Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Ría de Marín” consegue unha prata no Campionato de España absoluto de remo celebrdo no País Vasco

Carriola.CdR. RdM.06.05.26

julio@carriola.es     

Esta foi unha fin de semana movida para o club de remo marinense, que mandou as categorías inferiores e veteranos a competir á Coimbra onde conseguiron 4 metais, mentres outro grupo se desprazou a País Vasco para competir no campionato de España Absoluto.

Cunha gran participación no encoro de Urrunaga en Legutiano (Álava) e con condicións un tanto adversas polo vento, esta fin de semana País Vasco vibrou co remo olímpico de categoría absoluta.  Participaron un  total de 149 tripulacións procedentes de 32 clubes de sete comunidades. Os de Marín, que viaxaron cunha delegación de 8 deportistas en 3 tripulacións,  conseguiron voltar para casa cunha prata, xa que Paula García e Saioa Iglesias acadaron a segunda posición  na categoría de remo paralímpico. 

O resto de embarcación marinenses, se ben non subiron os chanzos do podio, conseguiron meritorias posicións. Así o dúo de Niobe Barreiro e Xián Gutiérrez quedou no top 5 da categoría doble mixto, e o cuarteto formado por Aaron García, Breogán Fariña, Anxo Blanco e Xairo Rivadulla quedaron octavos.

Regata Internacional  Queima das Fitas ( Coimbra)

Unha das embarcacións marinenses en Coimbra

Con máis de cuarenta anos de historia, voltouse a celebrar esta fin de semana no río Monego ao seu paso por Coimbra a Regata Internacional Queima das Fitas. Unha competición na que este ano había máis de 700 inscritos, e para a que os de Marín viaxaron con 22 participantes e conseguiron 4 medallas. Alejandro Estebanez conseguiu unha prata e as parellas formadas por Saleta Fariña e Carmen Estévez  e Fabián Fernández e Diego Crespo conseguiron candansúa bronce.

Próximas competicións 

A próxima fin de semana os de Marín viaxarán a Castrelo de Miño para unha nova regata de liga. A fin de semana do 15-17 de maio Niobe Barreiro viaxará a Sevilla para representar, neste caso, á Universidade de Vigo nos Campionatos de España Universitarios.  E xa cara final de mes, o 21-24 de maio,  Xián Gutiérrez viaxará coa selección española xuvenil a Alemaña para o Campionato de Europa de Remo Olímpico

Agradecementos

O club quere agradecer a axuda dos seus colaboradores, sen os que todo isto non sería posible: Concello de Marín, Deputación de Pontevedra, Plan Social Ence Pontevedra, GALP Ría de Pontevedra, Nodosa Group, Grupo Pesmar e Codisoil.

roslev