferramenta de transformación, polo que apostamos por propostas destinadas a crear un modelo urbano moderno para as persoas, o apoio aos servizos públicos de calidade, a aposta decidida por reter e atraer novas empresas, polo comercio local, por unha programación cultural estable e para todas as parroquias, por unha oferta de lecer ampla e variada, con especial atención á mocidade, pola atracción de visitantes e turismo ao longo de todo ano, porque todo isto terá un impacto directo na xeración de emprego e na dinamización do noso concello, así como mellorará a calidade de vida da xente.”
E rematou lembrando que “o proxecto que transforma as nosas vilas e cidades e mellora a calidade de vida das persoas é o Modelo BNG”
Seguindo este fío, Luís Bará afirmou que os concellos referentes no noso país son todos concellos gobernados polo BNG e lembrou numerosos exemplos, mais destacou dous: Pontevedra e Allariz.
Bará lembrou que “o BNG ten 3 piares fundamentais na súa liña de actuación política: a identidade, cun proxecto asentado no que somos; a equidade, que equivale á igualdade máis xustiza; e o futuro, crer en nós para construír un futuro mellor para todos e todas.”
Rematou afirmando que “o 28 de maio Marín ten a posibilidade de sumarse a todos eses concellos que avanzan votando á candidatura do BNG liderada por Lucía Santos, unha candidatura que está facendo unha espectacular campaña en positivo, con propostas, e que xenera unha enorme ilusión, como se pode ver hoxe aquí.”

Pola súa banda o candidato José Souto afirmou que “Somos unha forza que dará un cambio de rumbo a este Marín que vai a menos, que vai en declive perdendo poboación, perdendo forza institucional, un Marín, que estou seguro que todos e todas queremos que creza e mellore e sexa un referente. Estou convencido do potencial que temos como concello. Podemos dar un salto de calidade enorme.”
E a continuación falou de Lucía Santos e o proxecto que lidera manifestando que “Lucia represéntame. Sinto que é unha persoa honesta, noble e loitadora, cun perfil aberto de diálogo, da xente, do municipio, responsable e tranquila. A persoa que sempre nos di que aquí non vimos discutir, vimos a aportar propostas para mellorar a vida da veciñanza. O conflito non nos representa. Somos o BNG do si.”
Xa por último, Celia García lembrou que “Marín merece unha sanidade consolidada e cuberta, onde a veciñanza teña atención inmediata nas urxencias, e que tamén implica a creación de postos de pediatría, fisioterapia ou psicoloxía clínica, dando a importancia que se merece á problemática da saúde mental, a lacra que golpea silenciosamente a toda a sociedade galega e que xa é a principal causa de morte entre a mocidade deste país, porque coa nosa saúde e a das nosas familias non se xoga, temos que defendela.”
García manifestou que “o BNG de Marín pensa na mocidade, en min, en vós, nas vosas fillas, nas crianzas. Comeza un tempo no que a prioridade do Concello sodes todas vós, as veciñas e veciños, para acadar un concello con vida, que medre ano a ano e que sexa exemplo de calidade, que aposte pola innovación e polo benestar, pola oferta cultural variada e durante todo o ano e que exista tamén esa cultura en galego e darlle a importancia que merece e que ten a nosa lingua.”
Tanto Lucía Santos, como Celia García e José Souto fixeron un chamamento a votar polo BNG o vindeiro 28 de maio, como único xeito de mudar o rumbo do noso concello e construír un concello de vangarda, o concello que a veciñanza de Marín precisa, e merece.
Carriola.Redacción.26.05.23
La plataforma de acceso a la Praia do Santo ofrecía un verdadero aspecto de peligro inminente temiéndose por su derrumbe por acción del mar que castiga aquel litoral con insistencia a lo largo del año
El Concello se vio en la necesidad de actuar con la urgencia que fue posible para tratar de evitar un derrumbe que ya se temía al haberse movido, peligrosamente, las grandes piedras de la base del paseo que da acceso al arenal con lo que ello supondría para las personas que utilizan ese paso a la playa.

