Carriola.Jonathan Carreira (*).13.05.26
Dezasete comerciantes marinenses asisten desde onte a un curso de formación na Intelixemncia Artificial aplicada ao comercio local que se leva a cabo las dependencias da propia asociación dirixido polo profesor De la Torre Vilas
O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín comezou este martes a xornada formativa “IA aplicada ao comercio local”, unha iniciativa dirixida a impulsar a modernización do tecido comercial da vila e a introducir o uso práctico da Intelixencia Artificial como ferramenta de apoio á xestión diaria dos negocios.
Os comerciantes participaron nesta sesión, deseñada para que cada profesional poida incorporar a IA como asistente real no seu establecemento, mellorando a produtividade, a comunicación e a planificación comercial.
A actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia, no marco das accións de apoio aos CCA, e contou coa colaboración do Concello de Marín, que cedeu os equipos informáticos necesarios para o desenvolvemento da formación. A docencia corre a cargo do empresario Fco. Antonio de la Torre Vilas, que conta con máis de 25 anos de experiencia no eido da informática e está considerado unha referencia no sector da intelixencia artificial.
Contido da formación
O contido da xornada estrutúrase en catro bloques e exténdese en 3 xornadas de traballo:
* Entendendo a IA — Conceptos básicos, usos reais no comercio local e potencial comoasistente empresarial.
* Ferramentas e aplicación práctica — Redacción de textos comerciais, descricións de produto, mensaxes para redes e comunicación con clientes.
* Organización e planificación — Elaboración de calendarios de contidos, programación mensual de tarefas e preparación de campañas.
* Apoio á toma de decisións — Identificación de oportunidades, análise de escenarios e xeración de ideas para aumentar vendas e ticket medio.
Ao finalizar, os asistentes adquirirán competencias para xerar contido, automatizar tarefas e aplicar a IA de forma autónoma no seu día a día profesional.
Esta acción forma parte do compromiso continuo coa modernización do comercio local e coa dotación de ferramentas que permitan competir nun mercado cada vez máis dixitalizado”.
(*) Yonathan Carreira Figueiras, Director Xerente Centro Comercial Aberto Estrela de Marín