Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Estrela de Marín”, asociación recentemente premiada, interven hoxe nunha xornada sectorial técnica en Santiago

Carriola.Redacción.05.05.26

julio@carriola.es     

A asociación marinense “Estrela de Marín”,  achegará a súa experiencia na mesa de traballo dedicada á zona comercial como destino competitivo, tras recibir recentemente unha mención honorífica nos Premios Nacionais de Comercio

A “Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín” participará este martes, 5 de maio, en Santiago de Compostela nunha xornada técnica de traballo centrada na análise, diagnóstico e formulación de propostas para reforzar o futuro das zonas comerciais e dos cascos históricos. Esta xornada, enmárcase dentro do “Día Internacional dos Cascos Históricos” que se celebra desde COCAHI.

A sesión reunirá xerencias de distintas zonas comerciais de España co obxectivo de compartir experiencias, identificar retos comúns e avanzar en propostas que poidan servir de base para futuras liñas de traballo institucional.

Ponencia do xerente de Estrela de Marín

O director xerente de Estrela de Marín, Yonathan Carreira Figueiras, intervirá na mesa dedicada á zona comercial como destino competitivo, un espazo de análise centrado en como reforzar o atractivo, a experiencia, o posicionamento e a capacidade das zonas comerciais para atraer tanto a residentes como a visitantes.

Desde Estrela de Marín porase en valor a importancia de contar con xerencias profesionais, planificación estratéxica, campañas de dinamización estables, colaboración público-privada e ferramentas que permitan medir o impacto real das accións desenvolvidas no comercio local.

E de M. defenderá que as zonas comerciais deben avanzar cara a modelos máis integrados, nos que comercio, hostalaría, cultura, turismo, mobilidade, accesibilidade e identidade local traballen de maneira coordinada para xerar espazos urbanos vivos, atractivos e competitivos.

Vinte anos de traballo intenso

Esta participación prodúcese nun momento especialmente significativo para Estrela de Marín, tras recibir recentemente unha mención honorífica nos Premios Nacionais de Comercio, recoñecemento que pon en valor vinte anos de traballo continuado ao servizo do comercio local de Marín.

Desde a asociación destacan que este recoñecemento supón un impulso para seguir traballando a prol do pequeno comercio, apostando pola innovación, a proximidade, a profesionalización e a defensa dun modelo comercial vinculado ao territorio insistindo en que “As zonas comerciais non poden limitarse a ser espazos de compra. Deben ser lugares de encontro, experiencia, identidade local e vida urbana. Para conseguilo, as asociacións precisan estrutura, xerencia profesional, financiamento estable e capacidade de planificación”, sinalan desde Estrela de Marín.

A xornada permitirá compartir diagnósticos e propostas con representantes de distintas zonas comerciais, co obxectivo de contribuír a un documento técnico común sobre os retos e necesidades do comercio local nos cascos históricos e zonas comerciais abertas.

roslev