Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A “Plataforma de Seixo” teme que non se cubran axeitadamente as xubilacións na enfermería do Centro de Saúde

Carriola.Iria Aboy (*).08.04.26

julio@carriola.es   

A Plataforma diríxese á xerencia da Área porque se xubila o 100% do persoal de enfermería de Seixo e non queremos que volvan os problemas para pacientes e persoal polo que demandamos a cobertura a tempo completo das dúas prazas ante a súa inminente xubilación e non imos permitir ningunha merma nos servizos do noso centro

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, vén de dirixirse ao xerente da Área Sanitaria Pontevedra – O Salnés, José Flores, para demandar a cobertura a tempo completo das dúas prazas de enfermería de Seixo ante a súa inminente xubilación. Tanto a xubilación da enfermeira como do enfermeiro vanse producir en maio sen que, ata o momento, se saiba cal é a previsión que ten a xerencia para a cobertura do seu cupo.”

Ante a xubilación do 100% do persoal de enfermería, o malestar e desconfianza entre a veciñanza medra conforme nos achegamos a maio, xa que están moi presentes os problemas no noso centro de saúde; primeiro, coa xubilación dunha das dúas prazas de enfermería e dun dos facultativos en 2021 e, despois, coa xubilación do outro facultativo o pasado verán de 2025, sen que a xerencia fixese unha adecuada cobertura o que derivou en problemas para pacientes e persoal.

Non queremos que se volva repetir esta situación, e no escrito amosámoslle a nosa firme vontade de defender a cobertura de ambas dúas prazas, a tempo completo e de maneira estable, mesmo antes de que se produzan as xubilacións.

Sabemos que noutros centros de saúde amortizaron unha das dúas prazas e deixárona sen cubrir. Nós xa temos unha auxiliar compartida co Centro de Saúde de Marín e unha celadora que fai de administrativa, polo tanto non imos permitir ningunha merma máis nos servizos que temos e non imos aceptar nada menos que a cobertura das dúas prazas de enfermería.

No escrito presentado onde demandamos que, de forma oficial, clara e detallada se informe, tamén por escrito, de como a Xerencia vai proceder á cobertura destas xubilacións, dende o día seguinte a producirse, para garantir a atención sanitaria que ata o momento tiveron as e os pacientes, sen que se produza unha diminución deste persoal nin da súa xornada laboral que derive en sobrecarga e saturación para o resto do persoal do Centro de Saúde de Seixo.

 Como Plataforma anunciaremos un calendario de accións para chamar a defender a atención primaria do concello porque “sen persoal non pode haber atención sanitaria digna”.

 * Iria Aboi Ferradás, portavoz da Plataforma

roslev