Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Parque Eguren acolle de novo mañán sábado unha nova sesión do “Mercado3R” con numerosa asistencia e oferta

Carriola.Redacción.06.03.26

julio@carriola.es   

Este sábado 7 de marzo de 11 a 13:30, volta o parque Eguren o Mercado3r o completo recuperando a sua axenda,con todos os seus postos cubertos. Afianzando este lugar de encontro para os veciños, pequenos e grandes, nas mañás dos sábados.
A anpa Aidón que o organiza,  desta volta convída non so a facerlles compaña, pasear, mirar e mercar, nos seus postos, se non a xuntarse alí para xogar, concretamente cun dos productos que nunca fallan no mercado, as cartas pokemon.
Xa que deste mercado as cousas non marchan para se gardar nun alboio ou esconderse nun caixon, se non para ser usadas e esgotar toda a vida que lles queda, como fixeron en edicións  anteriores compradores que acudiron andando  e marcharon rodando en bici ou patins, vestidos de rua e marcharon disfrazados de abella, coa tetera na man, unha faltriqueira a cintura, unha cámara de fotos pendurada do pescozo, o canciño de trapo no colo ou lendo o libro vello nunhas novas mans.
O Mercado3r é un espazo cheo de vida,  para dar vida a unha veciñanza que cada vez acude con mais ganas e mais curiosidade a ver que e o que ali teñen montado estes rapaces e cada sábado ten maior asistencia de persoas interesadas ou curiosas por saber o que pasa no recinto de Eguren que tanto chama a atención.

roslev