Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cincuenta años cumplió ayer la celebración del “Día de la Liberación” con la entrega del premio 2026 al “Museo do Mar”

Carriola.Redacción.07.04.26

julio@carriola.es   

Marín reunió ayer un nutrido grupo de vecinos en los actos simbólicos de homenaje a Juan Gago de Mendoza y las Alarmas de Morrazo que liberaron al pueblo de la invasión francesa aquella madrugada del día 4 de abril de 1809. Se dió la circunstancia de que se cumplieron 50 años desde que se comenzó a celebrar esta efemérides

Y tal como estaba programado, a las siete de la tarde se procedió a la ofrenda de una corona de laurel en el monolito levantado justo frente a donde estuvo la instalación del “Fuerte de San Fernando”, con la ambientación musical del grupo “Os Chaneiros” que interpretaron, además de varias piezas de su repertorio, el Himno Galego previamente a la colocación de la corona al pie del monolito.

Acto institucional en el Museo Torres

Posteriormente los asistentes se trasladaron al Museo Torres en cuyo salón se desarrolló el acto institucional con la presencia de miembros de los tres partidos de la Corporación Municipal con la alcaldesa María Ramallo y representaciones de la Escuela Naval Militar y el Puerto (Presidente de la Autoridad Portuaria y Capitán Marítimo), junto a los promotores del Museo do Mar, encabezados por su presidente, Jose Antonio Pérez Santiago y público en general.

Cuatro intervenciones que se sucedieron en el transcurso del acto que fue dirigido por la concejala Marián Sanmartín y el momento de la entrega del “Premio Liberación 2026” al Museo do Mar, compusieron un acto de recuerdo de la gesta histórica y el realce de la labor de la institución premiada.

Inició los discursos José Iglesias quien diserto sobre el momento históricoque se celebraba diciendo:

Cando Marín era propiedade do Mosteiro de Oseira, comezou unha etapa de desenvolvemento do comercio, tanto interior coma costeiro. Grazas a isto, o porto foi gañando importancia, sendo utilizado ata entón pouco máis ca como fondeadoiro de pequenas dornas.

Fíxose entón necesaria a defensa da vila. É nese contexto cando xorde a idea, por parte do prior, de construír un forte: o de San Fernando, en honra ao rei Fernando II de Aragón, Fernando o Católico, no ano 1521. A súa construción foi encargada aos monxes Juan Álvarez e Antonio Jambrino.

Ata ese momento, Marín contaba únicamente co castelo da Mouta, situado onde hoxe está o concello, totalmente insuficiente e mal posicionado para defender o fondeadoiro.

Como todo forte da época, era austero e funcional: un muro alto de pedra e unha edificación principal no interior, onde se aloxaba a guarnición.

Levantado onde hoxe se atopa a Escola Naval, ocupaba aproximadamente desde a zona da piscina —a rúa do Forte aínda marca o camiño— ata o que foi o antigo hospital, estando o edificio principal onde hoxe se sitúa a dirección do centro militar.

Cómpre lembrar que naquela época toda a zona baixa da Escola era mar. O que hoxe son o mercado de abastos, a comisaría e a Praza de España era entón a desembocadura do río Lameira e a praia da Almuiña, co barrio da Banda do Río e a fonte que aínda hoxe se conserva.

O forte contaba, presumiblemente, con pezas de artillaría defendendo o exterior da ría, o fronte cara a Tambo e a enseada do Lameira, cara ao interior.

Todo isto que lles acabo de contar é para situarnos no escenario da xesta da nosa liberación, porque hoxe non queda ningún indicio físico da localización do forte, máis alá dalgún gravado de comezos do século XX. Pero para comprender realmente o que aconteceu, tamén e interesante entender o momento.

Falamos dunha época na que o exército estaba desartellado, sen cohesión nin unidade. Un contexto de desorde, máis de reacción que de planificación. E nese escenario aparece a figura de Juan Gago de Mendoza.

Todo indica que encabezou as alarmas do Morrazo e o asalto ao forte máis por oportunidade que por ambición militar. Non era unha operación de manual, senón a resposta decidida dun home e dun pobo nun momento clave.

Posteriormente, o coronel Pablo Morillo , ascendido tras os feitos de Vigo, onde os franceses se negaran a renderse ante un oficial de menor rango, decidiu degradalo

Gago, lonxe de enfrontarse a esa decisión, acatouna con disciplina castrense. E non só iso: acudiu tamén en apoio de Morillo na batalla de Pontesampaio, a bordo dunha lancha cañoneira. Chegaron coa batalla xa comezada, o que deu lugar ao coñecido —e inxusto— dito: “xente de Marín, tropa do carallo”.

