Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Reflexos e Refelxións”, exposición que hoxe inaugura no Ateneo Santa Cecilia o pintor marinense Miguel Vilanueva

 Carriola.ASC.17.04.26

julio@carriola.es   

Hoxe venres 17 de abril, ás 20:00 h, a sede do Ateneo Santa Cecilia acolle a inauguración de “Reflexos e reflexións”, a nova exposición pictórica do recoñecido artista marinense Miguel Villanueva, mostra que convida ás persoas espectadoras a un exercicio de pausa e contemplación nun mundo cada vez máis convulso.

Villanueva, ademais de ser pintor cunha sólida e exitosa traxectoria profesional, destaca tamén como músico, activista cultural e profundo coñecedor da identidade de Marín e de Galicia. A súa obra é o resultado dunha madurez artística que non deixa indiferente a ninguén.

O prestixioso artista polifacético Antón Sobral, tras ver parte da súa colección comenta a obra do pintor local como  “As obras que contemplamos de Miguel Villanueva interpélannos. Inda que naceron dunha fonda introspección espiritual onde o artista se analiza e mira cara ao seu interior, unha vez expostas espertan en nós diversas emocións e sentimentos pois, Miguel proponnos entrar nun espazo misterioso. As súas obras, se nos detemos a gozalas e lles dedicamos o tempo necesario, transmítennos ese silencio que o artista vive no seu retiro terreal. A visión da súa obra permítenos compartir imaxes dunha paisaxe interior onde podemos distinguir a transparencia e a invisibilidade do real chegando a superar a comprensión dunha obra madura, elaborada e auténtica. Fronte ás guerras (que vivimos na actualidade) que nos producen medo, morte, tristura e terror a obra de Miguel achéganos esperanza, vida e ledicia de vivir. Esta concepción terapéutica da creación faise evidente como cando escoitamos a súa música ou establecemos ATENEO SANTA CECILIA DE MARÍN un diálogo. Un libro, unha película que nos gusta, convídanos a identificarnos coas personaxes e a esquecernos momentaneamente do ruído exterior, ese ruído das bombas e os disparos de asasinos que matan nenos indefensos e inocentes e que son televisados para maior crueldade. Un camiño de curación neste mundo hostil é a arte. Construción fronte a destrución. Harmonía e orde fronte ao caos”. 

A exposición estará aberta ao público no Ateneo do 17 ao 30 de abril. Poderase visitar libremente de luns a venres, en horario de 18:00 h a 20:30 h.

roslev