Carriola.Redacción.29.05.26
O Ateneo Santa Cecilia arranca na tarde de hoxe a súa programación polo “Día Munidal do Medio Ambiente” que terá no fin de smana dos días 5 e 6 a súa continuidade.
Hoxe, no localdo propio Ateneo procederase á Proxección e posterior coloquio da curtametraxe “Raíces. Da utopía en diante”. Un proxecto froito de máis de tres anos de traballo, presentado por Illa Bufarda e Feitoría Verde, e realizado en colaboración coas mulleres da Asociación Veciñal O Reguiño.
Próxima semana: Herbas de San Xoan
Para o fin de semana seguinte a programación deste ciclo serà:
* Venres 5 de xuño (20:00 h, no Ateneo): Charla “Herbas, orballo e lume: o significado das herbas de San Xoán”, impartida polo paisaxista marinense José Souto coa que se coñecerá de preto a maxia e a tradición botánica da nosa terra da man dun experto. Ao remate da charla, decidirase o horario da saída ao campo do sábado 6 pola mañá para identificar e recoller algunhas das herbas tratadas na charla. As persoas que queiran ir á saída e teñan nenos/as ao seu cargo, poden deixalos mentres no Ateneo participando na seguinte actividade.
* Sábado 6 de xuño (de 11:00 a 12:30 h, no Ateneo): Obradoiro infantil gratuíto de manualidades con materiais de refugallo. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 7 anos para aprender a reciclar xogando.