Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O día 18 estará na alameda de Marín a “Oficina Móbil” da campaña da Xunta “Galicia Retorna”

 Carriola.CdM..10.02.26

julio@carriola.es   

Trátase dunha instalación rodante que dá servizo ás persoas retornadas a Galicia que precisan cita previa e para realizar xestións de diversa índole e que se instalará na Alameda o día 18 de febreiro de 09.00 a 14.00h

A Campaña Galicia Retorna da Xunta de Galicia chega a Marín, unha estratexia da Secretaría Xeral de Emigración que busca ofrecer servizos de asistencia e axuda ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias.

Esta oficina móbil instalarase na Alameda de 09.00 a 14.00 horas onde, preferentemente baixo cita previa, as persoas que se cheguen poderán preguntar dúbidas sobre os trámites administrativos anteriores e posteriores ao retorno; sobre prestacións, subvencións e axudas, asistencia sanitaria, vivenda e formación e orientación laboral e emprego.

A cita previa pode pedirse a través desta ligazón https://emigracion.xunta.gal/actividade/retorna ou chamando ao teléfono 900 102 380.

roslev