Plataforma superior del acceso
Los trabajos que reunían cierta complejidad fueron realizados ya y está a punto de ser repatada la obra según indican desde el ayuntamiento asegurando que “Desde o Concello sempre se aposta por un mantemento e coidado integral das praias, para poder telas no mellor estado posible xa que se trata de xoias naturais do noso medio que, ademais, son enormemente utilizadas tanto pola veciñanza como pola xente visitante”.
Carriola.Redacción.26.05.23
Con el verano a la vuelta de la esquina, el concello ha hecho una oferta de conciliación familiar aumentando sensiblemente las plazas de los campamentos de verano y posibilitando, además que, en la medida de lo posible, las familias puedan acceder a dos quincenas para sus hijos

Marián Sanmartín
La oferta de campamentos organizados por el concello para el próximo verano está ya abierta, según explicó ayer la concejala del área, Marián Sanmartín quien informó que “están dispoñibles a través da web municipal as listaxes das persoas admitidas en cada unha das quincenas que se ofertaron”. Explicó, por otra parte que “A subida de prazas vén explicada porque “tiñamos moitas solicitudes de familias que querían repetir quincenas, polo que finalmente decidimos permitir esta opción e pasamos das 300 prazas inicialmente ofertadas ás 445 actuais”.
Formalizar la reserva
Las familias que aparecen en los lisdtados deberán tener en cuenta que, tal como dice la concejala, “A partir de agora entrarase en fase de pago da cuota que deben abonar as familias. Aqueles que xa marcasen a opción da conta bancaria recibirán o cargo a partir da primera semana de xuño. Ese será tamén o prazo daquelas persoas que prefiran abonar o campamento no Concello”.
Sanmartín informó también que “A reunión para explicar ás familias cal será o funcionamiento e as normas básicas dos campamentos celebrarase o mércores 28 de xuño ás 20.0 horas no Museo Municipal Manuel Torres".
Carriola.Partido Popular (R).26.05.23
“Claro que somos un pobo mariñeiro e precisamente con este proxecto reconectaremos coas nosas raíces. Recuperar este espazo degradado para melloralo a nivel ambiental e que a xente se poida bañar como antaño na praia que había é un proxecto polo que apostamos de forma sólida e que xa está encamiñado”, asegurou a candidata do PP de Marín.

Unhas piscinas de auga salgada coas que recuperar un espazo actualmente degradado como é o cemiterio de barcos. Esa é unha das propostas estrela do programa do Partido Popular para os próximos catro anos e que axudará nesa transformación total que está a experimentar o corazón urbano de Marín e, de xeito concreto, da Praza de España.
A actual alcaldesa e candidata á reelección, María Ramallo, ten por seguro que este proxecto “dará un xiro de 180º nos próximos catro anos grazas a todo o que traballamos nos catro anteriores”. Ramallo defende que esta actuación, lonxe de calquera outra consideración, é unha reafirmación da identidade mariñeira de Marín.
“Claro que si, somos un pobo mariñeiro, as nosas raíces están arraigadas na pesca, na salitre e no mar. Recuperar un espazo que a día de hoxe se atopa tan degradado como é o cemiterio de barcos é unha peza clave do que queremos levar adiante na nova lexislatura”, expresou.
Con este proxecto, recuperarase a nivel medio ambiental ese fondo mariño, que permitirá o baño dun xeito seguro, que porá en valor todo o entorno que queda entre o Paseo Alcalde Blanco e o futuro Auditorio e que conseguirá que unamos aínda máis o centro co mar.
“Con esta iniciativa, seguimos traballando cada día e cada hora para dar ese salto de calidade que queremos, para que o Marín do futuro sexa moderno, aberto ao litoral,agradable e con potencial”, rematou a rexedora.
