Carriola.Redacción.06.02.26
O Entroido está á volta da esquina como quen dí cando aínda soan os ecos das panxoliñas . Seguramente por iso seguen postos os arcos de luminarias do Nadal que ao parecer a empresa instaladora aínda non tivo tempo sa retiralos. O Ateneo Santa Cecilia convoca o seu “CONCURSO DE ORELLAS E FILLOAS” que será na data do 17 de febreiro
Un ano máis, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu tradicional concurso de filloas e orellas, postre típico como ningún no Entroido e evento que forma parte do programa xeral coordinado polo concello e que se fai no local da primeira entidade cultural de Marín ubicado na prolongación da Rúa do Forno
Segundo indica o presidente da entidade Celso Mèndez, “Este certame busca poñer en valor o talento culinario da nosa comunidade e preservar as receitas máis queridas da nosa terra”continuación, detallamos a organización da xornada:
Méndez Fraguas indica, por outra parte que, o día 17, a entrega de filloas ou orellas deberá facerse entre as seis e as sete da tarde para que o xurado teña tempo de deliberar sobre as mellores viandas dando o resultado ás oito en presencia dos participantes e das peroas que aisstan ao acto. Ademáis, hanse de ter en conta as seguintes consideracións:
- Participación: Aberta a todos os públicos e de carácter gratuíto.
- Presentación: Para facilitar o labor do xurado, requírese unha cantidade mínima de 13 unidades por sobremesa.
- Elaboración: A receita será de libre elección, respectando sempre a forma e a esencia tradicional de cada doce.
- Inscrición: No momento da entrega, cada participante deberá achegar un sobre pechado cos seus datos persoais (nome, enderezo e teléfono de contacto).
BASES DO CONCURSO DE ORELLAS E FILLOAS 2026
As bases completas están dispoñibles nas redes sociais e na páxina web do Ateneo Santa Cecilia pero podemos facilitalas a continuación para coñecemento dos nosos lectores:
* A celebración do concurso terá lugar o día 17 de febreiro, martes de Entroido, no local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno, 42- Baixo).
* Poderán presentarse ao devandito concurso todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que demostren non ter incorrido en faltas disciplinarias ó longo destes últimos cen anos de honradez e non estar coligadas en charangas populares.
* A cantidade mínima para que o Xurado poida deliberar será de trece unidades (13 Ud.), xa sexan orellas ou filloas, que serán presentadas no Ateneo, entre as 18:00 e as 19:00 horas do mesmo martes 17 de febreiro.
* As filloas e orellas deberán presentarse acompañadas dun sobre pechado que conteña o nome da persoa participante, o seu enderezo e o seu número de teléfono.
* A preparación das filloas e orellas poderá facerse segundo o criterio das persoas participantes, pero presentándose sempre na súa forma tradicional. Exemplo: as orellas terán forma de orella e as filloas, forma de filloa.
* As lambonadas presentadas ó concurso quedarán en propiedade da entidade organizadora, que se reserva o dereito de distribuílas entre o público asistente trala deliberación.
* O Xurado estará composto por persoas designadas pola Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia.
* O fallo do Xurado, que será xusto e inapelable, darase a coñecer o mesmo día do concurso, a partires das 20:00 horas.
A participación neste concurso presupón a aceptación das presentes bases.