Carriola.J.Santos Pena.18.02.26
O Entroido vaise coa cinza deste mércores cando a sardiña, protagonista esencial no Entroido de Marín, xenuino espectáculo restacado de, alomenos un século antes, dea o seu derradeiro paseo por Marín adiante entre choros e risas “serias” e despois de escoitar a ladaíña que o Bispo fará como manda a tradición na Praza do Reloxo, ateigada como nos vellos tempos de miles de persoas. A pobre sardiña tivo este ano, aínda por riba, que sufrir uns derradeiros días pendente do “diluvio” o que non arredará, como manda a tradición, as ceremonias do seu triste final
DESAFIANDO A PROHIBICIÓN DO ENTERRO NOS TEMPOS DA DITADURA
Esta noite escoitaremos os sons do “cantemos todos/ la triste suerte/ que dio la muerte/ al carnaval...” e da música da banda que acompaña á comitiva, e quero rescatar hoxe un episodio vivido hay uns cantos anos, cando a ditadura estaba disposta a non consentir desmáns deste tenor e tiña prohibidos os Entroidos (que deron en chamar, finamente, “Fiestas de Primavera” para contentr á xente) e, moito máis, o Enterro da Sardiña que era, e sigue sendo, unha irreverente parodia que a moitos non lles gusta mirar.
Foi aquela noite en que, despois de ensaiar coa rondaia que dirixía Vinteño, que ata me parece que era o alcalde de Marín daquela, home culto, músico e compositor que deixou moitas cancións populares que aínda soan por aquí de vez en cando, aos máis trasgos do lugar, léase Eduardo Otero “Molas”, Manuel Rodríguez “O Norteiro”, Marcelino Liberato, José Soto “Patata” e outros que tal, decidiron saltar todos os controis e celebrar porla súa conta un Enterro da Sardiña cun ollo posto na pola popa da comitiva por se había que saír correndo, o que era o máis posible, nun momento dado.
E, alá xa de noite, arrancaron pola rúa da Calzada e polo Busto, onde xa podemos lembrar que iluminación tiñan daquela, bombillas de 25 W de cen en cen metros, e que non estiveran fundidas.
Molas, Liberato e Norteiro puseron por diante a José “Patata” e outro máis do que non puden saber a súa identidade, portando os faroles que foran buscar “prestados” ao mesmísimo cemiterio da Raña. Tras deles un non pequeno grupo doutros arriscados seguindo as instruccións de Molas e de Liberato co: “Cantemos todos / la triste suerte / que dio la muerte, / al carnaval. / Los ecos tristes / de la campana / suenan al fin / din – dan” ao ritmo do balanceo dos candils do cemiterio que levaba e facían bailar de lado a lado, José “Patata” e o seu compañeiro.
Pola Calzada, e ata o Busto dabaixo, aquel pantasmal grupo, no seu paso polas lúgubres rúas, daquela caseque a oscuras de todo, foi espertando aos veciños que escudriñaban, se cadra un pouco (ou moito) asustados, por detrás de cortinas e postigos das xanelas, ao seu paso.
¡Menudo disgusto lle deron a Vinteño, que era, ademáis do xefe e director da rondaia, o mesmísimo alcalde que, ao día seguinte, non se resistiu a poñer o grito no ceo, cabreado con todos eles, e amenazándoos con levalos presos, aínda que a cousa non pasou daí por aquela vez e, seguramente, porque o propio Vinteño non querería quedar sen músicos na súa rondaia.
Tal, sen que poda fixar a data concreta, pasou hai preto de setenta anos, cando á Policía e á Garda Civil non se lle escapaba unha, pero os arriscados compoñentes daquela comitiva cumpliron co seu deber carnavaleiro saltando as ríxidas normas do réximen que todo o mandaba e casi todo o prohibía.
O Enterro da Sardiña de Marín estivo sempre vivo, aínda que dormido á espera de que o Ateneo, a fináis dos setenta e cando deixou de “chover”, volvera a poñelo a andar co crecente interés popular como quedará demostrado hoxe, mercores de cinza deste año.