Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A asociación comercial “Estrela de Marín” e o Concello poñen en marcha a campaña promocional “Vive un verán Estrela”

Carriola.J.Carreira.29.05.26

julio@carriola.es     

O CCA Estrela de Marín impulsa a campaña “Vive un Verán Estrela” para dinamizar o comercio local durante a época estival, unha iniciativa que combinará sorteos semanais, actividades de rúa e un sistema de fidelización con premios para incentivar as compras no comercio local.

O presidente do CCA Estrela de Marín, Antonio Muíños e a Concelleira de Turismo e Comercio Dª Cristina Acuña, presentaron esta mañá, a campaña “Vive un Verán Estrela”, unha iniciativa de dinamización comercial que se desenvolverá do 1 de xuño ao 11 de xullo nos establecementos asociados, combinando sorteos, actividades de rúa e accións de fidelización para incentivar as compras no comercio local.

A campaña inclúe o rexistro de tickets de compra para participar no sorteo de 6 tarxetas regalo de 50 euros, unha por semana, premiando así a confianza da clientela. Ademais, contará con dúas citas destacadas de animación comercial. A primeira será a Festa Fin de Cole, o venres 19 de xuño, a partir das 17.00 horas, na Alameda Rosalía de Castro, cunha gran zona de lecer e actividades para o público familiar, que rematará cunha festa da espuma ás 20.30 horas no Parque Eguren.

A segunda gran acción será a Noite Estrela, o venres 10 de xullo, cando os establecementos participantes prolongarán o seu horario ata a medianoite, ofrecendo promocións e descontos especiais entre as 20.00 e as 00.00 horas, nun ambiente festivo con música nas rúas comerciais.

Como complemento, a clientela do Club de Fidelización Comercio de Marín poderá acumular puntos do 1 de xuño ao 31 de agosto para canxealos por agasallos promocionais de verán, reforzando así a compra recorrente e o uso da App Comercio de Marín. O catálogo estará disponible en: Catálogo de regalos |Comercio de Marín.

Con esta campaña, o CCA Estrela de Marín busca xerar máis movemento nas rúas comerciais, apoiar os establecementos da vila, premiar a fidelidade da clientela e facer do verán unha oportunidade para seguir fortalecendo o comercio local.

A campaña conta coa colaboración do Concello de Marín e o cofinanciamento da Xunta de Galicia.

HOXE CELÉBRASE NA PRAZA DE ABASTOS O DÍA INTERNACIONAL DOS MERCADOS

Un primeiro acto da campaña do verán será a celebración, mañán sábado, do “Día Internacional dos Mercados” coñecido tamén como “Love Your Local Market” ou “Quere ao teu Mercado”, unha iniciativa impulsada pola rede “World Unión of  Wholesale Markets” co obxectivo principal de poñer en valor o papel esencial dos mercados de abastos, promover o comercio de próximidade e destacar a calidade dos produtos locais.

Grupo Mais Cantos nunha recente actuación na alameda

Por este motivo, Concello e Xunta  de Galicia súmanse á iniciativa cunha mañan diferente e festiva no ámbito do mercado municipal, Praza de Abastos, onde, a partir das 10 de mañán repartirase material promocional entre as persoas que fagan compras no recinto nesta xornada e tamén se disribuiirán entre as praceiras mandías da campaña.

Ás 11 animarase musicalmente a praza coa participación do grupo músicocoral “Máis Cantos” dirixido por Nelson Quinteiro.

roslev