Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Novas accións no entorno do Lago Castiñeiras correspondentes ao “Plan de Sostenebilidade Turística”

Carriola.Redacción.22.05.26

julio@carriola.es     

A recuperación dun miradoiro  e a creación de tres bosques son a nova acción das que se realizan no entorno do Lago Castiñeiras dentro do “Plan de Sostenibilidade Turística” o que vai completndo a mellora do espazo natural accións puntuais e aproveitamento da zona

A alcaldesa María Ramallo e os concelleiros do grupo de goberno, Marian Sanmartín e Manuel Santos, estiveron onte na zona acompañados do inxenieiro municipal onde conversaron con responsables da obra que realiza a empresa Caldevergazo, unha das actuacións incluídas no Plan de Sostibilidade Turística (PSTD), a creación un Parque da Natureza a través da recuperación ambiental de diversas zonas da área comunal de Santomé de Piñeiro que se atopaban degradadas ou infrautilizadas.

Miradoiro, merendeiros e zona de estcionamento

Unha delas era a do miradoiro ubicado xunto ao antigo campo de tiro, onde se están levando a cabo labores de desbroce e de recuperación do palco existente, para poder dotar a Castiñeiras dun novo atractivo natural e turístico. A zona completarase coa dotación de mesas e banquiños para habilitar un merendeiro e coa mellora do firme da pista que dá acceso ao lugar, así como da explanada do antigo campo de tiro para convertelo nunha área de estacionamento. Tamén se colocará un columpio dobre de madeira.

Por outro lado, estase traballando na creación doutro espazo de merendeiro ao carón do asadoiro e do parque infantil, onde tamén se ubicarán xogos multiaventura, como un rocódromo, para completar o ocio dos máis pequenos e pequenas. Tamén se mellorará a protección da Mámoa de Pedralonga.

Bosque comestible

Finalmente, segundo indicou a alcaldesa, “Crearase un Bosque comestible mediante a plantación de árbores froiteiras autóctonas galegas (maceira, pereira, ameixeira), herbas mediciñais e aromáticas. E sinalizarase e colocarase un valado nun humidal existente onde viven anfibios de diversa clase. 

María Ramallo lembra que “Castiñeiras, tanto a contorna que nos pertenece como o Lago, foron unha prioridade clara de inversión durante todo o PSTD, demostrando o noso compromiso por seguir poñendo en valor, desde todas as perspectivas, o noso gran pulmón verde”.

roslev