Carriola.Redacción.12.04.26
O primeiro seminario que se celebrou onte no Museo Torres foi aberto pola concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, e contou cun bo número de participantes. Falouse sobre cales os os trámites básicos para arrancar unha empresa.
A concelleira de Promoción Económica,

Beatriz Rodríguez, inaugurou esta semana a formación gratuíta impulsada polo Concello de Marín para que as persoas que acaban de emprender ou teñen unha idea de negocio poidan resolver todas esas dúbidas iniciais que son básicas para a posta en marcha dunha iniciativa empresarial.
Trámites básicos
O primeiro dos seminarios, que son impartidos por parte de Óscar Rey, membro do Consello Xeral de Economistas e Asesores Laborais e director do Programa Integrado de Emprego de Marín, centrouse nos trámites básicos que hai que realizar á hora de arrancar cun negocio.
Próximas sesións
As seguintes sesións, que serán os xoves 16 e 23 de abril, centraranse nas distintas vías de financiación ás que é posible acceder as persoas e en cales as obligacións formais, contables e rexistrais.
Beatriz Rodríguez valorou moi positivamente esta primerias sesións e manifestou “Cremos que esta é unha oportunidade moi boa para animar a persoas a que den ese paso pois, a creación de empresas e a chegada de novos autónomos aos municipios, sempre é sinónimo de progreso e por iso desde o Concello queremos poñer todas as ferramentas posibles”.