Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PSOE local lamenta a negativa do PP a reestudar a delimitación da ubicación das vivendas públicas en Raposeiras

Carriola.Redacción.31.05.26

julio@carriola.es     

O Grupo Municipal Socialista de Marín lamenta que o Partido Popular votase en contra da moción presentada no último pleno municipal para solicitar a revisión e análise da delimitación do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) previsto en Raposeiras para a creación de solo residencial e vivenda pública.

A iniciativa socialista non cuestionaba a necesidade de impulsar vivenda en Marín —unha realidade urxente tras anos de parálise urbanística— senón que pretendía abrir un proceso de análise técnica serio sobre cal debe ser a mellor localización e delimitación posible para o futuro desenvolvemento urbanístico.

Na moción defendíase que o actual ámbito escollido pola Xunta, limitado ao entorno do cemiterio da Raña (SUD R2.2), non era a opción máis adecuada desde o punto de vista da integración urbana, da conectividade e da funcionalidade futura do novo barrio.

O PSOE propuxo que se estudasen tamén outras posibles delimitacións, ao carón do instituto Illa de Tambo e da Rúa Inferniño, incorporando ámbitos como os SUNC-P17, SUNC-P18 e SUNC-P19, ao considerar que permitirían unha mellor conexión co centro urbano, mellores accesos aos servizos públicos e unha integración máis natural na trama urbana xa existente.

Entre as vantaxes expostas figuraban a maior proximidade ao centro da vila, a mellora das conexións peonís e rodadas, a posibilidade de desbloquear puntos de estrangulamento viario e a creación de novos espazos para equipamentos públicos, zonas verdes e servizos.

Os socialistas consideran especialmente preocupante que o PP rexeitase incluso a realización dunha análise comparativa das posibles alternativas, algo que entenden básico nunha actuación urbanística desta relevancia e impacto para o futuro de Marín.

Segundo trasladou o goberno municipal durante o debate plenario, o voto contrario do PP responde ás indicacións da Xunta de Galicia, que non acepta modificar nin reconsiderar a localización inicialmente proposta para o PIA.

Desde o Grupo Socialista critícase esta postura “pechada e inmobilista”, ao entender que un proxecto desta magnitude debería abordarse desde o consenso institucional, o rigor técnico e a defensa do interese xeral de Marín, e non desde decisións previamente pechadas sen participación nin debate real.

Marín necesita vivenda pública e desenvolvemento urbanístico, pero tamén planificación responsable e unha visión de futuro que permita crear espazos ben conectados, integrados e pensados para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Finalmente reiteran que seguirán defendendo unha planificación urbanística máis ambiciosa e máis útil para o conxunto da vila, reclamando que as decisións estratéxicas sobre o futuro de Marín se adopten coa máxima transparencia, participación e análise técnica posible.

roslev