Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Comunicado do Concello de Marín en resposta Manuel Pazos (PSOE) sobre ás horas extras dos traballadores

Carriola.Redacción.13.01.26

julio@carriola.es   

Tras a denuncia pública feita polo portavoz do grupo municipal socialista, Manuel Pazos Lamoso con respecto ao cobro de 1405 horas extras dun funcionario municipal no ano 2025, desde o Concello recibimos unha nota na que desminten o contido da devandita crítica á vez que explican a realidades surxida dun erro tipográfico, texto que reproducimos íntegramente a continuación: 

A raíz das informacións publicadas na prensa polo relativo ás horas extras dun funcionario, aclarar que, unha vez analizado con servizos técnicos de Intervención, trátase dun error tipográfico no informe, xa que falta unha coma. Polo tanto, non son 1405 horas extra, senón que son 140,5 horas. O erro non tivo ningún tipo de efecto nin na contabilización das horas totais nin na remuneración, que se correspondeu coas 140,5 horas correctas.

Iso é todo o que hai e forma parte dunha normalidade dentro do desempeño dos labores das brigadas municipais, cuio traballo é esencial na prestación de servizos públicos, onde a presencialidade e a dispoñibilidade son inherentes á natureza do traballo.

Enterradores, peóns, oficiais... todos eles, das brigadas de Obras, Augas, Electricidade, así como a propia Policía Local... pasan unha relación de horas extra mensuais que responden a imprevistos, maiores cargas de traballo por festividades ou eventos, baixas repentinas... Así que vaia por diante o noso agradecemento pola súa implicación.

roslev