A historia, ás veces, tamén se constrúe con medias verdades. E mesmo as alianzas eran cuestión de conveniencia. En Marín recibimos axuda dos ingleses, non por afinidade, senón porque o seu odio a Napoleón era maior ca calquera outra consideración.

Paradoxicamente, o propio Gago de Mendoza exercera como corsario, atacando buques ingleses na súa ruta entre O Porto e Gran Bretaña.

Así era aquel tempo. Un tempo de intereses cruzados, de decisións rápidas e de xente común facendo historia. E poderiamos preguntarnos hoxe: deberiamosmos esixir perdón a Francia pola invasión? Eu creo que non, nin cre que eles o fixeran Porque a historia non se escribe para pedir perdón. Escríbese para ser lembrada, aprender dos erros Para non esquecer quen fomos…e para entender quen somos.

Porque hai datas que non pertencen ao pasado; pertencen á memoria viva dun pobo. O catro de abril de 1809, Marín ergueuse. Non con exércitos profesionais, senón coa forza da súa xente: labregos, mariñeiros, veciños, todos eles liderados por Gago de Mendoza que decidiron loitar polo que era seu.

Aquel día, a vila recuperou a súa liberdade. Pero sobre todo, demostrou algo máis importante: que cando un pobo decide non renderse, non hai forza que o someta.

O que van escoitar agora non é só un poema épico; é a nosa memoria.

A Xesta da Liberación de Marín (1809)

Non era inverno calmo aquel xaneiro,

nin durmía a ría baixo ceo limpo.

Chegaron dende o norte, paso estrano,

as tropas alleas con ferro e dominio.

O xeneral francés, cun ollar duro,

mirou Marín coma quen mira un botín:

fondeadoiro amplo, porto seguro,

chave do Morrazo, porta do país

E o vinte e nove de xaneiro escuro

caeu a vila baixo mando estranxeiro;

o porto, o forte, o pan e o futuro

ficaron presos do soldado alleo.

Mais cando a forza pisa sen xustiza,

cando o abuso fai da noite lei,

na xente humilde prende a faísca

que non apaga exército nin rei.

Nas aldeas, nos montes, nos adros,

comezou a falarse en voz baixa,

non de medo, senón de agravio,

de terra ferida, de honra manchada.

Lucas del Val puxo verbo e razón

entre Cotobade e A Lama erguida,

e axiña responderon ao chamado

Soutelo, Caldevergazo e a mesma vida.

No Morrazo soaron as alarmas,

non de ferro nin de bronce fundido,

senón de homes deixando as leiras,

collendo fouzas, paus e o destino.

Mais que eran as alarmas?

Eran o pobo en pé,

parroquia a parroquia,

sen escola militar, pero con fe.

E á fronte delas, coma vento bravo,

ergueuse Juan Gago de Mendoza,

hidalgo de Aguete, señor do Chilreu,

nome de pedra e vontade poderosa.

Homes de Ardán, de Santomé,

de San Xulián baixaron ao camiño;

con eles mulleres, mozos e rapaces,

porque na liberdade ninguén é pequeniño.

Chegou así a noite do tres de abril,

calada, espesa, chea de agarda.

O bosque cubriu coa súa sombra antiga

os que ían cambiar o curso da alba.

Dende o mar, dúas fragatas aliadas,

con armas, lume e axuda,

Mackinley ao mando, palabra dada,

canóns ingleses contra a usurpación muda.

Pola Almuiña romperon as ondas,

lanchas cañoneiras facendo tronar;

Tambo respondeu con voz de ferro

e o forte empezou a tremer e estoupar.

Mais foi dende arriba onde naceu a xesta,

onde o monte se fixo espada e grito.

Do bosque espeso, coa aurora aínda presa,

caeron os nosos coma raio bendito.

Pouca vixilancia, sono confiado,

o francés non viu chegar a verdade:

o pobo entrando en tromba, sen medo,

coa fame de xustiza por única vontade.

Cando o sol ergueu o seu disco dourado,

San Fernando xa non era alleo:

vinte mortos deixou ó invasor,

setenta e oito presos polo seu empeño.

Dos nosos non falan as crónicas vellas,

mais sabemos o prezo da terra libre:

ninguén gaña vila sen sangue,

ninguén fai historia sen quen a escribe.

Hoxe non queda pedra do forte erguido,

ou iso creemos ao mirar arredor;

mais quizais vive nos muros da vila,

sostendo casas, memoria e honor.

Non hai estatuas para aqueles nomes,

nin mármore frío co seu apelido.

Hai algo mellor: a vila vivindo,

o porto aberto e o pobo erguido.

Cada vez que Marín mira á ría

e o vento do suroeste trae sal,

volven aquelas voces sen uniforme

que nos ensinaron a non calar.

Porque a liberdade non nace nos libros,

nin chega vestida de uniforme brillante.

