Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG celebra o rexeitamento á planta de URBASER en Prdavila

Carriola.Lucía Santos Omil (*).12.05.26

julio@carriola.es     

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebra que a Xunta de Goberno Local do Partido Popular (PP) votase finalmente en contra do proxecto promovido por Urbaser en Pardavila, despois de que os informes técnicos e xurídicos confirmasen a inviabilidade dunha actividade industrial destas características no lugar escollido. Para a formación nacionalista, esta decisión supón unha importante vitoria da mobilización veciñal e da defensa colectiva do territorio.

Lucía Santos, voceira da formación nacionalista, destaca que o ocorrido demostra, unha vez máis, que cando a cidadanía se organiza e defende os seus dereitos é posible frear proxectos inadecuados, como xa aconteceu coa mobilización social contra a macrocelulosa de Altri.

A decisión susténtase en informes técnicos e xurídicos que confirman o que o BNG levaban meses advertindo: que se trataba dunha actividade industrial incompatible co lugar escollido. A casa máis próxima sitúase a escasos metros da parcela e, ademais, existen afeccións patrimoniais pola presenza dun hórreo nas inmediacións. A maiores, a zona está condicionada polo paso do río Lameira e pola proximidade da estrada PO-313, factores que incrementaban a preocupación polos posibles impactos ambientais e sobre a calidade de vida da veciñanza.

Esta problemática foi trasladada ao Parlamento de Galiza polo parlamentario nacionalista Paulo Ríos tras manter unha reunión coa Plataforma Veciñal de San Xulián, na que participou tamén a voceira do BNG en Marín.

Lembramos que levamos esta cuestión en numerosas ocasións ás comisións informativas, preguntando pola situación da parcela e os usos previstos para a mesma, sen que o PP ofrecese explicacións claras á corporación nin á veciñanza. Isto evidencia unha preocupante falta de transparencia arredor deste proxecto desde o primeiro momento, o que contribuíu a aumentar a preocupación social e a desconfianza da veciñanza afectada.

O BNG continuará defendendo un modelo de desenvolvemento sostible para Marín, no que as actividades industriais teñan cabida nos espazos adecuados e non a costa do benestar da veciñanza e do patrimonio das parroquias.

(*) Lucía Santos Omil, voceira do Grupo Municipal do BNG.

roslev