The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O enterro da Sardiña no ano 2004, como se fora no 2021

J.S.P.

Estas imaxes son do xenuino “Enterro da Sardiña” de Marín, único no mundo, que saiu á rúa no ano 2004. Sería igual poñer as de calquer ano porque, a secuencia repítese sempre de xeito similar, e máis hoxe en que gracias ao traballo na “nova” Santa Cecilia e sobre todo do responsable da organización do acto, Celso Méndez, recuperou a brilantez que merece semellante manifestación de máis de cen anos de antigüedade.

O “Enterro da Sardiña” é un escarnio carnavaleiro de calquera procesión relixiosa na que participan con humor centos ou miles de persoas e outras tantas que se apostan a ambos lados do percorrido para disfrutar do paso da comitiva. Dase a circunstancia de que, moitos dos que están dentro da mesma volverán a saír na Semana Santa nas procesións participando nelas ainda en forma seria e razonable. É a ida e volta dos sentimentos.

O noso “Enterro” ao que non lle falta detalle mantén a estrutura de máis dun século atrás; utiliza unha sardiña real que é asulagada no mar para rematar o acto, e se lle le a ladanía de sempre redactada tanto tempo atrás. O ano pasado estuveron en Marín todas as televisións para, ao longo do día, dar “noticias” sobre o luctuoso suceso.

Aquí quedan algunhas imaxenes do Enterro do ano 2004 como sustitutivo a lamentable circunstancia de que, por culpa do Covid non se pode celebrar neste.