Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo S. Cecilia valora positivamente a celebración do Enterro da Sardiña e expresa os seus agradecementos

Carriola.Redacción.28.02.26

julio@carriola.es   

A  directiva do Ateneo Santa Cecilia, entidade cultural que organiza o “Enterro da Sardiña” en colaboración coa programación do Entroido do Concello fai unha valoracion positiva da celebración do acto teóricamente final do carnaval marinense, festa recoñecida como de “Interés Turístico de Galicia”.

Asemade expresa nun comunicado o recoñecemento a participantes, colaboradores e medios de comunicación coa seguinte nota:

Dende o Ateneo Santa Cecilia queremos agradecer a colaboración prestada no desenrolo do Enterro da Sardiña ás comparsas de Marín, especialmente a Amigos dos Rapaces, que estiveron á nosa disposición dende as 11:00 h da maña ata o peche da xornada. Así mesmo, estendemos o noso agradecemento á Asociación Cultural Ronsel, á Asociación Cultural As Sonecas de Poio, a tódalas persoas que forman o grupo de Autoridades do Enterro e á Policía Local pola súa labor fundamental ao longo de todo o percorrido da procesión. Mención especial merecen tamén os medios de comunicación, comezando pola TVG, que conectou tanto pola mañá como pola tarde, dando visibilidade a esta festa tradicional en todo o territorio galego. Non queremos esquecer tampouco á prensa local e demais medios de comunicación pola súa ampla cobertura. Por último e non menos importante, grazas a tódalas persoas que a pesares da climatoloxía adversa se achegaron para participar e manter viva esta tradición.

Pois pola parte que nos toca, recíprocamente agradecemos a xunta directiva do Ateneo e ás persoas que fan posible cada ano con su inxente traballo de semanas esta tan importante festa que pon a Marín en lugar destacado cada mércores de cinza. E que sexa por moitos anos.

roslev