Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O historiador Carlos López Bernárdez inaugura hoxe no Ateneo Santa Cecilia o libro “Unha historia da arte galega”

Carriola.Ateneo. 19.01.24.

julio@carriola.es.

O historiador da arte Carlos López Bernárdez presenta o seu último traballo "Unha historia da arte galega", editado por Laiovento, no Ateneo Santa Cecilia de Marín esta tarde ás oito no local social da propia entidade marinense.

Carlos López Bernárdez desenvolve a súa labor como ensaísta de temas artísticos e literarios ao mesmo tempo que comisaría diversas exposicións artísticas. Ten publicados numerosos libros relacionados co mundo da arte entre os que destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (2004), Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011), Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Ed. Laiovento. 2018)  Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Ed. Laiovento. 2020). Publicou tamén estudos literarios sobre Manuel Antonio, Vicente Risco, Lorenzo Varela, Xosé María Álvarez Blázquez ou Ramón Cabanillas .

Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano; De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra; O retrato de Galicia 1890-1950; Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos e Foi un home. Laxeiro en América. Ademáis, colabora en diversos xornais, suplementos culturais, etc.

Desde o Ateneo convidámos a asistir a presentación desta obra que esta tendo unha gran acollida e na que o autor vai estar acompañado polo cineasta Xan Leira, autor de diversos documentais sobre varios dos personaxes recollidos neste libro e que forman parte do patrimonio artístico de Galicia.

 

roslev