Carriola.PSOE (R).26.05.23
Segundo Manuel Pazos: "Todo o mundo é consciente de que Marín está quedando atrás en moitísimos temas coma a falta de vivenda, de solo empresarial, de servizos, a perda de comercios, de poboación… Os nosos problemas xa non se poden ocultar por máis tempo ni por moita propaganda que se faga dende o Concello. Os marinenses, todos xuntos, temos que decidir este domingo cara onde queremos que se dirixa Marín nos próximos catro anos. Ou ben por un modelo continuista que xa sabemos que resultados trae para Marín, ou ben un modelo que aborde dunha vez os problemas profundos que temos por diante. Ninguén o vai a solucionar por nós, e por eso invito a todas e todos os marinenses a que aposten por un cambio tan necesario como improrrogable”.

Remata a campaña, o tempo das propostas, os mítines, os programas, os debates, os repartos, a megafonía… Un momento de moitísimo esforzo pero á vez ilusionante e esperanzador.
Ao longo destes últimos catro anos, pero sobre todo destas últimas semanas, os socialistas quixemos explicar cales eran os problemas tan profundos que ten Marín e cales as alternativas que temos para afrontalos. Por todo esto sempre estivemos falando de vivenda, de solo empresarial, de rural, de servizos aos maiores, de comercio local… Na nosa opinión o goberno está ausente de todo este debate e por eso consideramos que o cambio de goberno é urxente, necesario e improrrogable porque cada ano que pasa a situación é máis grave e as solucións máis difíciles e costosas.
Demostramos ao longo deste tempo de oposición que fomos quen de ter un equipo serio, unido, honesto, traballador e responsable. E grazas a esto podémonos presentarnos catro anos máis tarde co aval do traballo ben feito e pedindo abertamente que Marín debe iniciar un cambio de ciclo político polo ben do noso municipio. Un cambio pensado para poñer no centro da vida municipal os problemas que estiveron tanto tempo pendentes de ser abordados.
Por este motivo dende o partido socialista queremos pedirche o voto para a nosa formación. Un voto cargado de ilusión por cambiar as cousas, de esperanza no futuro e un voto para que volvamos a ter o dinamismo económico e social que nos merecemos.
Carriola.Redacción.26.05.23
“De Marín a O Carballiño” es el título genérico de una iniciativa de ida y vuelta que vuelve a unir a ambos pueblos. Ida porque ayer se presentó en la villa orensana la iniciativa de Opromar y vuelta porque próximamente se realizará el mismo efecto en Marín con la intención de la Organización Pesquera de este puerto de exaltar la función de la mujer en las labores del mundo pesquero y poniendo énfasis en el pulpo y la histórica relación que desde tiempos del Priorato tienen ambas localidades
Opromar, la Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín, ha programado entre sus actividades de este año el hacer justicia con el papel de la mujer en el trabajo del mar y de la pesca poniendo énfasis en empeño y la importancia que tuvieron siempre las mujeres en las labores de todo tipo desde tiempo inmemorial.
Así, ayer se inauguró en las instalaciones de la antigua Fábrica de Papel de O Carballiño una exposición divulgativa sobre la historia del mundialmente conocido “pulpo á feira”, acto que contó con la asistencia del alcalde de la localidad, Francisco Fumega, y las intervenciones de la subdirectora general de Sostenibilidad Económica y Asuntos Sociales del MAPA, Silvia Solís; y del director gerente de los armadores marinenses, Juan Carlos Martín Fragueiro.
Fotografías con sabor de tradición
La muestra fotográfica presentada hoy se convierte en una senda histórica que comienza en Marín y llega al Monasterio de Oseira, conectando a las mujeres de la costa y del interior de Galicia. Mujeres que propiciaron, gracias a su trabajo e iniciativa, la popularización del consumo del pulpo cecial (curado al aire) en ferias y mercados. Ellas, verdaderas guardianas del arte, saber y tradición, elevaron una especie poco valorada comercialmente a un manjar que ha traspasado fronteras y conquistado a los chefs más laureados.
