Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Instituto Illa de Tambo acolle o inicio do proxecto “Relevo Xeracional” no territorio do GAP da Ría

Carriola.R.27.02.26

julio@carriola.es    

O IES Illa de Tambo, en Marín, acolleu este a primeira sesión do proxecto ‘Relevo Xeracional: O Futuro do Mar’ no territorio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) , dando comezo ás actividades previstas nos centros educativos da zona.

A formación está destinada ao alumnado de 4º de ESO e ten como finalidade achegar a realidade actual do sector marítimo-pesqueiro galego á mocidade, dar a coñecer as opcións formativas existentes —especialmente a Formación Profesional Dual marítimo-pesqueira— e espertar o interese por un ámbito profesional clave para a economía das comunidades costeiras.

Durante a sesión desenvolveuse unha actividade participativa que permitiu ao estudantado coñecer as saídas profesionais vinculadas ao mar, a evolución do sector cara a modelos máis tecnificados e sostibles e a importancia de garantir o relevo xeracional para asegurar a continuidade da actividade pesqueira.

Próximas sesións

Nos vindeiros días celebrarase unha segunda sesión no propio IES Illa de Tambo para dar continuidade aos contidos. Ademais, o Centro Plurilingüe Sagrado Corazón Placeres, tamén acollerá esta formación nas próximas datas, ampliando o alcance do proxecto no territorio.

‘Relevo Xeracional: O Futuro do Mar’ é unha iniciativa impulsada polos GALP galegos, en colaboración coa Consellería do Mar e co financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). O proxecto busca fortalecer o vínculo entre o sistema educativo e o tecido produtivo, promovendo a implicación do sector na formación da mocidade e contribuíndo á sostibilidade económica, social e ambiental das zonas pesqueiras.

roslev