Carriola.Redacción.03.02.26
O pasado sábado tivo lugar no encoro de Castrelo de Miño o Campionato Galego de fondo, no que participaron 16 deportistas do club de remo marinense que, a pesar dascondicións na auga moi difíciles, conseguiron subirse ao podio en 6 ocasións.
Seis medallas de prata
Os medallistas marinenses foron

os cadetes Gorka Rivadulla e Breogán Gutiérrez,

o xuvenil Xián Gutiérrez,

as sub-23 Niobe Barreiro e Saioa Iglesias,

a absoluta Carla Fuentes,

o veterano Francisco López, e

os paralímpicos Paula García e Aarón García.
Outros participantes
Ademáis, do CR Ría de Marín tamén participaron:
* Cadetes femininos: Carmen Estévez e Saleta Fariña5º
* Xuvenís masculinos: Xairo Rivadulla 7ºe Anxo Blanco 9º
* Xuvenil femenino: Hanna García 8º
* Absoluto masculino: Breogán Fariña 12º
* Absoluto masculino: Benito Fernández 5º
Próxima cita o Campionato de España
A próxima fin de semana o remo olímpico conta cunha dobre cita nacional. Se a climatoloxía o permite celebrarase, tamén en Castrelo de Miño, o Campionato de España de Fondo o sábado, e o Campionato de España por Autonomías.