Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Torneo de Chave, actividades infantís e concurso de orellas e filloas cubren o programa á espera do Enterro da Sardiña

 Carriola.Redacción.17.02.26

julio@carriola.es   

A festa do merengue, que cada luns de carnaval celébrase na Lameira coa organziación de “Amigos dos Rapaces”, veuse un pouco deslucida porque a chuvia persistente non colaborou moito na acelebración ainda que houbo merengues para todos e as pelexas fariñentas que están de moda neste día, tamén.

Hoxe, Martes de Carnaval que é un dos días importantes a actividade,  levaranos a barriada Virxze do Carme (antigua “Suboficiales”) onde o clube

Imaxen da entrega de trofeos carnavaleiros nunha edición anterior

“Gharaboto” ten organizado un campeonato de chave no que participarán tiradores de equipos chegados de todo o entorno como é habitual. Desde as cinco da tarde irá sucedéndose  a participación deste xa tradicional torneo que recupera un xogo moi popular noutros tempos.

Ludoxornadas, xogos infantis e concurso de filloas e orellas

Segundo aparece no programa, desde as cinco da tarde e ata as nove haberá  “Ludoxornadas” no Museo  e tamén talleres e xogos infantis na alameda con chocolatada incluida desde as seis e media, baixo a organziación do Concello.

Gañador@s do concurso do ano pasado

Ao mesmo tempo, desde as seis da tarde abrirase a recepción de filloas e orellas para participar no concurso que convoca o Ateneo Santa Cecilia. O xurado probarà as viandas, emitirá o seu veredicto e, ás oito abrirase a porta do local do Ateneo para público e participantes que coñecerán o resultado e recibirán en cada caso o premio correspondente e, entre todos, darase boca conta das filloas e orellas que quedan sobre a mesa.

Veloiro da Sardiña no Concello

A pobre sardiña está “para ir” e, no baixo do Concello, está montado o veloiro no que calquera pode pasar para testimoniar o seu pesar infinito, veloiro que se trasladarà a media tarde á alameda para que os afectados aproveiten para  chorar un pouco daquela maneira e  botarlle un grolo de viño cun cacho de pan de millo.

E despois, tamén á fatídica hora das oito en punto, iniciarase o Enterro da Sardiña saíndo do Palco da Música, con toda a parafernalia que lle é propia e, desde o Ateneo, anuncian que non haberá chuvia que o impida.

roslev