Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Veciñanza da Plataforma Seixo-Marín realiza un peche simbólico no Centro de Saúde en defensa da Sanidade Pública

Carriola.Iria Aboi (*).31.01.26

julio@carriola.es    

Acudiron varias unidades de policía "somos veciños defendendo o dereito á saúde, os delincuentes son os que privatizan a sanidade"

Iria Aboi Ferradás

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, realizou un peche simbólico no Centro de Saúde de Marín en defensa da sanidade pública, fronte os recortes e privatizacións da Xunta e aproveitou para facer un chamamento a que a veciñanza participe na manifestación deste domingo en Santiago de Compostela con saída ás 12h da Alameda. 

Foto da Plataforma que recolle a estancia de veciños no interior do centro de saúde

Arredor das 7 da tarde deste venres 30, unha representación veciñal de veciñas e veciños entrou no Centro de Saúde de Marín para situarse no corredor da entrada de pediatría, que levan ás consultas, iniciando un peche simbólico co que quixeron chamar a atención da poboación sobre a necesidade de defender a sanidade pública este domingo na manifestación de Santiago, e todos os días do ano. 

Os centros de saúde e hospitais son a nosa segunda casa cando estamos doentes, cando estamos mal e precisamos que nos atendan. Se permitimos que nos vaian privatizando cada vez máis servizos da nosa sanidade e que empresas privadas como o Quirón Dominguez, Rivera Salud ou outras amigas do goberno da Xunta se fagan donas da nosa sanidade estarannos roubando o dereito á saúde, estarannos roubando na nosa propia casa e iso non o podemos permitir.

O peche é simbólico porque en ningún momento se bloquea o acceso ao Centro de Saúde. Precisamente faise a estas horas dun venres porque a actividade asistencial é moito menor e interfírese moito menos e, ademais, do outro lado está tamén o PAC funcionando con normalidade ao ter a súa propia porta de acceso.

Non obstante apareceron varias unidades de policía local e policía local que recibiron "aviso". Cando se dirixiron a identificarme, as veciñas e veciños presentes sacaran carnés por consideralo inxusto pero non llos quixeron. Despois da identificación, Aboi declarou "somos veciñs defendendo o dereito á saúde, os delincuentes son os que privatizan a sanidade, que os busquen nos despachos. 

O que interfire na actividade normal dos centros de saúde son as políticas da Xunta, a falta de recursos, a falta de persoal, as listas de agarda con especialistas ou intervencións e mesmo para ter consulta coa médica ou médico de cabeceira. Ese é o problema e non as veciñas e veciños que estamos fartos e nos movemos contra o desmantelamento programado da nosa sanidade. 

Durante o acto, a veciñanza tivo un encontro telemático con veciñas e veciños da Plataforma da Comarca do Condado que iniciaron tamén ás 19h un peche no Centro de Saúde de Ponteareas da área sanitaria de Vigo. Dende a Plataforma confirmamos que as problemáticas son semellantes, con longas listas de agarda para atención primaria e especializada, a pesar de ter un hospital novo como o Alvaro Cunqueiro, mais pequeno do previsto e privatizado que non é capaz de atender toda a necesidade asistencial da poboación da área sanitaria. Moito nos tememos que o Gran Montecelo segue o mesmo deseño que o Cunqueiro. Hai intereses en seguir engordando o hospital Quirón-Domínguez de Pontevedra."

Por último lembrar que, para a Manifestación de Compostela van dende Marín dous autobuses e ducias de coches particulares. A xente está preocupada e farta, queremos que se rectifique a política sanitaria do contrario seguiremos na rúa defendendo o noso dereito á saúde. 

(*) Iria Aboi Ferradás é a voceira da Plataforma

roslev