Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Deputación recorda que o día 22 finaliza o prazo para solicitar axudas para instrumentos e vestiario dos grupos musicais

Carriola.Dep.Prv..16.06.26

Dotadas con 300.000 euros, 100.000 máis que no 2025, cada agrupación poderá recibir ata un máximo de 3.000 euros e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 22 de xuño

O programa divídese en dúas liñas: unha, para adquirir novos instrumentos ou pezas de vestiario, dotada con 250.000 euros (80.000€ máis que o ano pasado); e outra, para a reparación dos mesmos, cunha partida de 50.000€ (20.000€ máis que o ano anterior). Cada entidade beneficiaria poderá recibir unha axuda dun máximo de 3.000 euros, pero o financiamento por parte da Deputación nunca poderá superar o 75 % do custo. A boa acollida destas axudas refléxase en que o ano pasado beneficiaron a un total de 183 entidades procedentes de 47 concellos da provincia.

A Deputación de Pontevedra volveu poñer en marcha esta iniciativa, que naceu o pasado ano para atender unha petición expresa do sector, co fin de apoiar unhas entidades que coa súa acción contribúen á preservación do patrimonio inmaterial e á transmisión das tradicións galegas. Deste xeito, permítese reforzar o tecido asociativo cultural da provincia de Pontevedra así como se contribúe á conservación e difusión do patrimonio inmaterial de Galicia, tendo en conta o papel que xogan formacións como as bandas de música, masas corais ou agrupacións folclóricas neste aspecto.

roslev