Paneles históricos
La exposición se completa con una serie de paneles que informan con claridad y rigor histórico la relación de Marín con O Carballiño a través del pulpo y delos productos el mar que los frailes de Oseira instalados en el Priorato de Marín recibían como foros de los pescadores marinenses y remitían a tan lejano punto gallego (lejano entendiendo aquellos modos de transporte) y de entre ellos, como principal tesoro gastronómico el pulpo seco cuya manipulación dio sobrada y merecida fama a O Carballiño que todavía perdura hoy con respecto a la preparación de tan famoso cefalópodo.
En los dos primeros, Opromar pone en valor el papel de la mujer en el sector pesquero, visibilizando la esencial e importante participación femenina en el mercado de los productos del mar, especialmente del pulpo.
En el tercer panel, “El Coto y Villa de Marín, propiedad del Monasterio de Oseira”, se explica el inicio de la conexión entre Marín y Carballiño allá por el siglo XII, cuando Oseira y el capitán y luego monje Diego Arias -a la sazón, servidor de una mujer como la reina Doña Urraca, madre de Alfonso VII- recibió como pago a sus servicios el Coto de Marín, provocando esta trascendental relación entre ambas localidades. Y es que desde 1150 hasta 1830, el monasterio tuvo derecho a los diezmos de la producción de pescado marinense, entre los que se encontraba el pulpo, un producto por entonces poco valorado pero al que beneficiaba su capacidad de conservación. De ese desprecio gastronómico lo rescataron el tiempo y las mujeres para que, tras la desamortización de Mendizábal y en el siglo XIX, siguiese siendo uno de los productos estrella en las cocinas de una localidad sin mar.
El cuarto panel describe la labor de los monjes de Oseira como impulsoras del comercio y del producto pesquero, así como los inicios de la feria en honor al pulpo, hoy mundialmente conocida.
La parte final está dedicada a la imprescindible aportación de la mujer a la tradición pesquera, además de reconocerle ese “doble trabajo” que desempeñaron durante años, dentro y fuera de sus hogares. Por ello, junto a esas mujeres de Marín, cuyos rostros protagonizan la mayor parte de las imágenes de la exposición, la muestra reconoce el trabajo y el “buen hacer” de las expertas pulpeiras, tanto de la costa como del interior, que se dedicaron a popularizar el manjar con su presencia en las ferias más importantes de Galicia, algunas de las cuales siguen celebrándose hoy en día.

Intervenciones de Silvia Solís y Juan Martín
En los discursos de inauguración de la exposición, que permanecerá dos meses en la Fábrica de Papel y después se trasladará al Museo Manuel Torres de Marín, tanto Fragueiro como Solís destacaron el compromiso de la organización de armadores y de la Secretaría General de Pesca por poner en valor el papel de esas mujeres que no tuvieron nada fácil abrirse un camino en un sector históricamente tan masculino. Y siguiendo la labor de Opromar, Silvia Solís anunció que por parte de la Secretaría de Pesca se está llevando a cabo un trabajo de recuperación y recopilación de imágenes y vídeos de mujeres en el sector del mar, que se presentará próximamente.
Puesta en valor de la labor femenina
“Mujeres de Marín creadoras de tradición pesquera”, está incluida en su Plan de Producción y Comercialización de Opromar y cuenta con la financiación del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación y el Fondo Europeo Marítimo y de la Pesca.

Visita al Monasterio de Oseira
Los asistentes a la presentación de esta iniciativa, tras la visita a la exposición, asistieron una performance de teatro musical que recreó los orígenes y el encuentro de las mujeres de Marín y de O Carballiño y una degustación del “pulpo á feira”. El programa concluyó con una vista al Mosteiro de Oseira.
Carriola.Redacción.23.05.23
La campaña toca a su fin. Los alcaldables y sus acompañantes de las respectivas listas se muestran agotados con la intensidad de ir de aqu´`ì para allá durante las dos semanas de intentar convencer a los votantes de que su idea e la mejor.
El BNG ya anunció que este jueves se lo toma de descanso pero el PSOE hará propaganda con una carpa que instalará en la alameda o sus proximidades pensando, seguramente en el mercadillo que siempre es una aglomeración de posibles votantes.
