Carriola.Redacción.03.02.26
Desde onte e ata o 31 de marzo está aberto o prazo de presentación de fotografías ao segundo certame convocado polo Museo do Mar de Marín como un aspecto complementario do “Festival de Cine do Mar”, que onte foi presentado polos responsables do propio museo e a concelleira Marián Sanmartín
O Museo do Mar de Marín acolleu onte mañá a presentación oficial das bases do II Certame de Fotografía do Mar, unha iniciativa cultural que pon en valor o mar como elemento esencial da identidade marinense, tanto desde unha perspectiva natural como social e patrimonial, e que é unha das actividades paralelas do Festival Cine do Mar, organizado polo “Museo do Mar” de Marín.
Marián Sanmartín concelleira de cultura, Lukas Santiago, director do festival, e varios representantes do propio museo fixeron onte a presentación do certame acto no que estivo tamén estivo presente o fotógrafo marinense Alexandre Entenza, autor da fotografía que ilustra o cartel deste ano e que representa a un paíño.
O mar como ecosistama nun certamen aberto
Durante a presentación salientouse que este certame nace co obxectivo de reivindicar o mar como ecosistema, promover a concienciación sobre a súa protección e dignificar os oficios vencellados ao mundo marítimo.

Cartel 2026 gañador do certame o ano pasado
O concurso está aberto á participación de creadoras e creadores de calquera nacionalidade, cunha inscrición libre e gratuíta no que, cada participante, poderá presentar ata cinco fotografías, sempre que estean relacionadas co mar desde unha perspectiva natural ou cultural.
O prazo de presentación das obras está aberto ata o 31 de marzo de 2026, e as fotografías deberán enviarse por correo electrónico seguindo as condicións técnicas e administrativas recollidas nas bases, fomentando máis a orientación vertical.
A foto gañadora será o cartel do ano próximo
O xurado, formado por profesionais do ámbito cinematográfico, audiovisual e cultural vencellados ao Festival Cine do Mar, valorará especialmente a creatividade e a calidade técnica das obras. As 20 fotografías finalistas formarán parte dunha exposición que coincidirá coa celebración do III Festival Cine do Mar e, a fotografía gañadora pasarà a convertirse no cartel anunciador do próximo festival no ano 2027 do mesmo xeito que ocurre no actual en que o cartel é unha foto do gañador do pasado ano, Alexandre Entenza, razón pola que recoméndase aos participantes que remitan os seus traballos en formato vertical
Premios
Os participantes optan a un primeiro premio de 200 euros e, como queda dito, a edición da foto no próximo cartel; un segundo de 100 euros e, un terceiro sen dotación económica. Nos tres casos recibirán un diploma acreditativo.
Para máis información ou consultas, as persoas interesadas poden dirixirse ao correo electrónico: cinedomardemarin@gmail.com.