Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Asociación Almuinha convoca unha concentración polo 8M na praza 8 de Marzo ás 19 horas

 

Carriola.Almuinha.08.03.26

julio@carriola.es    

A Asociación Cultural Almuinha convoca á veciñanza a participar na concentración que terá lugar o vindeiro domingo, 8 de marzo, ás 19:00 horas, na Praza 8 de Marzo de Marín, con motivo do Día Internacional das Mulleres.

A Asociación Cultural Almuinha, baixo o paraugas da Marcha Mundial das Mulleres, convoca á veciñanza de Marín a participar na concentración que terá lugar hoxe domingo, 8 de marzo, ás 19:00 horas, na Praza 8 de Marzo, con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Esta convocatoria pretende ser un espazo de encontro, reflexión e reivindicación para lembrar a loita histórica das mulleres polos seus dereitos e para seguir reclamando unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Neste espazo contaremos coa voz da artista local Zeltia Irevire, que nos acompañará a todas as persoas presentes a berrar un pouco máis alto, pero non mais claro, que os dereitos das mulleres non se venden.

O 8 de marzo é unha data clave para visibilizar as desigualdades que aínda persisten e para reafirmar o compromiso colectivo coa defensa dos dereitos das mulleres.

Dende Almuinha anímase a todas as persoas a participar nesta concentración e a facer do 8M un día de reivindicación, unión e esperanza.

roslev