Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Mar e Rías&Turismo” anima a traballadores da pesca complementar a formación con cursos en liña Carriola.GALP.15.04.26

GALP.15.04.26

julio@carriola.es   

proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo continúa desenvolvendo a súa oferta de formación complementaria en liña, dirixida tanto a persoas que xa traballan en actividades de pesca turismo ou turismo mariñeiro como a aquelas interesadas en iniciarse neste ámbito. A iniciativa, que botou a andar o pasado mes de febreiro, ten como obxectivo reforzar competencias clave relacionadas coa atención ao público e a mellora da experiencia turística vinculada ao sector pesqueiro.

Aínda é posible a inscripción

A programación formativa estrutúrase en cursos titorizados en liña, nos que aínda é posible inscribirse ata o vindeiro mes de xullo. Unha vez formalizada a matrícula, as persoas participantes dispoñen dun prazo dun mes para completar cada acción formativa. Ao finalizar, recibirán un certificado acreditativo da súa realización.

A oferta inclúe os seguintes cursos:
● Habilidades sociais e atención ao público
● Atención a persoas con discapacidade
● Inglés aplicado á atención turística

Trátase de formacións clave para mellorar a calidade do servizo no ámbito do turismo mariñeiro.

As inscricións poden realizarse a través da web www.pescaeturismo.gal, na sección Formación → Cursos online, onde tamén se pode consultar información detallada sobre cada unha das propostas formativas.

Esta oferta enmárcase no proxecto de cooperación Mar e Rías Pesca & Turismo, no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia. O seu obxectivo é estender a promoción das actividades de pesca turismo e turismo mariñeiro a todas as comunidades costeiras galegas, impulsando a diversificación do sector e poñendo en valor o coñecemento e a identidade mariñeira.

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (70%) e pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia (30 %)

roslev