Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Asociación Almuinha valora positivamente o “III Festival das Letras” que organizou o sábado na Veiguiña

Carriola.Aarón Franco (*).19.05.26

julio@carriola.es     

Desde a Asociación cultural Almuinha queremos agradecer a alta participación neste III Festival das letras, que vén ao consolidarse como un evento cultural agardado pola cidadanía.

Aarón Franco

O principal agradecemento vai dirixido ás mulleres, homes e crianzas de Marín que desfrutaron das actividades programadas e fixeron pequena a praza da Veiguiña, nun festival que pretende por riba de todo pór en valor e promoción a cultura de base fronte á cada vez maior mercadotecnia cultural.

Pór en valor elementos como a poesía, os contacontos, a música tradicional ou a persoas cantautoras que labran desde abaixo é o feito fundacional deste festival que leva xa tres edicións e vai camiño da cuarta.

 

Este 2026 quixemos organizalo coa idea MARÍN como centralidade. Desde o contacontos Codiacontos ate os Modernos Peludos, Zeltia Irevire, Pandereteir@s da Veiguiña, Andrés Pena e as poetas Elena Lameiro, Fita SanJorge, Elena Lameiro e Benito Piñeiro, todos e todas son creadoras marinenses. Marín é un pobo creador cun tecido cultural inmenso que merece ser posto en valor e desde a A.C ALMUINHA non imos renunciar ao promocionar o valor creativo da nosa vila.

Grazas ás máis de 300 persoas que en diferentes momentos da tarde, se achegaron á praza da Veiguiña a este III Festival. Sen vós non tería sentido.

Desde hoxe, xa comezamos a traballar no IV FESTIVAL DAS LETRAS.

(*)Aarón Franco, presidente da A.C. Almuinha.

roslev