Carriola.Redacción.12.03.26
La denominada “Plataforma Veciñal de San Xulián” está dispuesta a oponerse a la instalación de diversos servicios de atención a su flota de vehículos que la empresa Urbaser quiere poner en la explanada de la Cantera y ya llueve sobre mojado porque esa misma postura del colectivo tuvo fuerte repercusión en otra época por similar intención
Y desde el colectivo que se considera afectado por esta intención de la empresa mencionada, ha celebrado una reunión de la que emana un comunicado que reproducimos a continuación íntegramente:
“A localización proposta resulta totalmente inadecuada, ao tratarse dunha parcela situada en solo rústico de uso dotacional, nun entorno rural habitado e moi próximo a vivendas.
A instalación preténdese situar:
- a 25 metros dun curso fluvial,
- a apenas 50 metros de vivendas,
- e fronte a unha parada de autobús escolar.
A implantación dunha infraestrutura destas características —destinada ao aparcamento de camións do lixo, lavado industrial de vehículos, taller de reparación e punto limpo municipal— suscita serias dúbidas de legalidade urbanística, ambiental e sanitaria.
Segundo a normativa vixente, poderían verse afectadas diversas leis e regulacións, entre elas:
- Lei 2/2016 do Solo de Galicia, relativa aos usos permitidos en solo rústico.
- Texto Refundido da Lei de Augas (RDL 1/2001)e Lei 9/2010 de Augas de Galicia, pola proximidade ao curso fluvial e o risco de vertidos.
- Lei 37/2003 do Ruído, pola proximidade das vivendas a unha instalación con tráfico constante de camións e actividade mecánica.
- Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados, pola presenza dun punto limpo e almacenamento de residuos.
- Lei 21/2013 de avaliación ambiental, que podería obrigar a un estudo de impacto ambiental previo.
A actividade prevista podería xerar ruídos, vertidos contaminantes, manipulación de residuos, proliferación de roedores e insectos na zoa e un incremento significativo do tráfico pesado, con consecuencias directas sobre a calidade de vida dos veciños e sobre o medio natural.
Desde a Plataforma Veciñal consideramos que non é razoable situar unha infraestrutura deste tipo nunha parroquia rural habitada, existindo alternativas moito máis axeitadas.
A propia empresa dispón actualmente dunha nave no polígono industrial de Barro, unha zona industrial preparada para este tipo de actividade e afastada das vivendas.
A Plataforma Veciñal de San Xulián defende:
- a protección do medio rural
- a saúde e o descanso dos veciños
- o respecto á legalidade urbanística e ambiental
Por todo isto, manifestamos o noso rexeitamento frontal á instalación desta infraestrutura na canteira de Pardavila i esperamos dos responsables políticos municipais a defensa dos intereses veciñais. O rural, unha vez mais ven a soportar o que ninguen quere. Calquera iniciciativa para a instalación nos vai a ter enfrente , dentro da legalidade, como non podería ser de outro xeito”.