Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Raíces da utopía en diante” curtametraxe que serà presntada o vindeiro venres no Ateneo Santa Cecilia

Carriola.Redacción.25.05.26

julio@carriola.es     

O vindeiro venres, 29 de maio, ás 20:00 h, terá lugar na sala do Ateneo Santa Cecilia a proxección e posterior coloquio coas persoas promotoras da curtametraxe “Raíces. Da utopía en diante”, un proxecto froito de máis de tres anos de traballo presentado por Illa Bufarda e Feitoría Verde e realizado coas mulleres da Asociación Veciñal O Reguiño.

O Ateneo Santa Cecilia organiza para o vindeiro venres, día 29 o acto da proxección da curtametraxe  “Raíces.Da utopía en diante”, un proxecto de “Feitoría Verde S.Coop Galega” realizado por “Illa Bufarda S.Coop. Galega” e producida pola asociación veciñan “O Reguiño” coa financiación de Daniel e Nina Carasso xunto co concello de Ames e o “Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)”. Trátase dunha obra na que Medio ambiente, xénero, rural e comunidade son os piares dunha historia que aspira a facernos ver o mañá doutro xeito.

A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Sinopse da obra

“2074. A vida en comunidade da parroquia de Biduído vese desestabilizada por unha praga que ataca os cultivos e que pon en perigo o autoabastacemento da poboación. Rosalía, co apoio das Cascudas, o seu grupo de amigas, procura a contrarreloxo unha solución amable coa terra. A súa vida ponse do revés aínda máis ao chegar un antigo amor que procura ser correspondido.”

Información sobre a curtametraxe e o seu proceso de elaboración:

“Ames, 2074. Anos despois da revolución climática, Biduído está repleto de árbores autóctonas. Escoitamos paxaros. Vemos varias placas solares nos tellados das casas, moitas delas tradicionais. A xente traballa ao lonxe nas hortas comunitarias...”

Así comeza a curtametraxe e así imaxina o seu concello o grupo de mulleres que participa no proxecto “Do desequilibrio aos soños compartidos”; unha iniciativa de Educación Ecofeminista centrada na emerxencia climática e social que, a través dunha metodoloxía interxeracional, busca imaxinar un futuro sostible (colocando os coidados no centro) para inspirar os cambios que esixen os retos socioambientais presentes. Unha posta en valor da comunidade, dos vínculos dentro dos procesos educativos e do audiovisual como ferramenta de transformación colectiva.

Dende o ano 2021 o proxecto, co financiamento da Fundación Daniel e Nina Carasso, A Deputación da Coruña e os Concellos de Ames, Padrón e Pontevedra, desenvolveuse (con grupos interxeracionais que traballaron na identificación das causas e consecuencias da crise ecosocial e a busca de alternativas. Este proceso finalizou con tres intervencións artísticos-teatrais das que saíron relatos utópicos para amosar futuros sustentables e desexables. En marzo de 2024, o grupo de mulleres da parroquia de Biduído, no Concello de Ames, comezou a elaboración do guión dunha curtametraxe.

A través dun proceso participativo e colectivo entre a asociación e Illa Bufarda, fóronse tomando decisións conxuntas como a elección de personaxes, a súa biografía, o argumento, o conflito, o casting etc. Levouse a experiencia da creación audiovisual de maneira que as mesmas mulleres tamén foran as intérpretes principais do filme.

A curtametraxe ten como obxectivo amosar un futuro posible e desexable; un futuro esperanzador que, partindo da realidade cotiá dun grupo de mulleres, convida a imaxinar outra forma de facer e de relacionarse, entre nós e coa natureza. Un futuro, no que moitas das alternativas posibles xa formaron e forman parte das formas de habitar o mundo das mulleres.

roslev