Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG convoca para mañán venres unha asamblea veciñal na Casa de Cultura de Ardán

Carriola.Redacción.26.02.26

julio@carriola.es   

A reunión terá lugar este venres, 27 de febreiro, na Casa da Cultura ás 19.30 horas. A formación nacionalista, ademais de amosar as iniciativas levadas a cabo, tamén recollerá propostas e necesidades da veciñanza.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) convoca unha asemblea veciñal en Ardán este venres, 27 de febreiro. A reunión terá lugar na Casa da Cultura ás 19.30 horas e, ademais de amosar as iniciativas levadas a cabo polo BNG, tamén se recollerán propostas e necesidades da veciñanza.

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, convida á participación da xente e dos colectivos culturais, veciñais e deportivos, xa que é unha oportunidade para compartir ideas nun espazo de debate aberto e contribuír ao desenvolvemento local.

“Cremos firmemente que a política do si é a de non darlle as costas á xente, polo que continuamos coa nosa rolda de visitas polas parroquias do concello, unha iniciativa deseñada para fortalecer lazos e asegurar que todas as voces sexan escoitadas”, afirmou a formación nacionalista.

Desde o BNG lembran que estes encontros pretenden construír o futuro do concello

roslev