Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O GALP Ría de Pontevedra aposta polo deporte náutico como ferramenta de cohesión social, participación cidadá e conexión co territorio ría de Pontevedra

 

Carriola. Dpto comunicación Galp. 03.06.26

julio@carriola.es

O vindeiro 8 de xuño ás 19:30 horas, o Club Náutico de Portonovo acollerá a "Xornada de deportes náuticos e dinamización costeira", unha iniciativa organizada polo GALP Ría de Pontevedra co obxectivo de crear un espazo de encontro entre entidades deportivas, sociais e vinculadas ao mar para reflexionar sobre como o deporte
náutico pode contribuír á dinamización costeira, á inclusión social e á conexión da cidadanía co mar.

A xornada nace coa vontade de analizar conxuntamente os proxectos impulsados grazas ás axudas xestionadas polo GALP Ría de Pontevedra a través dos fondos europeos, avaliando os seus resultados, o impacto xerado no territorio e as posibilidades de mellora e continuidade destas iniciativas. Ao mesmo tempo, o encontro busca favorecer novas sinerxías entre clubs deportivos e entidades do terceiro sector que traballan con persoas con diversidade funcional, co obxectivo de avanzar cara a un acceso máis inclusivo ás actividades náuticas e ao coñecemento do mar.

Durante a sesión participarán representantes do Club de Remo Ría de Marín, IMUA Paddle Surf Club Aguete, o Club Náutico de Portonovo, o Real Club Náutico de Sanxenxo e o Club de Piragüismo Portonovo, que compartirán a súa experiencia no desenvolvemento de proxectos deportivos vinculados á dinamización do litoral, á promoción de
hábitos de vida saudables e á conexión da cidadanía co medio mariño.

A xornada explorará vías de colaboración que permitan abrir os deportes náuticos a novos públicos e reforzar o carácter integrador, social e participativo da actividade náutica na ría. Desde o GALP Ría de Pontevedra destácase o papel das axudas como ferramenta para apoiar proxectos innovadores, sostibles e integradores, contribuíndo á creación de actividade social, deportiva e económica arredor do mar. O encontro está aberto á participación de entidades e colectivos interesados nesta temática, tanto do territorio da ría como doutros puntos do litoral galego. A participación será gratuíta, aínda que o aforo será limitado e requirirá inscrición previa.

O GALP Ría de Pontevedra considera fundamental seguir impulsando proxectos que acheguen o mar á cidadanía e reforcen o papel do deporte náutico como ferramenta de cohesión social, saúde e conexión co territorio.

roslev