Carriola.Redacción.14.05.26
A vixésimo terceira edición do “Premio de Poesía Concello de Marín” que que se celebra nesta vila en alternancia co de Relato Curto con motivo das Letras Galegas, foi gañado pola autora María Álvarez Martínez pola obra “Outros Contiños de Canterbury” ,en tanto que o accésit do mesmo certamen foi para “Do meu nome” de Antón de Dios. Ambos recollerán o premio o próximo domingo
“A proposta gañadora supón unha recreación moi fresca, que tendo un estilo máis narrativo non cae no prosaico e no que as imaxes e accións poéticas están moi ben construídas. Presenta unha contemporaneidade que serve como testemuña documental e presenta unha estrutura novidosa e divertida, cunha voz diferente”, segundo explica o xurado calificador composto nesta ocasión por Tamara Andrés Padín, Silvia Penas e Ismael Ramos, trala reunión final mantida determinar que a poeta María Álvarez Martínez, Masha (Vigo, 1983), é a gañadora do XXIII Premio de Poesía Concello de Marín, dotado con 1.000 euros.
A autora gañadora por “Outros Contiños de Canterbury”
María Álvarez Martínez é licenciada en Filoloxía inglesa. Actualmente, exerce como profesora no ensino secundario. Residiu dous anos nos Estados Unidos, o que inspirou o poemario gañador do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo: Dakota. No 2025 foi galardonada coa Residencia Literaria Aodh Ruadh Ó Domhnail (Irlanda). Compaxina o seu labor profesional cunha carreira musical dentro do grupo Os Residuos Atractivas.
Premiado co accesit por “Do meu nome”
Pola súa parte, o accésit de 200 euros é para

Antón de Dios Riveiro (Cee, 1985). Licenciado en Tradución e Interpretación pola UVigo con dous mestrados, un en Traducción Multimedia e Audiovisual e outro en Formación do Profesorado.
Actualmente, exerce como docente de inglés no IES Terra de Soneira de Vimianzo. Ten publicadas varias obras: As Mans Atlánticas da Ausencia, Alén do Corpo e Apatria. Ademais, gañou o segunfo premio no XVIII concurso de poesía das Terras do Chamoso.