De VOX desconocemos cuál es el rumbo que toman estos dos últimos días
Por su parte el PP exprime la campaña con su último mitin esta tarde a las ocho y media en la casa de cultura de Ardán en el que intervendrán junto con la alcaldesa, María Eugenia Fazanes y Pablo Novas, actual concejal de Rural.
La suerte está, prácticamente, echada. El domingo tendremos una fiesta de la democracia local que dejará bien claras las aspiraciones de los vecinos de Marín.
Carriola.Redacción.25.05.23
Los solares que el ayuntamiento ha alquilado y preparado para que funcionen como aparcamientos alternativos y públicos, están siendo objeto de ua exahustiva limpieza y adecuación para su mejor rendimiento
Primero el de Conce4pción Artenal y ayer el de Ponte Zapal e Inferniño, los aparcamientos públcos habilitados en el “Proyecto MARES”,están siendo objeto de una limpieza general de malezas y desperdicios a la vez que se realizan en ellos algunas mejoras para optimizar su rendimiento.
Desde el concello se recuerda que los aparcamientos responden a “Unha iniciativa que desenvolveu nestes últimos anos o Goberno local coa finalidade de mellorar a ordenación do espazo urbano e facer convivir as necesidades de maior peonalización coas do tráfico rodado e o estacionamento”.
Los trabajos que se vienen realizando en estos recintos consisten en, según indican las mismas fuentes “reencher aqueles baches que se foron xerando co uso e o paso do tempo,
desbrozar as malas herbas que poida haber, limpar e, en xeral, manter a parcela en perfectas condicións para que poida seguir sendo utilizada de xeito cómodo e eficaz pola cidadanía que deixa o seu vehículo aparcado nelas”.
Más de 700 plazas de aparcamiento de nueva creación
“Coa habilitación destas parcelas - añaden - o Concello conseguiu crear nos últimos anos 705 prazas novas para aparcar, repartidas nos seguintes espazos: Quevedo (50 prazas), Praza do Regueiro (60 prazas), Sagrada Familia (25 prazas), Concepción Arenal (100 prazas), Ponte Zapal (50 prazas), Virxe do Carme (40 prazas), Inferniño (60 prazas), República Arxentina (70 prazas), Jaime Janer (50 prazas), Pavillón da Raña (100 prazas), Carballal (50 prazas), Otero Ulloa 1 (25 prazas), Otero Ulloa 2 (50 prazas)
Carriola.Redacción.25.05.23
La imagen de la Virgen del Carmen que se venera en el Nuevo Templo de Marín luce ya su belleza recuperada por la restauradora Paula Solla que también hizo lo propio con la de Santa María del Puerto el pasado año
La cofradía de los marineros que bajo las órdenes de su “contramaestre” Pascual, llevará con orgullo un año más la imagen de la Virgen del Carmen el próximo día 16 de julio, festividad de la Patrona de las gentes del mar, en la procesión marítimoterrestre que como cada año sale del Nuevo Templo para recorrer las calles, embarcar en el puerto y salir por la Ría hasta un determinado lugar donde se hace ofrenda a los marineros fallecidos en la mar.
Y lo harán con una imagen renovada a la perfección gracias al buen hacer de la restauradora Paula Solla que ha realizado un minucioso trabajo cuyo buen resultado solo está al alcance de quien sabe hacer este tipo de trabajos con la mejor de las garantías.
La Virgen del Carmen es acaso la más afectada por agentes externos ya que cada año atraviesa la Ría y muchas veces con nortadas sensibles que provocan salpicaduras de salitre lo que afecta considerablemente a la imagen que ahora, gracias al trabajo de Paula, luce de nuevo su belleza primitiva en el altar para ella destinado en el templo.
Carriola.Partido Popular (R).25.05.23
Conseguimos remediar en Marín unha débeda histórica e por iso nestas eleccións ningunha das candidaturas ten que levar este proxecto como unha promesa nos seus programas electorais. Teremos Auditorio e daremos un salto de calidade espectacular na nosa programación cultural.
