Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A visita á Illa de San Simón pon fin ao exitoso “Festival Cine do Mar” celebrado durante a pasada semana en Marín

 Carriola.Red/MdM.27.04.26

julio@carriola.es     

Máis de cen foron as persoas que participaron onte na viaxe á Illa de San Simón acto final da proramación do “Festival Cine do Mar” organizado por terceiro ano consecutivo polo Museo do Mar de Marín coa colaboración do concello e outras administracións.

A mañá do domingo 26 de abril puxo o punto e final ao III Festival Cine do Mar cunha actividade que transcendeu o propio formato cinematográfico. Cento cinco persoas partiron desde a Oficina de Turismo de Marín ás 09:00 horas en dirección á Illa de San Simón, ese recuncho da ría de Vigo cargado de historia e, sobre todo, de memoria.

O grupo desprazouse en autobús ata o porto de Cangas, onde embarcou nun dos barcos da naviera Mar de Ons. Tres guías da compañía conduciron a visita guiada pola illa, percorrendo as distintas fases da súa historia e detendo especialmente a atención no seu capítulo máis tráxico: o seu uso como campo de concentración franquista entre 1939 e 1946, período no que pasaron polo recinto preto de 6.000 persoas e no que moitas delas perderon a vida en condicións de extrema dureza.

Despois da película do venres

A visita adquiriu un valor especial polo vínculo directo co programa do festival: San Simón, de Miguel Á. Delgado, fora o filme de clausura da Sección Oficial, presentado na Biblioteca Pública Vidal Pazos co propio director, os actores Flako Estévez e Celestino Fuentes, o investigador e documentalista Antonio Caeiro, e os membros da Asociación pola Recuperación Histórica de Marín (ARMH Marín) Queta Otero e Tino Iglesias. Para moitos dos asistentes, percorrer a illa en persoa supuxo continuar, cara a cara coa historia, o diálogo iniciado na sala de proxección.

Os participantes visitaron tamén o Centro de Interpretación da illa, que ofrece un relato documentado das distintas etapas históricas do enclave: mosteiro medieval, lazareto, prisión política. Concluída a visita, o grupo regresou en barco ata Cangas e de volta en autobús ata Marín, chegando ao punto de orixe en torno ás 14:30 horas.

Coas 105 prazas, a actividade confirmou o interese do público por propostas que combinan cultura, territorio e memoria, e serviu de colofón emocionante para un festival que ao longo desta semana reuniu cine, fotografía, debate e gastronomía baixo o fío condutor do mar e das xentes que del viven.

ÉXITO DO SHWCOOKING DO CHEF MARCOS AREA

Marcos Area con su equipo del Restaurante "E"

O pasado venres tivo lugar no Espazo Emprendedor do Parque Azul o “Showcooking” a cargo do chef marinense Marcos Area do Restaurante “É” con foto completo de persoas que participaron la actividade a degustaron as especialidades maxistralmente preparada por Marcos Area quen certificou co seu bo saber que “Galicia sabe a Mar” tal como rezaba no título da actividade contida na programación do “Cine do Mar” á que no podía faltarlle o aspecto culinario.

FOTOS DE SANTI VILABOA

roslev