Nace cando un pobo decide ser dono

do seu pan, da súa terra e do seu instante.

E mentres aquel catro de abril se lembre,

i en Marin contemos a historia dos nosos pais

a nosa xente non se rende,

nin onte, nin hoxe, nin xamais

Terminado el discurso de José Iglesias, los asistentes premiaron su pieza histórico-literaria con prolongados aplausos

Semblanza del Museo do Mar

 A continuación se leyó una semblanza del Museo do Mar desde los inicios de su existencia que se basaron en la decisión e ilusión de un marinero jubilado, José Antonio Pérez, gran aficionado a recolectar piezas de interés del mundo del mar que encontró a un grupo de personas que quisieron apoyarlo en la consecución de un local para establecer el Museo,local que fue cedido gratuitamente por ABANCA mientras no lo necesita y en el que se instaló el incipiente museo con numerosas piezas del propio Pérez Santiago y otras donadas o cedidas por personas e instituciones hasta el punto en que ya no es posible recibir nada más porque el museo está colmado absolutamente.

El ponente insistió en la labor de Pérez Santiago y sus colaboradores y reclamó, aprovechando la presencia de representantes de adinistraciones que podrían facilitar la consecución de un nuevo Museo, para pedir interés por dotar a Marín de esta institución de gran valor etnográfico, educativo y turístico.

Terminó destacando la labor adicional del Museo do Mar con numerosas e interesantes actividades a lo largo del año y felicitó a sus representantes allí presentes por el esfuerzo que han realizado y realizan en pro de dotar a Marín de tan importante institución.

Intervención de la alcaldesa

Antes de la entrega del “Premio Liberación 2016” y de escuchar las palabras de agradecimiento por ello que pronunció el secretario de la institución,

Xosé María Vilaboa,

intervino la alcaldesa María Ramallo en los siguientes términos:

Autoridades, compañeiros e compañeiras de Corporación, premiados… Veciños e veciñas… Grazas a todas as persoas por estar hoxe aquí, neste 4 de abril algo tardío pero igualmente importante importante porque hoxe todo o Museo Torres cheira a salitre. É un día de memoria e de identidade. Un día no que o mar está máis presente ca nunca.

Dicía moi ben Jose Antonio no vídeo que o noso escudo xa nos define como pobo. Do mar naceu a nosa fortuna e tamén foi o que nos imprimiu un carácter propio, un xeito de ser.

María Ramallo durante su intervención

O mar é sinónimo de moitas cousas: de paisaxe, de traballo, de esperanza, de medos, de perigos… Creo que podo dicir que en todos os fogares de Marín aprendimos a amalo e a temelo por igual. Tamén é sinónimo de tradición e de coñecemento. Hai oficios só nosos, aparellos só nosos e gamelas e embarcación tradicionais que só se ven no entorno da nosa comarca.

A fauna e a flora baixo o noso mar é inmensa, interesante e chea de curiosidades, case outro mundo que apenas coñecemos. Temos formas propias de elaborar o peixe, formas propias de chamalo… Temos a diferenciación a golpe de ola e é a nosa responsabilidade facer chegar todo este patrimonio material e inmaterial ás novas xeracións.

Placa del premio concedido ayer al Museo do Mar

Por iso, o Museo do Mar cumple un labor importantísimo desde que naceu. Conservades, seleccionades, documentades e difundides todo o que ten que ver co noso mar. Polas vosas instalacións pasan nenos e nenas de todas as idades, en visitas cos coles, que seguramente abran ante si un mundo que descoñecían ou no que non repararan con tanta atención. Tamén pasan moitos adultos que se reconcilian coas súas raíces.

E todo isto grazas á vosa convicción e determinación. Teño que darvos as grazas por esta aposta clara que tiñades. Apostábades por un Museo. Atopastes un local, conseguistes fondos para expoñer e a día de hoxe seguides facendo labor de dinamización, con novas iniciativas como o Festival de Cine do Mar, do que poderemos gozar en breve.

Parabéns, polo tanto, por este galardón enormemente merecido que o xurado non tivo apenas nin que debater, porque era unha pretensión unánime: a de poñer en valor todo o voso traballo e a vosa paixón.

E grazas de novo por seguir aportando e sumando. Pronto poderemos ver a placa que se colocará no antigo Cemiterio de Chalanas, que fixemos xunto con vós, e que servirá como homenaxe a todos os homes e as mulleres do mar. 

Terminó la regidora municipal agradeciendo la asistencia de autoridades y representaciones y las intervenciones de los ponentes en el acto y finalizó llamando a los miembros del Museo do Mar para hacerles entrega de la estatuilla y la placa del premio Libereación 2026.

Premiados y autoridades asistentes al acto de ayer  en el Museo Torres

roslev