Carriola.CdM San Xulián.25.04.26
A Comunidade de Montes de San Xulián mostra a sua satisfacción pola gran acollida que tivo a xornada de portas abertas no Botánico do Lago de Castiñeiras realizada pola Fundacion Juan XXIII
Desde a Comunidade de Montes de San Xulián queremos poñer en valor o éxito do proxecto “Botánico do Lago”, desenvolvido pola Fundación Juan XXIII nas instalacións cedidas pola nosa entidade comunal no entorno do Lago de Castiñeiras, no Concello de Marín.
Queremos trasladar un especial agradecemento á Fundación Juan XXIII pola súa implicación, profesionalidade e sensibilidade social á hora de impulsar esta iniciativa, que está a converter un espazo degradado polo paso dos anos nun lugar vivo, dinámico e con impacto positivo para toda a veciñanza.
Xornada de Portas abertas
Recentemente celebrouse unha xornada de portas abertas dirixida aos comuneiros de San Xulián e ás súas familias, que foi recibida cunha excelente acollida. A cativada puido participar en talleres de artesanía da man de artesáns de Marín, mentres que os asistentes desfrutaron tamén dunha destacada

exhibición de tala con motoserra.
Os comuneiros asistentes amosaron a súa satisfacción tanto polo resultado da recuperación do espazo como polo trato próximo e profesional recibido por parte da Fundación Juan XXIII, destacando o valor humano do proxecto.
Esta colaboración, ademáis, xa está a dar froitos reais, despois de dous anos de esforzó con varias persoas con discapacidade da parroquia de San Xulián e do Concello de Marín que foron contratadas ou que actualmente están a traballar no “Botánico do Lago”, contribuíndo activamente á posta en valor deste entorno natural.
Consolídase, asimesmo a relación da Comunidade de Mont4es coa Fundación Juan XXIII, reafirmando a súa aposta por proxectos que combinan sustentabilidade, inclusión e desenvolvemento local.
Desde a Comunidade de Montes invítase a toda a cidadanía a visitar o “Botánico do Lago”, coñecer de primeira man este espazo e colaborar co proxecto a través da adquisición de plantas de interior e exterior, árbores froiteiras e accesorios de xardinería e tamén a formar parte dun proxecto que representa un exemplo de recuperación do territorio con impacto social positivo.
Visto que tuvo unha acollida fantástica nas redes sociais, con persoas preguntando polo horario facilitamos o mesmo para que a cidadania sepa o horario de atención ao publico que é o seguinte:
- De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
- Domingos:de 10:00 a 14:00