Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Alba Loureiro ofrece unha charla instructiva no Ateneo Santa Cecilia sobre “A Declaración da Renda Paso a Paso”

 Carriola.Ateneo S.C..24.04.26

julio@carriola.es    

Co inicio da campaña de Renda 2026 da Axencia Tributaria, o Ateneo Santa Cecilia convida a toda a cidadanía á charla informativa titulada “A túa Declaración da Renda paso a paso” que terá lugar o vindeiro venres 24 de abril, ás 20:00 horas, na nosa sede.

Durante a sesión abordaranse os seguintes contidos:

  • Explicaciónpráctica do funcionamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
  • Análisede casos reais utilizando a plataforma Renta Web.
  • Guía sobre os servizos de asistencia dixital que ofrece a Axencia Tributaria para presentar a declaración con total seguridade.

A charla será impartida por Alba Loureiro Acuña, funcionaria da Axencia Tributaria con nove anos de experiencia. Licenciada en Economía pola Universidade de Vigo, onde tamén cursou un Máster en Auditoría Financeira, iniciou a súa traxectoria profesional no sector privado. Posteriormente, superou a oposición de Técnica da Axencia Tributaria e está especializada no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

roslev