Carriola.Redacción.12.06.26
Onte chegou á zona do paseo marítimo cercana a antiga dársena de embarcacións menores una gran placa que recolle un homenaxe ás mulleres e homes do mar e a quenes deixaron a vida traballando polos mares do mundo
A dársena portuaria ao carón do Paseo Alcalde Blanco é un lugar de memoria, desde o que a flota pesqueira feanaba e traballaba e, polo tanto, coa súa recuperación actual para a cidadanía, non podía faltar unha homenaxe a tantos homes e mulleres que fixeron do mar a súa profesión, o seu modo de vida e a súa identidade.
A empresa que está rematando os traballos de humanización da dársena comezou onte a colocación da placa, cuio deseño foi consensuado coa Asociación Museo do Mar de Marín, que tamén estivo hoxe presente para valorar a ubicación máis idónea deste elemento tan significativo.
Finalmente, o parterre axardinado central da zona será o lugar no que se colocará a placa, para que o propio mar e o ceo sirvan como telón de fondo perfecto á lenda que se pode ler e que é a seguinte:
“Na honra dos homes e mulleres que adicaron a súa vida ao mar. Dos que a sacrificaron lonxe do fogar. Das que cosían redes en terra, carrexaban nas lonxas e atendían dos fillos e fillas. Dos que deixaron a vida nos naufraxios. De todas as persoas que co seu traballo construíron o Marín que somos”.
A imaxe das barcas correspóndese cunha foto antiga, procedente dos arquivos museísticos do Museo do Mar.
Celebración do Día da Xente do Mar
O Museo do Mar, como cada ano, rendirá un homenaxe a xente do mar cun acto simbólico que terá lugar precisamente a carón deste novo monumento. A data da celebración será o último sábado deste mes e a programación do mesmo se dará a coñecer nos próximos días.