Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Alameda Rosalía de Castro acolleu onte o acto de entrega do premio de poesía Concello de Marín

Carriola.Redacción.18.05.26

julio@carriola.es     

A Alameda Rosalía de Casro acolleu onte a derradeira xornada da celebración das “Letras Galegas” con intensidade de actos que culminaron á tardiña cun concerto da Banda de Música de Marín pero horas antes procedeuse á entrega do premio de poesía Concello de Marin a os galadores do certamen convocado 

A Alameda estivo moi animada coa concentración de “Unha dorna de Libros” na que moitas persoas fixéronse con libros ofrecidos nos distintos postos mentras que ás doce do mediodía dou comenzo ao acto de entrega do premio de poesía Concello de Marín aos galadores

María Álvarez Martínez que levou os mil euros da dotación do mesmo pola súa obra “Outros Contiños de Canterbury”, e a

Antón de Dios Riveiro a quen se lle outorgou o accesit de 200 euros polo seu poema “Do meu nome”.

Ambos autores leeros parta das obras premiadas e agradeceron ao concello de Marín que manteña ao longo de tantos anos este certamen literrio que fai alternancia co de relato curto.

Tras a entrega dos premios interviu a alcaldesa María Ramallo quen destacou o interès que o Concello ten de prompcionar a Lingua Galega. En Marín, quixemos que a literatura galega, a mellor expresión da lingua e o uso máis bonito que teñen as palabras, fose a protagonista desta data, seguindo a estela dunha Rosalía de Castro valente que marcou un antes e un despois alá por 1863 e h celebramos a figura doutra muller valente e cuia traxectoria, tanto como narradora como xornalista, foi e será un legado importante para as nosas letras e para as mulleres: Begoña Caamaño” - dixo.

Explicou, referíndose ao premio Concello de Marín aue, este ano, O xurado desta edición estivo composto polos poetas Ismael Ramos, Tamara Andrés e Silvia Penas, que destacaron a calidade dos textos recibidos, moitos deles dignos de ser premiados. Pero como en todo concurso, toca tomar decisións”.

Rematou o seu discurso facendo historia dos actos celebrados ao longo do fin de semana e concluiu Animarvos a seguir falando a nosa lingua, lendo en galego, e a sentirnos orgullosos do legado lingüístico e cultural que temos. Animarvos tamén a que veñades pola tarde a gozar do concerto da nosa Banda de Música e a desfrutar dun domingo coma hoxe, no que toda Galicia está de festa.

O acto rematou cunha actuación do cuarteto tradicional de gaitas "Picuiña"

roslev