Carriola.Jonathan Carreira.25.03.26
Xa se coñece á gañadora da campaña “Semana do Pai Estrela”, acción de dinamización que se puxo en marcha do 16 ao 21 de marzo, a través da cal os clientes, podían rexistrar na web “Comercio de Marín” os seus tickets de compra, optando deste xeito a gañar a tarxeta regalo de 50€ que se sorteaba.
A gañadora foi Jéssica Cárdenas García, por unha compra efectuada en Orballo da Ponte o pasado día 21.Jéssica, xa dispón dos 50€ na súa tarxeta de fidelización de “Comercio de Marín”, que neste caso deberá gastar no citado establecemento.
Nesta edición, mobilizáronse 7.558,69€ e a campaña contou co confinanciamento da Xunta de Galicia.
Nova campaña de dinamización
O luns 30, poremos en marcha unha nova acción de dinamización comercial coa finalidade de incentivar as compras e premiar a fidelidade dos clientes.