Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Convocada unha concentración diante do Centro de Saúde para protestar polas lista de espera e incluso para receitas.

Carriola.Iria Aboi (*).11.04.26

julio@carriola.es   

A Plataforma participará da mobilización xeral contra o deterioro da atención primaria impulsada por SOS Sanidade cunha protesta en Marín este luns 13 de abril, ás 20:30h, diante do Centro de Saúde da vila “a situación é grave, hai lista de agarda ata para solicitar receitas”

A “Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín”, que agrupa a máis de 20 colectivos, informa de que participarán da mobilización xeral contra o deterioro da atención primaria impulsada por SOS Sanidade Pública prevista para o luns 13 de abril, cunha protesta diante do Centro de Saúde da vila ás 20:30h porque a situación é grave, hai lista de agarda ata para solicitar receitas.

Se está a facer un desmantelamento da sanidade pública, e especificamente da atención primaria. Antes da pandemia ninguén pensaría ter que agardar semanas para consulta de medicina de familia. Hoxe ata hai lista de espera para conseguir receitas.

Acompañan esta denuncia os datos que confirman que en 7 cupos do Centro de Saúde de Marín as esperas dos pacientes van dende os 15 ata os 20 días nos cupos da Dra. Sonia Aguiar, Dra. Beatriz Rivas, Dr. Pomares, Dr. Segovia, Dra. Dolores Rivas, Dra. Carmen Santos e Dra. Patricia López. Para matronas tamén hai que agardar dúas semanas. Non centro de Saúde de Marín, hai unha nutricionista que só consulta 2 días á semana e ten a primeira cita libre o 2 de xuño. Tamén hai dúas fisioterapeutas que non son suficientes porque a demora pode chegar aos catro meses. A iso hai que sumarlle a falta de previsión e información ante a xubilación en maio de todo o persoal de enfermería do Centro de Saúde de Seixo.

A Xunta di que nunca tanto se inverteu en sanidade pero debe ser na sanidade privada porque a realidade que vivimos as e os pacientes nos centros de saúde é outra. Con esta falta de financiamento, de persoal, de organización e de xestión a nosa atención primaria irá a peor se non a defendemos.

A Plataforma informa de que Marín volverá saír á rúa en defensa da sanidade pública polo día mundial da atención primaria o luns 13 de abril, cunha protesta diante do Centro de Saúde de Marín ás 20:30h. O lugar escollido foi o Centro de Saúde de Marín porque o de Seixo non abre polas tardes.

A concentración celebrarase de maneira simultánea en diferentes puntos do territorio galego como Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Ribeira, Viveiro, Redondela e Moaña entre outros, convocada por SOS Sanidade Pública, entidade que agrupa plataformas sanitarias galegas e da que forma parte a marinense que anima á veciñanza a participar na concentración para defender unha atención primaria de calidade, próxima, equitativa e digna. Non podemos dar por boa a situación. As listas de agarda superan amplamente o límite recomendado de 48h para unha consulta ordinaria, o que repercute no seguimento de enfermidades e nas urxencias, e sobrecarga o persoal. Fronte a isto só queda a mobilización en defensa da nosa saúde”

(*) Iria Aboi Ferradás, Portavoz da Plataforma de Seixo/Marín 

roslev