Carriola.XdG.29.04.26
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou onte no encontro celebrado en Marín coas lanzadeiras de emprego do programa Hubs de activación da empregabilidade, impulsado pola Fundación Santa María la Real co cofinanciamento do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Marín.
De feito, nesta cita tamén estivo o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; a alcaldesa de Marín, María Ramallo, así como representantes da Fundación Santa María la Real e participantes nas lanzadeiras.
O Conselleiro aproveitou o acto para destacar que Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados onte e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008.
Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado (onde son de 12,35 e 24,54 respectivamente).
Lanzadeiras de emprego

Estes datos coñecéronse onte coincidindo coa participación do conselleiro José González, no encontro celebrado en Marín coas lanzadeiras de emprego do programa Hubs de activación da empregabilidade, impulsado pola Fundación Santa María la Real co cofinanciamento do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Marín. De feito, nesta cita tamén estivo o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; a alcaldesa de Marín, María Ramallo, así como representantes da Fundación Santa María la Real e participantes nas lanzadeiras.
Alí o conselleiro expuxo que iniciativas como as lanzadeiras de emprego contribúen á evolución do mercado laboral. Nesta liña, púxoas como exemplo dos froitos da colaboración público-privada, xa que desde o seu inicio en xaneiro ata xuño as persoas participantes desenvolven actividades para reactivar a busca de emprego e mellorar a súa empregabilidade con novas técnicas e tendencias de mercado.
En concreto, o programa é gratuíto e semipresencial e está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos, de diferentes niveis formativos e pertencentes aos colectivos prioritarios para a Xunta de Galicia, como os parados de longa duración, persoas mozas, mulleres, persoas con discapacidade galegos retornados, inmigrantes, entre outros. Neste sentido, o conselleiro puxo en valor a formación específica e asesoramento especializado que se brinda aos participantes aos que tamén se dota de cualificación en competencias transversais demandadas polo mercado, entre elas habilidades dixitais e competencias verdes.
En canto ás lanzadeiras do programa, Marín acolle a Lanzadeira de Emprego Nómade, que se completa coa na Lanzadeira de Emprego Activa e a Lanzadeira de Emprego Despega, que alberga a sede do Centro de Orientación ao Emprendemento, na Coruña. Deste xeito, polo programa xa pasaron 30 persoas en desemprego de distintos niveis formativos.
“As lanzadeiras desta edición - expuxo José González - permitirán afianzar os resultados das anteriores. Nelas participaron un total de 130 persoas, que recibiron acompañamento ao longo de todo o proxecto en competencias dixitais e en competencias verdes, mediante sesións online e webinarios, entre outros. Desas persoas, preto dun 60% obtivo un emprego por conta allea e máis dun 10% comezou una formación regrada”.
Pulo ao talento interno
Esta medida enmárcase na estratexia que desenvolve a Xunta para mellorar as oportunidades laborais das persoas desempregadas que buscan traballar. Unha estratexia, explicou o conselleiro, que pon o foco na retención e aproveitamento do talento de colectivos prioritarios ou infrarrepresentados no mercado laboral e en atender a retos globais como o da cobertura de vacantes. Neste ámbito salientou a aposta galega pola formación flexible e adaptada a todos os perfís e ás necesidades do tecido produtivo co fito do decreto de microcredenciais para o emprego que xa está en vigor e se implantará de xeito progresivo ao longo dos vindeiros meses. Tamén apoios á formación flexible e outros como os destinados aos novos obradoiros duais, dos que proximamente se lanzará
unha nova convocatoria dirixida a concellos por 8,2 M€, coa que se prevén 16 accións de 9 meses de duración para máis de 320 persoas, tras resolverse a primeira con 82 achegas concedidas en beneficio dunhas 1.700 persoas.