Carriola.CdM.24.03.26
O Concello de Marín está levando a a cabo tarefas de mantemento e mellora das infraestruturas que máis se viron afectadas polo paso do inverno. Ademais de continuar co bacheo de vías municipais, está en proceso de mellorar os aparcadoiros disuasorios. O de Ponte Zapal xa está listo e continuarase co resto de bolsas de estacionamento á maior brevidade posible.