Carriola.Redacción.23.04.26
Dezaseis deportistas de España do remo foron convocados para participar no campionato europeo da especialidade e deles tres son galegos e un destes últimos marinense do Club de Remo Ría de Marín.
Trátase de Xián Gutiérrez que sunto con ribadenses Antón Balsa e Carlota Peña serán disnos representantes do deporte galego en tan alta competición europea que se ha de celebrar en Brandemburgo (Alemaña) entre o 21 e 24 de maio.

Xian competirá en 4x, formando tripulación xunto co mencionado Antón Balsa de Ribadeo, Robert Privistirescu de El Ejido, e o sevillano Manuel Cruz.
Dende o club de remo marinense expresan gran satisfcción coa progresión deportiva de Xián, ao que lle desexan moi bos resultados nesta cita internacional.