Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia presenta o venres a revista “Aunios” da Asociación Cultural PineirOns”

Carriola.Redacción.20.05.26

julio@carriola.es     

A asociación cultural “PineirOns” que preside Tino Pardellas presentará en Marín, no Ateneo Santa Cecilia,  o próximo venres o número 31 da revista “Aunios”, publicación que sae anualmente con referencia ao entorno da Illa de Ons e ás vilas próximas da costa

O vindeiro venres 22 de maio, ás 20:00 h, a sala do Ateneo Santa Cecilia acollerá a presentación da revista cultural Aunios do presnete ano, unha publicación de referencia editada dende hai máis de tres décadas pola “Asociación Cultural "Pineiróns".

Aunios é unha revista cultural de etnografía, historia, xeografía e literatura, centrada na illa de Ons e no sur de Pontevedra. Este número en concreto recolle achegas de autores de Marín, Bueu e o Morrazo, entre outros.

O acto será presentado polo directivo do Ateneo Xulio Pardellas e intervirá  o presidente de da antedita asociación “PineirOns” e ao seu remate entregaranse gratuitamente exemplares da revista aos asistentes que poderán acceder á sala libremente ata completar o aforo.

roslev