“Por primeira vez despois de 30 anos, ningunha das candidaturas ás eleccións municipais leva no seu programa a construción dun Auditorio de Marín, porque conseguimos facelo realidade”. Así se expresou onte a actual alcaldesa e candidata á reelección polo Partido Popular, María Ramallo, que cre que con esta obra, xa iniciada e que se desenvolve a un ritmo fantástico a pesar de todas as dificultades, “Marín consegue remediar unha falta histórica, como é contar cunha infraestrutura cultural á altura da nosa cidade”. A consecución deste proxecto é froito dunha única receita: “xestión, moitísimo traballo e capacidade para acadar financiación externa para unha das nosas inversións máis relevantes”. Ramallo quixo poñer en valor como grazas “a todo o esforzo que fixemos en conseguir a nosa estratexia Marín Dusi, que nos permitiu ter fondos europeos, e á cofinanciación que conseguimos tamén da Xunta de Galicia, en cuestión dun tempo poderemos estar estrenando un Auditorio que nos permitirá dar un salto de calidade espectacular na nosa programación cultural”.

Pola súa ubicación, o edificio está plantexado para integrarse á perfección no entorno, a Praza de España. Estará semisoterrado, reducindo así a barreira visual e fusionándose á perfección co litoral. Fundamentalmente, o exterior do inmoble combinará tramos verdes, de cuberta vexetal; tramos de cristal e tramos de aceiro. Será especialmente interesante a vista que se poderá ter do edificio desde a Alameda, dado que, ao estar máis elevada sobre o terreo, servirá como miradoiro da superficie do edificio. Ademais, polas medidas de eficiencia enerxética que se incluiron no proxecto, será un EECN (Edificio de Consumo de Enerxía Case Nulo).O deseño do interior do Auditorio está pensado para que teñan cabida todo tipo de actividades socioculturais, desde as que precisan un espazo amplo ata unha pequena aula para actividades máis de diario. Todas elas, en torno a un vestíbulo que poida facer ás veces de praza maior.
A sala principal contará cun patio de butacas cunha superficie de preto de 640 metros cadrados, un escenario de cerca de 220 e con 550 localidades.
Carriola.Bloque Nacionalista Galego (R).25.05.23
Lucía Santos afirma que “impulsar unha actividade cultural de calidade, recuperar e poñer en valor o patrimonio, a historia e a memoria de Marín, e revitalizar e potenciar a nosa lingua" serán eixos fundamentais da política do BNG no Concello.
CULTURA
A actividade cultural municipal é imprescindíbel para revitalizar o Concello. Pese a isto, a cultura galega non ten un desenvolvemento autónomo o cal se exemplifica no Concello de Marín nunha falta da planificación dos contidos culturais. Lucía Santos, candidata á alcaldía de Marín, afirma que “esta situación debe mudar, polo que o BNG ten como obxectivo impulsar unha actividade cultural de calidade integrada coas distintas asociacións que veñen desenvolvendo actuacións neste ámbito.” Propostas do BNG en materia de cultura:

PATRIMONIO, HISTORIA E MEMORIA
Lucía Santos manifesta que “a día de hoxe a situación do patrimonio material e inmaterial no noso Concello é de desleixo, abandono e mesmo de agresión en moitos apartados.” Co motivo de recuperar e por en valor o patrimonio a historia e a memoria de Marín, o BNG considera pertinentes as seguintes actuacións.
LINGUA
A nosa lingua está especialmente ameazada, polo que “a revitalización e potenciación da nosa lingua en todos os ámbitos debe guiar transversalmente as actuacións do Concello” en palabras de Lucía Santos. Os concellos teñen un amplo abano de posibilidades de actuacións no impulso do uso social da lingua que permiten avances palpábeis e moita visibilidade que de ningún modo podemos desaproveitar. Santos engade que “o noso compromiso coa lingua abordarase dende a coherencia persoal mediante a recuperación do proceso de galeguización da administración municipal, concienciación da veciñanza sobre a necesidade de preservar a nosa lingua e a apertura a novos espazos para fomentar o uso do galego.”

