Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A película “Matria” protagoniza o novo ciclo do “Cine Club Marín” nos próximos xoves e venres desta semana

Carriola.Redacción.16.06.26

Os próximos días 18, xoves, e 19, venres, a Biblioteca Pública acollerá dúas novas xornadas do recentemente creado “Cine Club Marín” nun ciclo dedicado a Álvaro Gago, e ao universo cinematogràfico de “Matria”. Ambas sesións daràn comenzo ñas oito da tarde e seràn abertas ao público que poderà acceder de balde ás mesmas ata completar o aforo da sala.

A sesión do xoves 18 estará centrada na proxección da longametraxe Matria (2023) e contará coa presenza do seu director, Álvaro Gago. Ao remate da proxección, o cineasta participará nun coloquio co público asistente no que compartirá detalles sobre o proceso de creación da obra, anécdotas da rodaxe e aspectos relacionados coa construción de Ramona, a protagonista do filme, interpretada por María Vázquez.

Pola súa banda, o venres 19 proxectarase a curtametraxe Matria (2017), obra que deu orixe ao posterior desenvolvemento da longametraxe. Tras a proxección, Marín de Cine realizará unha análise sobre a evolución do proxecto, abordando a transformación da historia desde o formato curto ata a súa expansión como longametraxe.

A presencia de Álvaro Gago

Aínda que Matria xa foi proxectada anteriormente en Marín en diferentes contextos, esta será a primeira vez que o propio Álvaro Gago visite a vila para presentar e comentar a súa obra máis recoñecida. Trátase dunha oportunidade singular para que o público poida coñecer de primeira man o proceso creativo dun dos autores máis destacados do cinema galego contemporáneo.

Boa acollida inicial al novo Cine Club

Esta actividade servirá ademais para pechar as sesións do Cineclub Marín antes do período estival. As proxeccións retomaranse despois do verán coa continuación da programación na que o cineclub seguirá traballando para que este tipo de iniciativas poidan ter cabida no Auditorio Municipal.

Neste sentido, Marín de Cine destaca a boa acollida que está a recibir o proxecto, que xa conta cos seus primeiros abonados e abonadas, unha mostra do interese existente por esta iniciativa. A asociación lembra que non recibe achegas económicas do Concello para o desenvolvemento do cineclub, pero si considera importante que o cinema teña presenza dentro da programación cultural do Auditorio Municipal, do mesmo xeito que acontece noutras localidades da contorna como Bueu, Cangas ou Pontevedra.

roslev