Lucía Santos onte no derradeiro mitin da campaña
Xornada de relax e fin de campaña na Veiguiña
Tras a celebrción do mitin na alameda onte pola tarde coa asistencia de Luis Bará e a totalidade dos membros da candidatura o BNG encara o final da campaña con grande ilusión sefundo asegurou a candidata durante o mitin no que desgranou os principais aspectos do programa do seu partido. Hoxe será unha xornada de pre-reflexión porque o Bloque no ten ningunha actividade prevista pero, mañán po la nocite, na Veiguiña, ao pé da sede do partido, terán unha gran festa na que no faltarà a música e a ilusión polo qu epoda pasar o 28M.
Carriola.Redacción.24.05.23
La “Plaza 8 de Marzo” acogió ayer tarde uno de los últimos mítines de la candidatura socialista que lidera Manuel Pazos Lamoso a quien acompañó en el estrado de intervenciones el Secretario Xeral Provincial del partido, David Regades y también sus compañeros de candidatura Mariola G. Recamán y Luis Vilas Moreira.
Pazos y sus compañeros insistieron en las argumentaciones de actos anteriores oponiendo las ideas socialistas a la política pasada y anunciada del gobierno en manos del PP desde hace doce años en que Ramallo gobierna con mayoría absoluta.
Carriola.Redacción.23.05.23
La Academia Ensino comunica que se encuentra abierto el plazo de inscripción para el Curso de Prevención de Riesgos Laborales del Naval de 20 hors de duración que se iniciará próximamente.
Los interesados deberán tener en cuenta que el precio por participar en el curso completo es de 200 euros que se reducen a 80 si el curso es específico y aquellas personas que .requieran mayor información sobre el asunto podrán llamar a los teléfonos 986 891 999/604044719 o acudir a la página informacion@ensinoformacion.com
Carriola.Redacción.23.05.23
“Ruxe Marín” es la denominación de la sucesión de días en que el pueblo se erà inmerso en los ritmos de cultura afrobrasileira tan de moda en los tiempos actuañles con la concentración de varios grupos locales y procedentes incluos del extranjero
Todo un certamen de batucadas tendrá lugar en Marín desde el viernes al domingo con la organización de “Axé Bahía” en colaboración con el concello marinense, siendo la finca de Briz el centro neurálgico de la fiesta que va a poner ritmo al final de la campaña electoral que està ya en los últimos días.
Ayer se realizó la presentación del evento por el grupo organizador del mismo, “Axé Bahía” en compañia de la concejala de fiests Marián Sanmartín y, en el acto de presetnación del mismo, explicaron que “Este festival de percusión afrobrasileira celebrarase na Finca de Briz o 26, 27 e 28 de maio e contará con multitude de actividades para os apaixoados desta cutura musical”.
Tres días
Explicaron tambièn el programa de los actos del evento señalando
* O venres haberá workshops durante todo o día de capoeira, brazilian zouk lambada, danza con instrumento, afrobaiano moderno e tradicional… E rematarase a festa ás 23.00h na Alameda coa actuación da Banda Cafundó”.
* O sábado seguirán as masterclass con samba reggae e haberá actuacións ao longo da xornada dos locais Maracumbé Bloco e Axé Bahía, de Latexo Percusión, Batucada Radical, Cafundó Bloco e Samba do Porto, sendo agrupacións de Santiago de Compostela, Portugal e Arxentina. O peche será posto polo DJ Gonzalo Olivera.
* O domingo, as rúas de Marín soarán afrobrasileiras co multibloco dirixido por Joao
Isaias a partir das 13.00 horas.
Finalmente informaron que “Durante todo o festival, ademais, haberá comida tradicional brasileira e puntos de artesanía. Toda a información completa do programa e o enlace de inscrición para participar dos workshops pode atoparse nas redes sociais de Axé Bahía”.